O Colexio de Enxeñeiros Informáticos de Galicia recoñece 2014.gal como a mellor iniciativa da administración no 2010

O Colexio de Enxeñeiros Informáticos de Galicia recoñece 2014.gal como a mellor iniciativa da administración no 2010

A secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, Mar Pereira, recollerá hoxe o premio á Iniciativa da Administración que o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CEIPG) concedeu a 2014.gal Axenda Dixital de Galicia, a estratexia tecnolóxica global da Xunta de Galicia. O acto desenvolverase no marco da II Noite da Enxeñaría de Galicia que o CEIPG celebrará en Santiago de Compostela.

A conselleira de Facenda recolle esta noite o galardón ‘Proxecto Innovador’ polo sistema de facturación electrónica da Xunta

A conselleira de Facenda recolle esta noite o galardón ‘Proxecto Innovador’ polo sistema de facturación electrónica da Xunta

A conselleira de Facenda, Marta Fernández Currás, recolle esta noite o galardón ‘Proxecto Innovador’ outorgado polo Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) e que premia o sistema de facturación electrónica da Xunta de Galicia pola súa innovación e servizo público.

A exposición itinerante Galiciadixital achega as novas tecnoloxías a Oleiros

A exposición itinerante Galiciadixital achega as novas tecnoloxías a Oleiros

O vindeiro luns inaugúrase no Centro Laboral Lamastelle de Oleiros a exposición itinerante e interactiva da Secretaría Xeral de Medios “Galiciadixital”, que ademais dos seus contidos habituais, como o tiraboleiro virtual ou o xogo “Aerodeslizadores por Compostela”, acolle tamén outros relacionados co 25 aniversario da CRTVG.

A Xunta e a Generalitat Valenciana intercambian experiencias sobre software libre na administración autonómica

A Xunta e a Generalitat Valenciana intercambian experiencias sobre software libre na administración autonómica

O vindeiro luns 18 de outubro terá lugar un encontro na Dirección Xeral de Sostibilidade e Paisaxe entre membros da Xunta de Galicia e responsables da Generalitat Valenciana para intercambiar experiencias en proxectos de Software Libre (FLOSS) na Administración Pública.

A Federación Galega de Confrarías pon en marcha un proxecto para mellorar a xestión da pesca de baixura

A Federación Galega de Confrarías pon en marcha un proxecto para mellorar a xestión da pesca de baixura

Identificar e aplicar melloras na xestión da pesca de baixura que garantan a sustentabilidade desta actividade a longo prazo é o obxectivo do proxecto que a Federación Galega de Confrarías está a por en marcha no seo do grupo de traballo de Sostibilidade da Actividade Extractiva da Plataforma Tecnolóxica TECNOPEIXE, do que é entidade dinamizadora.

A Xunta porá en marcha o portal do empregado público para facilitar o acceso aos servizos máis habituais para os profesionais da Administración

A Xunta porá en marcha o portal do empregado público para facilitar o acceso aos servizos máis habituais para os profesionais da Administración

O Portal do Empregado Público (PORTAX), que entrará en funcionamento nos vindeiros días, ten como obxectivo ser a ferramenta que permita, de forma áxil, rápida e sinxela, acceder aos servizos máis habituais dispoñibles para os profesionais da Xunta de Galicia. Deste xeito, os empregados públicos da Administración poderán acceder desde un enlace na Intranet da Xunta á información do seu interese nun espazo que centraliza o acceso a todos os servizos de carácter interno á súa disposición.

A Xunta investirá 4,7 millóns de euros en licenzas de microsoft fronte aos 10,5 millóns de euros que investiu o goberno anterior polo mesmo período de tempo

A Xunta investirá 4,7 millóns de euros en licenzas de microsoft fronte aos 10,5 millóns de euros que investiu o goberno anterior polo mesmo período de tempo

O Goberno galego non só non “despilfarra” na compra de licenzas de Microsoft senón que mellora substancialmente a situación herdada do Goberno bipartito con esta empresa. Tras renegociar o contrato para a adquisición de licenzas de Microsoft, a Xunta pasará de pagar 10,5 millóns de euros en 3 anos a 4,7 polo mesmo período de tempo, cumprindo así coa política de austeridade que está a aplicar o Goberno galego.

Tecnopeixe renova o seu portal en internet e introduce o concepto de web 2.0

Tecnopeixe renova o seu portal en internet e introduce o concepto de web 2.0

A Plataforma Tecnolóxica TECNOPEIXE vén de renovar a súa páxina web (www.tecnopeixe.org) e de introducir na mesma o concepto 2.0 que permite aos membros do colectivo interactuar a través do portal en Internet e aportar contidos de interese para o sector. Coa posta en marcha destas melloras, a Secretaría Técnica da plataforma, que é responsabilidade do Centro Tecnolóxico do Mar, pretende abrir novas vías de difusión e dinamización e contribuír á implantación e ao uso das tecnoloxías da información e comunicación no sector marítimo-pesqueiro.

O secretario xeral da Presidencia salienta que os Orzamentos de 2011 son “realistas e coherentes” na busca de máis austeridade, menor gasto corrente e maior eficiencia

O secretario xeral da Presidencia salienta que os Orzamentos de 2011 son “realistas e coherentes” na busca de máis austeridade, menor gasto corrente e maior eficiencia

O secretario xeral da Presidencia da Xunta de Galicia, Valeriano Martínez García, salientou hoxe que os Orzamentos de Galicia para o ano 2011 son “realistas e coherentes” co contexto económico actual, posto que buscan máis austeridade, menos gasto corrente e maior eficiencia, mantendo as liñas de acción pública cara á cidadanía e cara aos sectores estratéxicos da nosa comunidade.

Arias destaca que os orzamentos do 2011 serán “os da converxencia territorial” para Lugo, impulsando o tecido empresarial, o medio rural e as novas tecnoloxías

Arias destaca que os orzamentos do 2011 serán “os da converxencia territorial” para Lugo, impulsando o tecido empresarial, o medio rural e as novas tecnoloxías

Os orzamentos do 2011 para a provincia de Lugo teñen como referente “a converxencia territorial”, por elo “priman o investimento nesta provincia” e, fundamentalmente, “impulsan o desenvolvemento en tres eidos básicos: O tecido empresarial, o medio rural e as infraestruturas”.