Igualdade e a Egap abren a matrícula para o curso “Deseño de proxectos de igualdade”

Igualdade e a Egap abren a matrícula para o curso “Deseño de proxectos de igualdade”

A Secretaría Xeral da Igualdade e a Escola Galega da Administración Pública (EGAP) abriron o prazo de matricula para o curso Deseño de proxectos de Igualdade, a primeira actuación conxunta froito do convenio de colaboración que asinaron, hai un mes, para o desenvolvemento conxunto de actividades de carácter formativo, divulgador e investigador no ámbito da igualdade de xénero.

Rogelio Martínez presenta as medidas de modernización do servizo de Xustiza gratuíta levadas a cabo na Delegación Territorial

Rogelio Martínez presenta as medidas de modernización do servizo de Xustiza gratuíta levadas a cabo na Delegación Territorial

O Delegado Territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, acompañado polo Xefe Territorial da Consellería de Presidencia, Luis Menor, presentou, en rolda de prensa, unha iniciativa do departamento territorial de presidencia para axiliza-la tramitación na asistencia xurídica gratuíta que permitirá, ademáis de máis eficiencia na xestión, aforrar custos, uns 6.000 euros ó ano. Pretendemos puntualizou “obter o máximo rendemento dos recursos públicos”.

Javier Guerra traslada aos bolseiros galegos o compromiso da Xunta cun sistema de investigación científica solvente e eficaz

Javier Guerra traslada aos bolseiros galegos o compromiso da Xunta cun sistema de investigación científica solvente e eficaz

O conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, mantivo hoxe un encontro co colectivo de investigadores bolseiros galegos para escoitas, de primeira man, as súas inquedanzas e trasladarlles “o compromiso da Xunta co fornecemento dun sistema de investigación e desenvolvemento no eido científico solvente e eficaz”.

Feijóo: “Este momento de maior crise económica non impedirá o de maior riqueza de coñecementos lingüísticos e tecnolóxicos nas escolas públicas galegas”

Feijóo: “Este momento de maior crise económica non impedirá o de maior riqueza de coñecementos lingüísticos e tecnolóxicos nas escolas públicas galegas”

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, afirmou esta mañá, en Ourense, que “este momento de maior crise económica non impedirá o de maior riqueza de coñecementos lingüísticos e tecnolóxicos nas escolas públicas galegas”. “É unha satisfacción –dixo- que, pese as restricións xerais, poidamos incrementar as opcións do ensino público galego e, por tanto, as posibilidades de futuro de todos os rapaces de Galicia.

Economía e Industria promove a internacionalización, a innovación e a cooperación como fórmulas para dinamizar a actividade empresarial

Economía e Industria promove a internacionalización, a innovación e a cooperación como fórmulas para dinamizar a actividade empresarial

Durante a súa intervención na inauguración do X Foro da Asociación Española de Agencias de Desarrollo Regional (ADR), que se está a celebrar en Santiago, o director xeral do Igape, Joaquín Varela de Limia, destacou o compromiso da Xunta de Galicia para promover, a través da Consellería de Economía e Industria, a innovación, a mellora da competitividade e a aceleración do proceso de internacionalización como fórmulas idóneas para dinamizar a actividade empresarial e consolidar os avances cara á recuperación.

A Secretaría Xeral de Modernización subvencionou este ano 300 proxectos do ámbito tecnolóxico con 7,6 millóns de euros

A Secretaría Xeral de Modernización subvencionou este ano 300 proxectos do ámbito tecnolóxico con 7,6 millóns de euros

O sector TIC galego desenvolverá preto de 300 proxectos grazas ao investimento de 7,6 millóns de euros do Programa de Axudas ao sector TIC 2010 da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica.

A Xunta está a desenvolver un plan para mellorar a seguridade dos sistemas informáticos na Administración Pública

A Xunta está a desenvolver un plan para mellorar a seguridade dos sistemas informáticos na Administración Pública

“A posta en marcha do Plan de Seguridade da Información recoñece a importancia que ten a seguridade da información sobre a confianza que os cidadáns depositan na administración•”, así o manifestou o subdirector de Calidade, Interoperabilidade e Seguridade, Jaime Barros, durante a inauguración das Xornadas Empresa, Protección de Datos e Administración electrónica que se celebran en Santiago de Compostela.

A Xunta comeza o despregamento do Proxecto Abalar que transformará máis de 700 aulas tradicionais en dixitais

A Xunta comeza o despregamento do Proxecto Abalar que transformará máis de 700 aulas tradicionais en dixitais

O Proxecto ABALAR convertirá este curso en dixitais máis de 700 aulas tradicionais de 300 centros educativos, grazas ao despregamento do Proxecto ABALAR, unha vez comezada xa a fase de despregamento en colexios e institutos piloto de toda Galicia.

A Secretaria Xeral de Modernización anima ás pemes galegas a investir en novas tecnoloxías para optimizar os seus resultados

A Secretaria Xeral de Modernización anima ás pemes galegas a investir en novas tecnoloxías para optimizar os seus resultados

A secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, Mar Pereira, asegurou que a aposta polas novas tecnoloxías é hoxe en día “irrenunciable” e especialmente “para o tecido empresarial que a través dun uso racional das TIC poderá obter melloras substanciais na operatividade do seu día a día e na súa conta de resultados”.

Feijóo destaca que a Xunta dá un paso máis na aposta polas tecnoloxías coa extensión das aulas CeMit, novas infraestruturas Tic na xustiza e a posta en marcha da Oficina Agraria Virtual

Feijóo destaca que a Xunta dá un paso máis na aposta polas tecnoloxías coa extensión das aulas CeMit, novas infraestruturas Tic na xustiza e a posta en marcha da Oficina Agraria Virtual

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou que os acordos aprobados hoxe polo Consello da Xunta sobre a estensión das aulas CeMIT, a dotación de novas infraestruturas TIC na Xustiza e a posta en marcha da Oficina Agraria Virtual supoñen “un paso máis” no compromiso do Goberno galego coa implantación da administración electrónica e, por ende, coa innovación e modernización tecnolóxica de Galicia.