Os galegos poderán realizar a partir de xaneiro todos os trámites dos impostos da vivenda de forma telemática

Os galegos poderán realizar a partir de xaneiro todos os trámites dos impostos da vivenda de forma telemática

Os cidadáns galegos poden realizar xa todos os trámites para o pago dos impostos sobre a vivenda por vía telemática. A Consellería de Facenda ven de habilitar a posibilidade de que o contribuínte, ou o seu representante, cumpra de forma telemática todos os trámites relativos ao Imposto sobre Transmisións Patrimoniais e Actos Xurídicos Documentados (ITP-AXD).

A exposición interactiva Galiciadixital recala no Porto de Vigo e convida a unha viaxe interactiva pola nosa comunidade e ao redor dos 25 anos de vida da CRTVG

A exposición interactiva Galiciadixital recala no Porto de Vigo e convida a unha viaxe interactiva pola nosa comunidade e ao redor dos 25 anos de vida da CRTVG

O Peirao de Trasatlánticos da Estación Marítima de Vigo acolle dende hoxe mesmo e ata o 29 de decembro a exposición itinerante e interactiva da Secretaría Xeral de Medios “Galiciadixital” que ademais dos seus contidos habituais, como o tiraboleiro virtual ou o xogo “Aerodeslizadores por Compostela”, acolle tamén outros relacionados co 25 aniversario da CRTVG. A mostra poderá visitarse gratuítamente en horario de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas, agás mañá, día 24 de decembro pola tarde e o 25, que permanecerá pechada.

Mar Pereira reitera que a Xunta conta cun plan de fomento do uso do sotfware libre consensuado coas univeridades e asociacións de usuarios e empresas do sector

Mar Pereira reitera que a Xunta conta cun plan de fomento do uso do sotfware libre consensuado coas univeridades e asociacións de usuarios e empresas do sector

A secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, Mar Pereira, recalcou hoxe no Parlamento que o Goberno galego “non deu nin un paso atrás no seu compromiso de impulsar o software libre” e incidiu na idea de “implantar do software de estándares abertos nunha administración da dimensión da autonómica require dun proceso progresivo e paulatino”.

Preto de 900 profesionais da xustiza se beneficiaron das 1.600 horas de formación impartidas pola Xunta en 2010 no marco do Plan Senda

Preto de 900 profesionais da xustiza se beneficiaron das 1.600 horas de formación impartidas pola Xunta en 2010 no marco do Plan Senda

A Xunta, a través da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, impartiu durante o 2010 un total de 1.600 horas de formación a diferentes colectivos xudiciais nas catro provincias galegas. Este proceso de formación é unha das liñas estratéxicas do Plan Senda 2014 para a modernización da Xustiza, xa que é o pilar fundamental para lograr a adaptación dos usuarios aos novos sistemas de información e a implantación de novos avances tecnolóxicos no ámbito xudicial.

Os polígonos industriais de Castiñeiras en Bueu e o de Monte Afieiras en Moraña disporán desde mañá de rede WIMAX de acceso a internet dentro dun proxecto promovido pola Xunta

Os polígonos industriais de Castiñeiras en Bueu e o de Monte Afieiras en Moraña disporán desde mañá de rede WIMAX de acceso a internet dentro dun proxecto promovido pola Xunta

Os polígonos industriais de Castiñeiras no Concello de Bueu e Monte Afieiras no Concello de Moraña disporán de Rede Wimax para acceder á banda larga a partir de mañá martes, 30 de novembro. Os municipios incorpóranse ao proxecto WIMAX en polígonos industriais e parques empresariais que está a desenvolver a Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica para paliar as carencias no acceso a internet de banda larga nestes puntos.

En menos dun ano o Plan de Banda Larga da Xunta reduciu nun terzo a poboación sen acceso á internet en Galicia

En menos dun ano o Plan de Banda Larga da Xunta reduciu nun terzo a poboación sen acceso á internet en Galicia

No 2010 o Plan de Banda Larga facilitou o acceso a Internet a preto de 250.000 galegos que carecían de cobertura. Deste xeito, en menos dun ano desde a súa posta en marcha o Plan Banda Larga, que está a desenvolver a Xunta a través da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, reduciu nun tezo a poboación da Comunidade que non dispoñía de acceso á Rede.

O 98,4% da cidadanía galega xa ten acceso á historia clínica electrónica e á e-receita no seu centro de saúde

O 98,4% da cidadanía galega xa ten acceso á historia clínica electrónica e á e-receita no seu centro de saúde

Na actualidade, 443 centros de saúde (92% do total), que cobren o 98,4% da poboación, dispoñen de acceso á historia clínica electrónica e á receita electrónica. Así o explicou esta mañá a directora de Asistencia Sanitaria do Servizo Galego de Saúde, Mª Nieves Domínguez González, quen sinalou que ao longo de próximas datas farase a incorporación progresiva do resto de centros nos que non hai imposibilidades técnicas, despois de realizar a formación dos profesionais no novo sistema.

Economía e Industria salienta a eficacia do programa Bioemprende para activar proxectos empresariais de alto valor engadido

Economía e Industria salienta a eficacia do programa Bioemprende para activar proxectos empresariais de alto valor engadido

O director xeral do Igape, Joaquín Varela, salientou hoxe a “eficacia” do programa transfronteirizo Bioemprende para activar proxectos empresariais no eido da biotecnoloxía de alto valor engadido para diferentes sectores da economía galega na clausura da xornada de presentación de resultados do proxecto: “Claves do Éxito na Creación e Consolidación de Empresas Biotecnolóxicas”.

A Xunta aplaude o gran éxito do programa ‘Navega con rumbo’, no que participaron máis de 5.000 estudantes

A Xunta aplaude o gran éxito do programa ‘Navega con rumbo’, no que participaron máis de 5.000 estudantes

A Xunta de Galicia considera un éxito o programa “Navega con rumbo polo Ciberespazo”, impulsado pola Secretaría Xeral e Modernización e Innovación Tecnolóxica e a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria; que ten chegado a máis de 5.000 escolares que participan no Plan Abalar. Ademais, este proxecto resultou finalista dos premios concedidos o pasado 22 de decembro pola Asociación de Empresas Galegas adicadas a Internet e ás Novas Tecnoloxías (Eganet). Es

Viveiro acolle o luns unha xornada de difusión sobre os dispositivos tecnolóxicos adaptados para persoas con discapacidade dispoñibles en centros públicos da Xunta

Viveiro acolle o luns unha xornada de difusión sobre os dispositivos tecnolóxicos adaptados para persoas con discapacidade dispoñibles en centros públicos da Xunta

A Sala Multiusos do Concello de Vivieiro acolle o luns, 11 de abril, unha das Xornadas “Proxecto TIC TAC. Accesos adaptados e alternativos para o ordenador”, na que se informará ás persoas con discapacidade e a colectivos vinculados con elas as oportunidades do equipamento adaptado do que dispoñen, que pode achegarlles e onde poden atopalo, co obxectivo de mellorar a súa accesibilidade á sociedade da información.