Retegal acolle a reunión anual da unión de operadores de red de radiodifusión y telecomunicación

Retegal acolle a reunión anual da unión de operadores de red de radiodifusión y telecomunicación

Representantes dos operadores de rede de Galicia (Retegal), Aragón (Aragón Telecom), Castilla-La Mancha (Telecom- CLM) e País Vasco (Itelazpi), integrantes da Unión de Operadores de Red de Radiodifusión y Telecomunicaciones (UNIRED), reúnense hoxe en Santiago convocados pola operadora autonómica Retegal. Esta é a quinta reunión que celebra a asociación UNIRED, constituída en xullo de 2006 para o desenvolvemento conxunto de servizos e a potenciación das redes e recursos de cada operador.

Rogelio Martínez presenta a décima edición do Concurso de proxectos tecnolóxicos

Rogelio Martínez presenta a décima edición do Concurso de proxectos tecnolóxicos

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, foi o encargado de presentar a décima edición do Concurso de proxectos tecnolóxicos, patrocinado pola Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación da Consellería de Economía e Industria.

O concurso ten como finalidade sensibilizar ás empresas dos beneficios que lles pode achegar a aplicación da investigación tecnolóxica ó seu proceso de produción axudando a facela máis competitiva.

Feijóo destaca que 250.000 galegos máis terán acceso a internet a finais de ano co plan de banda larga, ata chegar ao 100% da poboación no 2014

Feijóo destaca que 250.000 galegos máis terán acceso a internet a finais de ano co plan de banda larga, ata chegar ao 100% da poboación no 2014

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avanzou esta mañá que, grazas ao Plan de Banda Larga, 250.000 galegos máis terán acceso a internet a finais deste ano. “Temos un proxecto que se chama Banda Larga, no que estamos a traballar e no que estamos avanzando. Cando empezamos este proxecto, fai oito meses, -aseverou- 750.000 galegos non tiñan acceso a internet e, hoxe, podemos concretar que, a finais deste ano 2010, o 72% da poboación galega terá acceso a internet e a finais de 2011, o 82% dos galegos; e así iremos avanzando ata chegar ao 100% da poboación galega no 2014”.

Dous programas de televisión por internet afondan na situación do galego e difunden as iniciativas a prol do idioma

Dous programas de televisión por internet afondan na situación do galego e difunden as iniciativas a prol do idioma

Dous programas de televisión por internet afondan na situación do galego e difunden as iniciativas que se están a levar a cabo a prol do idioma. Trátase de Lingua, cámara, acción e A lingua galega na sociedade, que se emiten a través da canle Lingua Galega TV (www.linguagalega.tv), de Acuarela Comunicación.

O responsable de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, presentou esta mañá estes dous programas de televisión que pon en marcha o seu departamento. Fíxoo no marco do Culturgal, acompañado de Xan Leira, de Acuarela Comunicación.

O Plan de Banda Larga facilita o acceso á internet desde hoxe a máis de 28.000 habitantes de 20 concellos do sur da provincia de Lugo

O Plan de Banda Larga facilita o acceso á internet desde hoxe a máis de 28.000 habitantes de 20 concellos do sur da provincia de Lugo

Máis de 28.000 veciños de 1.700 núcleos de 20 concellos do sur de Lugo e a súa contorna dispoñen desde hoxe da posibilidade de acceder a un servizo de Internet de calidade grazas ao Plan de Banda Larga, que está a desenvolver a Xunta de Galicia. O Goberno galego iniciou as accións do Plan nesta zona por ser unha das áreas que máis acusa a fenda dixital.

O Goberno galego aproba o decreto que regula a implantación e o desenvolvemento da administración electrónica

O Goberno galego aproba o decreto que regula a implantación e o desenvolvemento da administración electrónica

O Consello da Xunta aprobou hoxe o Decreto que establece o marco de desenvolvemento da Administración electrónica na Administración pública galega. O obxectivo é avanzar na mellora da calidade e da eficacia dos servizos ofrecidos e no impulso da Administración electrónica para unha maior eficiencia interna e nas relacións intra e interadministrativas.

A Xunta aproba o decreto que regula o desenvolvemento da Administración electrónica e que permitirá acadar unha administración sen papeis, máis transparente e aberta 24 horas ao día, 365 días ao ano

A Xunta aproba o decreto que regula o desenvolvemento da Administración electrónica e que permitirá acadar unha administración sen papeis, máis transparente e aberta 24 horas ao día, 365 días ao ano

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anunciou, este mediodía, na rolda de prensa do Consello, a aprobación do decreto que regula o desenvolvemento da Administración electrónica e que dará soporte normativo “a cada unha das accións que levaremos a cabo cun investimento de 26 millóns de euros ata 2013 para acadar unha Administración sen papeis, máis transparente e aberta 24 horas ao día e 365 días ao ano”. “Hoxe, -dixo- damos un paso máis para establecer a relación telemática a través de internet entre os cidadáns e a Administración autonómica”.

A delegada territorial explica a implantación da banda larga ante os representantes dos concellos nos que se iniciou a comercialización

A delegada territorial explica a implantación da banda larga ante os representantes dos concellos nos que se iniciou a comercialización

A delegada territorial da Xunta, Raquel Arias, deu conta do proceso de implantación da banda larga ante os alcaldes e representantes dos 22 concellos do sur lucense que se incorporaron a este servizo durante as últimas semanas.

A delegada propiciou o encontro entre os responsables municipais e os de Iberbanda, empresa encargada do despregamento, que detallaron as características básicas do servizo de acceso a internet que xa se presta na zona, baixo a marca Tngo.

O portal da Xunta habilita un novo sistema de notificacións de axudas e subvencións por correo electrónico e SMS

O portal da Xunta habilita un novo sistema de notificacións de axudas e subvencións por correo electrónico e SMS

O portal da Xunta de Galicia vén de incorporar un novo servizo que notifica as axudas e subvencións por correo electrónico e sms aos cidadáns. Seguindo uns sinxelos pasos o usuario poderá subscribirse de xeito gratuíto a toda a información publicada en materia de axudas e subvencións, podendo elixir o colectivo que máis se axuste ao seu perfil e as áreas temáticas que lle resulten de maior interese.

Función Pública unifica nun sistema electrónico a xestión dos recursos humanos para axilizar os 38.000 movementos anuais

Función Pública unifica nun sistema electrónico a xestión dos recursos humanos para axilizar os 38.000 movementos anuais

A Dirección Xeral da Función Pública, dependente da Consellería de Facenda, en coordinación coa Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, implantará a comezos do vindeiro ano un novo sistema electrónico que permitirá axilizar os 38.000 movementos anuais que conleva a xestión dos recursos humanos da Xunta de Galicia.