A Xunta de Galicia acorda cos axentes sociais medidas clave para o desenvolvemento tecnolóxico da comunidade
A Xunta de Galicia acorda cos axentes sociais medidas clave para o desenvolvemento tecnolóxico da comunidade
Os axentes sociais e a Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, acordaron na Mesa 2 de Diálogo Social o desenvolvemento de 28 liñas de actuación en materia de novas tecnoloxías para avanzar na implantación efectiva das TIC na Comunidade. Así o explicou esta mañá a responsable deste departamento autonómico, Mar Pereira, nunha rolda de prensa na que tamén intervíu o director xeral de Avaliación e Reforma Administrativa, Jaime Bouzada.