A Xunta impulsa a XI edición do programa SCRATCH DAY para achegar a programación a nenos e nenas de 7 a 15 anos

A Xunta impulsa a XI edición do programa SCRATCH DAY para achegar a programación a nenos e nenas de 7 a 15 anos

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e o Colexio Profesional de Enxeñería Técnica en Informática de Galicia (CPETIG), poñen en marcha mañá, venres 11 de setembro, a XI edición do Programa Scratch Day. A iniciativa achega a programación informática a nenos e nenas dun xeito accesible e contribúe a espertar o interese polas disciplinas STEAM desde idades temperás.
O programa, dirixido a rapazada de entre 7 e 15 acompañados dun adulto, desenvolverase entre os meses de setembro e outubro, con xornadas formativas en aulas CeMIT de 4 concellos galegos.

Galicia aposta pola especialización tecnolóxica en ámbitos como o dos Xemelgos Dixitais para a xestión do territorio

Galicia aposta pola especialización tecnolóxica en ámbitos como o dos Xemelgos Dixitais para a xestión do territorio

O director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Damián Rey, inaugurou hoxe a xornada “O dato para a xestión do territorio. Xemelgos dixitais no sector público”, no que participan representantes das Administracións e empresas de Galicia, A Rioxa e Navarra. Estas Comunidades participan no proxecto estatal das Redes de Especialización Tecnolóxica (ReTech) sobre “Aceleración dos sistemas de emprendemento e innovación baseados en xemelgos dixitais”.

O uso da Intelixencia Artificial nas empresas galegas de dez ou máis traballadores medra case un 57 % nun ano

O uso da Intelixencia Artificial nas empresas galegas de dez ou máis traballadores medra case un 57 % nun ano

O uso da intelixencia artificial creceu en Galicia en todos os segmentos empresariais no último ano. No caso das empresas de 10 ou máis traballadores con sede e/ou actividade en Galicia o crecemento foi do 56,5 %,
o que supón que o 20,5 % das pemes e grandes empresas da comunidade empregan a IA.

A Intelixencia Artificial, o Internet das Cousas, o Big Data e os Xemelgos Dixitais configuran un novo modelo para a xestión do territorio en Galicia

A Intelixencia Artificial, o Internet das Cousas, o Big Data e os Xemelgos Dixitais configuran un novo modelo para a xestión do territorio en Galicia

A incorporación da intelixencia artificial (IA), o internet das cousas (IoT) e o big data nos sistemas xeoespaciais corporativos da Xunta, xunto co despregamento da plataforma de soporte a xemelgos dixitais, están a
transformar a xestión territorial de Galicia, segundo o balance de 2025 da Estratexia Galicia Dixital 2030.

A Xunta resolve máis da metade das incidencias informáticas do persoal en menos dunha hora

A Xunta resolve máis da metade das incidencias informáticas do persoal en menos dunha hora

Os sistemas da Xunta de Galicia para a atención ás persoas usuarias dos servizos da Administración resolveron en 2025 o 52 % das incidencias informáticas en menos dunha hora, segundo os datos do balance da Estratexia Galicia Dixital 2030 (EGD2030) elaborado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).

A Xunta garante o acceso universal á administración electrónica coa creación da figura do persoal funcionario habilitado

A Xunta garante o acceso universal á administración electrónica coa creación da figura do persoal funcionario habilitado

O Consello da Xunta aprobou hoxe o Decreto que regula o Rexistro do Persoal Funcionario Público Habilitado e a asistencia para a identificación e a sinatura electrónica, destinado a proporcionar toda a axuda necesaria no uso da Administración dixital ás persoas que non dispoñen da capacitación ou dos medios para facelo. Esta iniciativa garante o uso universal da Administración electrónica e está dirixida principalmente ás persoas maiores sen habilidades dixitais. 

A Estratexia Galicia Dixital 2030 mobilizou máis de 390 millóns de Euros en 2025 e consolidou novos avances na transformación dixital de Galicia

A Estratexia Galicia Dixital 2030 mobilizou máis de 390 millóns de Euros en 2025 e consolidou novos avances na transformación dixital de Galicia

A Estratexia Galicia Dixital 2030 (EGD2030) continuou avanzando durante 2025 coa posta en marcha de novas actuacións para acelerar a transformación dixital da Comunidade. O balance anual, elaborado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), recolle avances en todos os eixes estratéxicos da Estratexia e unha actualización das súas metas para o final da década. O investimento mobilizado ao longo do pasado exercicio foi de 390,3 millóns de euros, entre capital público e privado.

Administración máis dixital e eficiente 

A Xunta de Galicia forma a 139 profesionais en ciberseguridade a través de oito cursos de alta especialización do Programa RETECH

A Xunta de Galicia forma a 139 profesionais en ciberseguridade a través de oito cursos de alta especialización do Programa RETECH

Un total de 139 profesionais formáronse nos oito cursos de alta especialización en ciberseguridade impulsados pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e a Dirección Xeral de Formación e Cualificación para o Emprego. O obxectivo destas accións formativas, desenvolvidas entre abril e xuño no Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG), era reforzar as competencias do tecido empresarial galego nun ámbito estratéxico para a transformación dixital.

A Xunta impulsa un concurso de ideas para aplicar solucións innovadoras baseadas en xemelgos dixitais ao medio rural e ao turismo

A Xunta impulsa un concurso de ideas para aplicar solucións innovadoras baseadas en xemelgos dixitais ao medio rural e ao turismo

Santiago de Compostela, 24 de xullo de 2026.- A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) pon en marcha un concurso de ideas destinado a identificar solucións innovadoras baseadas en tecnoloxías de xemelgo dixital que contribúan a unha xestión máis intelixente, eficiente e sostible do territorio galego. A iniciativa céntrase en dous ámbitos estratéxicos para Galicia: o medio rural e o turismo.