A Xunta pon á disposción das entidades locais, das universidades, das Deputacións provinciais e doutros organismos autonómicos o servizo de certificacion e sinatura dixital

A Xunta pon á disposción das entidades locais, das universidades, das Deputacións provinciais e doutros organismos autonómicos o servizo de certificacion e sinatura dixital

Todos os concellos galegos, as deputacións provinciais, as tres universidades galegas, o Consello de Contas, o Valedor do Pobo e o Parlamento galego poderán adherirse de xeito gratuíto ao servizo de certificación dixital, que pon en marcha a Xunta, a través da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, o que lles permitirá aforrar custos para avanzar na implantación da Administración electrónica.

Máis de mil persoas visitaron a exposición Galiciadixital itinerante durante a súa estancia en Pontevedra

Máis de mil persoas visitaron a exposición Galiciadixital itinerante durante a súa estancia en Pontevedra

Un total de 1.075 persoas se achegaron dende o 14 de setembro ata o pasado martes á delegación territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra para visitar a exposición itinerante e interactiva da Secretaría Xeral de Medios, Galiciadixital.

Na súa estancia na cidade a mostra contou con algúns dos seus contidos máis chamativos, como o xogo “Aerodeslizadores por Compostela”, no que os espectadores teñen a posibilidade de descender pola zona histórica dunha cidade galega virtual nun futurista “aerodeslizador” desenvolvido pola Universidade de Santiago de Compostela (USC).

Fernández Currás sitúa a Galicia como paradigma da eficacia da política rexional europea

Fernández Currás sitúa a Galicia como paradigma da eficacia da política rexional europea

A conselleira de Facenda, Marta Fernández Currás, situou a Galicia como “paradigma da eficacia da política rexional europea” e subliñou que “co concurso de instrumentos estatais e comunitarios a comunidade está actualmente en condicións de culminar o seu proceso de converxencia económica e integración cidadana”.

As empresas galegas de 10 e máis empregados experimentaron no último ano un incremento na formación TIC, na recepción de facturas electrónicas e no uso de software libre

As empresas galegas de 10 e máis empregados experimentaron no último ano un incremento na formación TIC, na recepción de facturas electrónicas e no uso de software libre

As empresas galegas de 10 e máis empregados experimentaron no último ano un incremento na formación en novas tecnoloxías así como na recepción de facturas electrónicas e no uso de sistemas operativos de software libre. Son algunhas das conclusións da análise que o Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia (OSIMGA) vén de realizar sobre os últimos datos proporcionados polo Instituto Nacional de Estatística (INE) sobre o uso das TIC e do Comercio electrónico nas empresas 2009/2010.

A Xunta traslada ás Universidades o seu compromiso coa investigación científica e solicítalles as súas necesidades para convocar novas prazas de investigadores

A Xunta traslada ás Universidades o seu compromiso coa investigación científica e solicítalles as súas necesidades para convocar novas prazas de investigadores

A Xunta de Galicia e as tres Universidades galegas acordaron onte o método de traballo conxunto para que a convocatoria de novas axudas destinadas á consolidación da carreira científica responda ás necesidades reais do Sistema Galego de I+D+I. Os tres vicerreitores de Investigación das Universidades comprometéronse cos representantes do Goberno galego a remitirlles canto antes as súas demandas concretas en materia de investigadores e persoal de apoio para que a próxima convocatoria de novas prazas sexa o máis eficiente posible.

Galicia reduce a fenda dixital no uso das TIC entre a cidadanía respecto a 2009 aínda que a un ritmo menor do desexable

Galicia reduce a fenda dixital no uso das TIC entre a cidadanía respecto a 2009 aínda que a un ritmo menor do desexable

Os últimos datos proporcionados polo Instituto Nacional de Estatística (INE) sobre equipamento e uso das tecnoloxías da información e comunicación nos fogares correspondentes ao ano 2010 constatan unha evolución positiva na penetración das novas tecnoloxías entre os galegos aínda que a Comunidade segue a rexistrar valores inferiores en varios indicadores relativos á sociedade da información, condicionada por factores xeográficos e socioeconómicos.

A Xunta de Galicia e os ministerios de Xustiza e Industria impulsan a modernización tecnolóxica da xustiza galega

A Xunta de Galicia e os ministerios de Xustiza e Industria impulsan a modernización tecnolóxica da xustiza galega

O conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, o ministro de Xustiza, Francisco Caamaño, o director xeral da Entidade Pública Empresarial Red.es -dependente do Ministerio de Industria-, Sebastián Muriel e a secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, Mar Pereira, asinaron hoxe un convenio de colaboración para o desenvolvemento de servizos públicos dixitais no ámbito de Xustiza, no marco do ‘Programa Ius+reD’.

A Secretaría Xeral de Modernización subvenciona con 55.000 euros diferentes actuacións da asociación PuntoGal para promover a creación deste dominio en internet

A Secretaría Xeral de Modernización subvenciona con 55.000 euros diferentes actuacións da asociación PuntoGal para promover a creación deste dominio en internet

A Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica colabora coa Asociación PuntoGal para impulsar o dominio .”gal” en Internet. Así se recolle nun convenio asinado entre ambas entidades no que se estipula que o departamento autonómico achegará 55.000 euros a PuntoGal para a realización de actuacións orientadas a conseguir o devandito dominio.

A Xunta apoia o acto de entrega da I edición dos premios INNOVA G 2010

A Xunta apoia o acto de entrega da I edición dos premios INNOVA G 2010

O director xeral do Igape, Joaquín Varela de Limia, xunto ao director xeral de Promoción do Emprego, Andrés Hermida, o subdirector xeral de Sociedade da Información, Cristóbal Varela Artime, e o subdirector xeral de Enxeñaría e Planificación de Telecomunicación, Radio e Televisión, Ignacio Otero, participaron hoxe no acto de entrega da I edición dos premios INNOVA G 2010, que organiza a Asociación Galega de Empresas TIC (AGESTIC).

A Xunta investirá máis de 41 millóns de euros na renovación tecnolóxica das infraestruturas sanitarias

A Xunta investirá máis de 41 millóns de euros na renovación tecnolóxica das infraestruturas sanitarias

A conselleira de Sanidade, Pilar Farjas Abadía, afirmou hoxe no Pleno do Parlamento que o departamento que dirixe vai investir máis de 41 millóns de euros para modernizar o sistema sanitario, as súas infraestruturas e a alta tecnoloxía, un obxectivo recollido na Estratexia Sergas 2014.