Preto do 70% das empresas tecnolóxicas galegas emprega a intelixencia artificial ou incorpóraa aos seus produtos e servizos

Preto do 70% das empresas tecnolóxicas galegas emprega a intelixencia artificial ou incorpóraa aos seus produtos e servizos

As empresas do sector TIC galego aceleran a incorporación de tecnoloxías disruptivas. A intelixencia artificial lidera este avance e gaña presenza tanto na actividade empresarial como nas necesidades de contratación e formación, nun contexto no que medran as dez tecnoloxías analizadas no informe: Galicia Dixital. Tecnoloxías Disruptivas nas empresas TIC de Galicia. Edición 2025, publicado hoxe.

A Xunta e as empresas do Novo Pacto Dixital comezan o traballo para a especialización de Galicia en Tecnoloxía

A Xunta e as empresas do Novo Pacto Dixital comezan o traballo para a especialización de Galicia en Tecnoloxía

Os integrantes do novo Pacto Dixital de Galicia, do que forman parte a Xunta, os clústeres sectoriais e 19 empresas, celebraron hoxe a súa primeira reunión de traballo no Centro GaiasTech da Cidade da Cultura, que foi presidida polo director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Damián Rey.

Os centros educativos galegos poden inscribirse ata o 5 de outubro na VI edición de ‘Ciberseguridade no Cole!’

Os centros educativos galegos poden inscribirse ata o 5 de outubro na VI edición de ‘Ciberseguridade no Cole!’

Os centros educativos galegos poden inscribirse ata o 5 de outubro na sexta edición do concurso ‘Ciberseguridade no cole!’, dirixida a alumnado de 5º e 6º de Primaria e de 1º e 2º da ESO. O certame, enmarcado nas actividades o VI Encontro Galego de Ciberseguridade CIBER.gal, busca concienciar aos máis novos sobre o uso seguro das tecnoloxías dixitais dunha forma lúdica.

A Xunta destaca o modelo de goberno da IA en Galicia, que garante a reserva de humanidade, a transparencia e o control dos sistemas que emprega a Administración

A Xunta destaca o modelo de goberno da IA en Galicia, que garante a reserva de humanidade, a transparencia e o control dos sistemas que emprega a Administración

O director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Damián Rey, participou hoxe na Semana da Intelixencia Artificial de Asturias, que se está a celebrar en Oviedo, Xixón e Pola de Siero, organizada polo Clúster TIC desa Comunidade e pola consultora Girol.

A Xunta pon en marcha unha nova edición das Xornadas Sobre Control Parental para fomentar un uso responsable da tecnoloxía

A Xunta pon en marcha unha nova edición das Xornadas Sobre Control Parental para fomentar un uso responsable da tecnoloxía

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), xunto co Colexio Profesional de Enxeñería Técnica en Informática de Galicia (CPETIG), promove un ano máis un ciclo de sesións formativas centradas no control parental. Baixo o título “Tecnoloxía, infancia e mocidade: ferramentas  para familias”, o ciclo desenvolverase durante os meses de setembro e outubro co obxectivo de facilitar ás familias recursos, coñecementos e pautas que lles permitan acompañar á rapazada nun uso responsable e axeitado da tecnoloxía.

A comunidade educativa do Colexio Juana de Vega comparte a súa experiencia de ensino híbrido no marco do proxecto E-Dixgal

A comunidade educativa do Colexio Juana de Vega comparte a súa experiencia de ensino híbrido no marco do proxecto E-Dixgal

A directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández Novoa, e o director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Damián Rey Rodríguez, visitaron este luns, 21 de setembro, o Colexio Juana de Vega, de Oleiros, para coñecer a experiencia da súa comunidade educativa na combinación de recursos dixitais e materiais impresos nas aulas no marco do proxecto E-Dixgal.

A Xunta renova os case 500 postos dixitais das oficinas rurais para adaptalos ás novas formas de traballo

A Xunta renova os case 500 postos dixitais das oficinas rurais para adaptalos ás novas formas de traballo

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) completou a renovación e evolución do posto dixital nas 69 oficinas rurais da Consellería do Medio Rural. A actuación, da que foi informada hoxe o Consello da Xunta, contou cun investimento de 532.544 euros e permitiu modernizar un total 498 postos de traballo e adaptalos cara a modelos máis flexibles, que permiten compatibilizar o traballo a pé de explotación e o labor en oficina.

Corgos destaca o éxito do programa Enredando Tour que permitiu xa achegar as ferramentas dixitais a máis de 1.300 maiores do rural

Corgos destaca o éxito do programa Enredando Tour que permitiu xa achegar as ferramentas dixitais a máis de 1.300 maiores do rural

O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, destacou hoxe o éxito do programa Enredando Tour que, desde a súa posta en marcha da man de Cruz Vermella e da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, permitiu xa achegar as ferramentas dixitais a máis de 1.300 maiores do rural.

A Xunta impulsa a XI edición do programa SCRATCH DAY para achegar a programación a nenos e nenas de 7 a 15 anos

A Xunta impulsa a XI edición do programa SCRATCH DAY para achegar a programación a nenos e nenas de 7 a 15 anos

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e o Colexio Profesional de Enxeñería Técnica en Informática de Galicia (CPETIG), poñen en marcha mañá, venres 11 de setembro, a XI edición do Programa Scratch Day. A iniciativa achega a programación informática a nenos e nenas dun xeito accesible e contribúe a espertar o interese polas disciplinas STEAM desde idades temperás.
O programa, dirixido a rapazada de entre 7 e 15 acompañados dun adulto, desenvolverase entre os meses de setembro e outubro, con xornadas formativas en aulas CeMIT de 4 concellos galegos.

Galicia aposta pola especialización tecnolóxica en ámbitos como o dos Xemelgos Dixitais para a xestión do territorio

Galicia aposta pola especialización tecnolóxica en ámbitos como o dos Xemelgos Dixitais para a xestión do territorio

O director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Damián Rey, inaugurou hoxe a xornada “O dato para a xestión do territorio. Xemelgos dixitais no sector público”, no que participan representantes das Administracións e empresas de Galicia, A Rioxa e Navarra. Estas Comunidades participan no proxecto estatal das Redes de Especialización Tecnolóxica (ReTech) sobre “Aceleración dos sistemas de emprendemento e innovación baseados en xemelgos dixitais”.