O CETMAR organiza un seminario sobre o aproveitamento das microalgas e as súas aplicacións industriais

O CETMAR organiza un seminario sobre o aproveitamento das microalgas e as súas aplicacións industriais

O Centro Tecnolóxico do Mar acollerá o vindeiro 10 de novembro na súa sede en Vigo un seminario sobre as microalgas como exemplo de valorización de organismos mariños e as súas aplicacións industriais. Ao longo de todo o día sucederanse os relatorios sobre o papel destes organismos nos ecosistemas mariños, os sistemas de produción masiva, a modificación xenética ou o seu papel no ámbito da acuicultura, entre outros temas.

Economía e Industria celebra a semana da ciencia con 25 actividades que percorrerán toda Galicia

Economía e Industria celebra a semana da ciencia con 25 actividades que percorrerán toda Galicia

O director xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación, Ricardo Capilla, presentou hoxe o amplo programa de actividades que a Consellería de Economía e Industria ten previstas con motivo da celebración da Semana da Ciencia.

A Xunta e Agestic achegan as claves do negocio dixital aos empresarios de cinco polígonos industriais da provincia

A Xunta e Agestic achegan as claves do negocio dixital aos empresarios de cinco polígonos industriais da provincia

A delegada territorial da Xunta, Raquel Arias, acompañada polo presidente da Asociación Galega de Empresas TIC (Agestic), José María López Bourio, presentou hoxe a campaña Difundetic Pemes, que se desenvolverá en 20 polígonos industriais de Galicia, entre eles os de Foz, Begonte, Meira, Chantada e Sarria.

A Secretaría Xeral de Modernización e Agestic promoven o uso da factura electrónica, a firma dixital e o DNI electrónico en 5 parques empresariais da provincia

A Secretaría Xeral de Modernización e Agestic promoven o uso da factura electrónica, a firma dixital e o DNI electrónico en 5 parques empresariais da provincia

A Secretaría Xeral de Modernización e a Asociación Galega de Empresas TIC –Agestic-, promoven o uso da factura electrónica, a firma dixital e o DNI electrónico en cinco parques empresariais da provincia a través do proxecto 'Difundetic pemes', un servizo móbil de demostración tecnolóxica.

O ciclo da vida útil das tecnoloxías sanitarias centra a IX Reunión Científica da Asociación Española de Avaliación de Tecnoloxías Sanitarias

O ciclo da vida útil das tecnoloxías sanitarias centra a IX Reunión Científica da Asociación Española de Avaliación de Tecnoloxías Sanitarias

A secretaria xeral da Consellería de Sanidade, Sagrario Pérez Castellanos, inaugurará mañá na Coruña a IX Reunión Científica da Asociación Española de Avaliación de Tecnoloxías Sanitarias.

O obxectivo deste noveno encontro é presentar a avaliación de tecnoloxías como un proceso activo e continuo, e que se presenta como unha ferramenta de axuda na toma de decisións e de promoción dun desenvolvemento racional das mesmas.

A Xunta traslada aos investigadores que xa ten un borrador de convocatoria de novas prazas en base ás necesidades plantexadas polas universidades

A Xunta traslada aos investigadores que xa ten un borrador de convocatoria de novas prazas en base ás necesidades plantexadas polas universidades

A Consellería de Economía e Industria trasladou hoxe ao colectivo de investigadores bolseiros que a Xunta xa ten elaborado un borrador para a convocatoria de novas prazas dos programas de recursos humanos en base ás necesidades que lle teñen manifestado as universidades galegas.

Educación leva expertos as aulas de Abalar para que máis de 5.000 alumnos aprendan a navegar seguros por internet

Educación leva expertos as aulas de Abalar para que máis de 5.000 alumnos aprendan a navegar seguros por internet

Case 100 centros adscritos ao Proxecto Abalar acollen dende antonte actividades informativas impartidas por especialistas pertencentes ao Colexio Oficial de Enxeñeiros de Informática, ao abeiro da iniciativa “Navega con rumbo”. As charlas divulgativas, que se teñen programado nun calendario de aproximadamente dous meses, están pensadas para que os escolares realicen un uso responsable das TICs. As sesións programadas teñen unha duración de unha hora e, nelas, os relatores, usan medios técnicos propios e abondoso material divulgativo.

A Xunta puxo xa en marcha máis da metade das actuacións previstas no Plan Banda Larga 2010-2013 para facilitar o acceso á internet de todos os galegos

A Xunta puxo xa en marcha máis da metade das actuacións previstas no Plan Banda Larga 2010-2013 para facilitar o acceso á internet de todos os galegos

A Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación tecnolóxica, xa puxo en marcha máis da metade das actuacións do Plan Banda Larga de Galicia 2010 - 2013, presentado o pasado mes de febreiro e que ten como obxectivo proporcionar a dispoñibilidade de acceso á Internet de calidade a todos os galegos. A secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, Mar Pereira, explicará o luns os obxectivos acadados xa no presente ano coas medidas iniciadas.

O Plan de Banda Larga facilita o acceso á internet este ano a 250.000 galegos que non dispoñían de cobertura

O Plan de Banda Larga facilita o acceso á internet este ano a 250.000 galegos que non dispoñían de cobertura

Antes de que remate o ano en torno a 250.000 galegos que carecían de cobertura terán a posibilidade de acceder á Internet de calidade grazas ao O Plan Banda Larga de Galicia 2010-2013, reducindo nun terzo a poboación da Comunidade que non dispoñían de acceso á Rede. A día de hoxe, e tras á posta en marcha de máis da metade das actuacións previstas no Plan son xa máis de 150.000 os galegos que poden acceder á banda larga e que ata agora non tiñan acceso a ese servizo.

A secretaria xeral para o Turismo inaugura en Vigo o foro ‘Os bloggers como novos prescritores do turismo. novas tecnoloxías, novas formas de comunicación’

A secretaria xeral para o Turismo inaugura en Vigo o foro ‘Os bloggers como novos prescritores do turismo. novas tecnoloxías, novas formas de comunicación’

A secretaria xeral para o Turismo, Mª Carmen Pardo, inaugurou hoxe en Vigo o VII Foro Rías Baixas, baixo o título ‘Os blogger como novos prescritores do turismo (blogtrip). Novas tecnoloxías, novas formas de comunicación’. Este foro forma parte do plan de desestacionalización de Galicia, cuxo obxectivo é aumentar a ocupación dos establecementos turísticos en tempada baixa e promocionar a nosa comunidade a través de produtos diferenciados e novas experiencias.