Unha guía editada polo Issga recolle boas prácticas para evitar riscos entre os profesionais do sector eléctrico

Unha guía editada polo Issga recolle boas prácticas para evitar riscos entre os profesionais do sector eléctrico

Unha guía editada polo Instituto de Seguridade e Saúde Laboral (Issga) en colaboración coa Asociación Provincial de Industriais Electricistas e de Telecomunicacións da Coruña (Asinec) recolle un decálogo de boas prácticas para evitar riscos neste sector e asegurar unha actividade laboral máis segura.

Os contidos da publicación son eminentemente prácticos na análise dos riscos e danos derivados do contacto coa electricidade na práctica da actividade laboral. A guía recompila os conceptos e medidas preventivas e ofrece pautas de actuación en situacións de emerxencia.

Posta en marcha dos servizos de certificación para a obtención de certificados dixitais

Posta en marcha dos servizos de certificación para a obtención de certificados dixitais

En virtude do contrato asinado en outubro de 2010 coa Fábrica Nacional de Moneda e Timbre, xa está disponible o servizo de certificación que permite a obtención dos certificados dixitais necesarios para o desenvolvemento da administración electrónica.

O ámbito de aplicación do servizo prestado pola autoridade certificadora serán os concellos da Comunidade Autónoma de Galicia, a Xunta de Galicia, o CIXTEC e o SERGAS, así como as Universidades Públicas da CCAA de Galicia, o Consello de Contas, o Parlamento de Galicia, o Valedor do Pobo e as Deputacións Provinciais.

O Proxecto RAIA contribúe á mellora da observación oceánográfica e meteorolóxica coa inauguración do laboratorio de calibración do CETMAR

O Proxecto RAIA contribúe á mellora da observación oceánográfica e meteorolóxica coa inauguración do laboratorio de calibración do CETMAR

A posta en marcha do Laboratorio Oceanográfico de Calibración do Centro Tecnolóxico do Mar contribuirá á mellora da observación oceanográfica e meteorolóxica ao permitir asegurar a calidade dos datos das redes de medida. Así púxose de manifesto hoxe no acto de inauguración da nova infraestrutura, que tivo lugar na sede da Fundación CETMAR en Vigo coincidindo coa reunión plenaria dos socios do proxecto europeo RAIA “Observatorio Oceánico da Marxe Ibérica”, cuxos fondos permitiron sufragar en grande parte esta nova infraestrutura.

Feijóo destaca a Axenda Dixital de Galicia 2014.gal como “unha oportunidade económica e social para saír vigorosos da crise”

Feijóo destaca a Axenda Dixital de Galicia 2014.gal como “unha oportunidade económica e social para saír vigorosos da crise”

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou, esta tarde, a Axenda Dixital de Galicia 2014.gal como “unha oportunidade económica e social para saír vigorosos da crise”. “Máis que unha recompilación de actuacións, 2014.gal é unha oportunidade económica: con máis de 900 millóns de euros achegados pola Xunta que xerarán un investimento total de 1.600 millóns de euros; máis de 12.000 empregos ata 2014, e incremento do sector no PIB do 4,8 actual ao 6%, iniciando así a senda da converxencia con España e con Europa no que representa este sector para a economía dun país.

A Xunta leva investidos 28 millóns de euros en recursos humanos no sistema galego de investigación e innovación no que levamos de ano

A Xunta leva investidos 28 millóns de euros en recursos humanos no sistema galego de investigación e innovación no que levamos de ano

A Xunta de Galicia leva investidos un total de 28 millóns de euros en recursos humanos no sistema galego de investigación e innovación, o que demostra a forte implicación e aposta do Goberno galego neste eido.

Esta aposta, como vai ocorrir coa próxima convocatoria de prazas do programa Parga Pondal, será en todo momento consensuada e definida cos centros destinatarios, para obter un sistema dimensionado correctamente.

O DOG publica hoxe o decreto que regula a implantación e o desenvolvemento da administración electrónica

O DOG publica hoxe o decreto que regula a implantación e o desenvolvemento da administración electrónica

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe o Decreto que establece o marco de desenvolvemento da administración electrónica na Administración pública galega. O obxectivo final é garantir aos cidadáns a posibilidade de relacionarse telemáticamente coas administracións públicas aforrando custes e tempo evitando e independentemente do lugar onde vivan e do nivel administrativo desde o que inicien a tramitación (entidade local, provincial, autonómica…). Trátase de conseguir unha administración, máis transparente e aberta aos cidadáns as 24 horas os 365 días do ano

Feijóo avanza que o proxecto Abalar permitirá, nesta lexislatura, dotar a 87.400 alumnos con portátil e ter 4.400 aulas informatizadas en 1.085 centros

Feijóo avanza que o proxecto Abalar permitirá, nesta lexislatura, dotar a 87.400 alumnos con portátil e ter 4.400 aulas informatizadas en 1.085 centros

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe a posta en marcha do proxecto Abalar, unha iniciativa para esta lexislatura que ten como principal finalidade implementar as tecnoloxías da información e da comunicación en todos os centros educativos galegos, integrando plenamente as novas tecnoloxías na práctica educativa cotiá.

O parque empresarial de Lourenzá xa dispón da posibilidade de acceso a internet grazas ao Plan banda larga da Xunta de Galicia

O parque empresarial de Lourenzá xa dispón da posibilidade de acceso a internet grazas ao Plan banda larga da Xunta de Galicia

O parque empresarial de Lourenzá, no Concello de Lourenzá, xa dispón da posibilidade de acceso ao servizo de banda larga de calidade grazas ao Plan levado a cabo pola Xunta de Galicia. Este parque empresarial atópase no ámbito territorial da actuación de extensión de redes fixas de alta capacidade do Plan Banda Larga, que está a desenvolver a Xunta a través da Secretaría Xeral de Modernización.

O CETMAR colabora con institucións de Francia, Portugal e Irlanda na mellora da formación marítima no espazo Atlántico

O CETMAR colabora con institucións de Francia, Portugal e Irlanda na mellora da formación marítima no espazo Atlántico

O Centro Tecnolóxico do Mar está a participar nun novo proxecto europeo, “Marleanet”, que persegue a mellora da formación marítima no espazo Atlántico e a creación dunha rede de centros de formación que mellore a capacitación dos profesionais do mar e propicie un coñecemento adaptado ás necesidades deste ámbito e da seguridade marítima.

Os galegos poderán realizar a partir de xaneiro todos os trámites dos impostos da vivenda de forma telemática

Os galegos poderán realizar a partir de xaneiro todos os trámites dos impostos da vivenda de forma telemática

Os cidadáns galegos poden realizar xa todos os trámites para o pago dos impostos sobre a vivenda por vía telemática. A Consellería de Facenda ven de habilitar a posibilidade de que o contribuínte, ou o seu representante, cumpra de forma telemática todos os trámites relativos ao Imposto sobre Transmisións Patrimoniais e Actos Xurídicos Documentados (ITP-AXD).