A Secretaría Xeral de Modernización destaca a alta capacitación e a solvencia das empresas galegas de Software Libre

A Secretaría Xeral de Modernización destaca a alta capacitación e a solvencia das empresas galegas de Software Libre

O subdirector xeral de Calidade, Interoperabilide e Seguridade da Secretaría Xeral, Jaime Barros, destacou hoxe que “o tecido TIC galego especializado en software libre ofrece produtos punteiros, e servizos da máis alta calidade e solvencia e fixo fincapé na “alta capacitación coa que contan as empresas software libre galegas demostrada coa presenza internacional de software libre desenvolto en Galicia ou o alto nivel de colaboración dentro do sector”.

A Xunta de Galicia aprobará o decreto que regulará a implantación e o desenvolvemento da administración electrónica

A Xunta de Galicia aprobará o decreto que regulará a implantación e o desenvolvemento da administración electrónica

A secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, Mar Pereira, avanzou hoxe que a Xunta de Galicia aprobará proximamente un Decreto que regulará o dereito dos cidadáns a relacionarse coas administracións públicas por medios electrónicos co obxectivo de mellorar a calidade e a eficiencia dos servizos ofrecidos.

O conselleiro de Educación destaca en dous centros do Porriño o éxito da implantación do plurilingüismo e do proxecto Abalar

O conselleiro de Educación destaca en dous centros do Porriño o éxito da implantación do plurilingüismo e do proxecto Abalar

O conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, destacou hoxe o éxito co que se está a desenvolver a implantación de dous dos programas máis ambiciosos da Consellería, o Plan de Potenciación das Linguas Estranxeiras e o Proxecto Abalar, nos centros educativos do Porriño.

Javier Guerra destaca a axilización da xestión administrativa da Consellería de Economía e Industria grazas ao uso das novas tecnoloxías

Javier Guerra destaca a axilización da xestión administrativa da Consellería de Economía e Industria grazas ao uso das novas tecnoloxías

O conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, destacou hoxe a axilización da xestión administrativa que se está a desenvolver no departamento que dirixe, grazas ao uso das novas tecnoloxías, na inauguración do primeiro Salón Internacional da Tecnoloxía (Site 2010), en EXPOCoruña.

O Cetmar acolle unha xornada sobre tecnoloxías emerxentes de aplicación nos produtos pesqueiros

O Cetmar acolle unha xornada sobre tecnoloxías emerxentes de aplicación nos produtos pesqueiros

O Centro Tecnolóxico do Mar acollerá o vindeiro 22 de novembro unha xornada técnica sobre a aplicación da irradiación e da nanotecnoloxía nos produtos da pesca e da acuicultura. Trátase dunha iniciativa organizada pola Plataforma TECNOPEIXE en colaboración coa Plataforma Galega Agroalimentaria (PTGAL) e contará coa presenza de investigadores de prestixio que falarán sobre as vantaxes e inconvenientes das devanditas tecnoloxías.

A directora do CETMAR asiste en Namibia ás reunións de seguimento dos proxectos da fundación no país africano

A directora do CETMAR asiste en Namibia ás reunións de seguimento dos proxectos da fundación no país africano

A directora-xerente do Centro Tecnolóxico do Mar-Fundación CETMAR, Paloma Rueda Crespo, asiste estes días en Namibia ás reunións de seguimento dos proxectos que a institución que dirixe está a levar a cabo no país africano con financiamento da Consellería do Mar e da Agencia Española de Cooperación Internacional para el Desarrollo (AECID).

O conselleiro de Educación avoga por unha nova cultura empresarial na que os estudos superiores exerzan un papel esencial

O conselleiro de Educación avoga por unha nova cultura empresarial na que os estudos superiores exerzan un papel esencial

O conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, avogou hoxe por “pola necesidade dunha nova Cultura empresarial, na que os estudos superiores exercen un papel tan esencial como imprescindible porque son a espiña dorsal do cambio”. Con estas palabras o titular de Educación da Xunta de Galicia clausurou as IV xornadas sobre tecnoloxías e solucións para a automatización industrial 2010 (JAI´2010), celebrado ao longo desta semana no centro social de Caixanova, en Vigo.

O plan re-Móvete eficiente de Economía e Industria alcanza 167 solicitudes e ten comprometido máis de do 75% do seu orzamento

O plan re-Móvete eficiente de Economía e Industria alcanza 167 solicitudes e ten comprometido máis de do 75% do seu orzamento

O Plan de Vehículos Eficientes 2010 que a Consellería que dirixe Javier Guerra ten en marcha a través do Instituto Enerxético de Galicia (Inega) e que se enmarca dentro do Plan Integral de apoio ao sector da automoción galega, re-Móvete 2010, alcanza a cifra total de 167 solicitudes (165 adquisicións de vehículos híbridos e 2 transformacións a GLP) nos 20 concesionarios e talleres que participan ata o momento neste programa, despois de abrirse o prazo de presentación de axudas o pasado 8 de novembro.

Máis de mil persoas visitaron a exposición Galiciadixital itinerante durante a súa parada en Monforte de Lemos

Máis de mil persoas visitaron a exposición Galiciadixital itinerante durante a súa parada en Monforte de Lemos

Un total de 1.031 persoas se achegaron desde o 16 de novembro ata o pasado sábado á sede da Asociación Prodeme en Monforte de Lemos para visitar a exposición itinerante e interactiva da Secretaría Xeral de Medios, Galiciadixital.

Na súa estancia na cidade a mostra contou con algúns dos seus contidos máis chamativos, como o xogo “Aerodeslizadores por Compostela”, no que os espectadores teñen a posibilidade de descender pola zona histórica dunha cidade galega virtual nun futurista “aerodeslizador” desenvolvido pola Universidade de Santiago de Compostela (USC).

A secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica participou no programa Faladoiro de correo tv para analizar a implantación da sociedade da información en Galicia

A secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica participou no programa Faladoiro de correo tv para analizar a implantación da sociedade da información en Galicia

A secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, Mar Pereira, participou hoxe no programa de debates Faladoiro de Correo TV no que se abordou desde diferentes perspectivas o nivel de integración das tecnoloxías da Información e da comunicación en Galicia.