A guía interactiva ‘O Camiño en GPS’ xa está dispoñible para Ipod, Iphone e Ipad grazas ao apoio de economía e industria

A guía interactiva ‘O Camiño en GPS’ xa está dispoñible para Ipod, Iphone e Ipad grazas ao apoio de economía e industria

O conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, presentou esta mañá publicamente a primeira guía interactiva de peregrinos para iPhone, iPod e iPad. ‘O Camiño en GPS’ é unha aplicación gratuíta xa dispoñible na Apple Store que foi desenvolvida pola empresa galega Bluguía grazas a unha axuda do programa impulsado pola Dirección Xeral de I+D+i para cofinanciar proxectos de deseño de produtos e servizos tecnoloxicamente innovadores en relación co Xacobeo 2010.

Retegal xestionará unha rede de case 1.900 quilómetros de fibra óptica, a tecnoloxía máis avanzada para o acceso á banda larga

Retegal xestionará unha rede de case 1.900 quilómetros de fibra óptica, a tecnoloxía máis avanzada para o acceso á banda larga

O Consello da Xunta autorizou onte ao operador público Retegal a contratación á empresa Unión Fenosa Redes de Telecomunicación (UFINET) a ampliación de 800 quilómetros de fibra óptica por un importe de 12,9 millóns de euros para a implantación da banda larga en Galicia. Este paso enmárcase na Acción 2 do Plan de Banda Larga (PBL) 2010-2013, que contempla o desenvolvemento das redes troncais e infraestruturas públicas (fibra óptica, radioenlaces, localizacións) na Comunidade Autónoma.

O Consello da xunta aproba o proxecto de decreto polo que se modifican os estatutos da sociedade Redes de Telecomunicacións Galegas Retegal S.A.

O Consello da xunta aproba o proxecto de decreto polo que se modifican os estatutos da sociedade Redes de Telecomunicacións Galegas Retegal S.A.

O Consello da Xunta aprobou na súa reunión de onte o proxecto de decreto polo que se modifican os estatutos da Sociedade de Redes de Telecomunicacións Galegas Retegal S.A.

O Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia oferta o próximo curso un total de 51 accións formativas que dispoñen de 762 prazas

O Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia oferta o próximo curso un total de 51 accións formativas que dispoñen de 762 prazas

O Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG), dependente da Consellería de Traballo e Benestar, ofertará durante o próximo curso un total de 51 accións formativas, que poñerán a disposición dos interesados 762 prazas. Todas estas actuacións serán de carácter técnico, especializado, gratuíto, e orientado ao mundo laboral, principalmente ao sector das TIC.

O portal IMIT da Secretaría Xeral de Modernización xa está presente nas redes sociais Facebook e Twitter

O portal IMIT da Secretaría Xeral de Modernización xa está presente nas redes sociais Facebook e Twitter

O  portal das iniciativas tecnolóxicas da Xunta iMit xa está presente nas redes sociais de Facebookwww.facebook.com/xuntadegalicia e Twitter http://twitter.com/imitxunta, ademais de posibilitar o acceso ás fotos desde Flickr desde principios do pasado mes de xullo.

Economía e Industria aproba un préstamo de 5 millóns de euros a T-solar para combater a incertidume retributiva das primas e apoiar a súa expansión internacional

Economía e Industria aproba un préstamo de 5 millóns de euros a T-solar para combater a incertidume retributiva das primas e apoiar a súa expansión internacional

A Consellería de Economía e Industria ven de aprobar recentemente, da man de Xesgalicia, a concesión dun préstamo de 5 millóns a empresa T-Solar, ubicada na Tecnópole, no concello ourensán de San Cibrao das Viñas. Así o manifestou hoxe o conselleiro Javier Guerra, quen salientou que este apoio demostra o compromiso do seu departamento coas empresas de enerxías renovables “nun momento no que a incertidume sobre o marco regulatorio das primas por parte do Goberno Central está a crear moitos problemas”.

A primeira edición do Plan Renove de equipos de climatización de economía e industria posibilitou un investimento asociado de 3,5 millóns de euros

A primeira edición do Plan Renove de equipos de climatización de economía e industria posibilitou un investimento asociado de 3,5 millóns de euros

O primeiro Plan Renove de Equipos de Climatización que a Consellería de Economía e Industria desenvolveu, a través do Instituto Enerxético de Galicia, que vén de pecharse, alcanzou a cifra de 1.400 solicitudes, e posibilitou un investimento asociado en torno aos 3,5 millóns de euros.

Modernización subvenciona con 30.000 € tres liñas de acción de Agasol para o fomento do software libre entre as pemes galegas

Modernización subvenciona con 30.000 € tres liñas de acción de Agasol para o fomento do software libre entre as pemes galegas

A Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica achegará a Asociación de Empresas Galegas de Software Libre (Agasol) 30.000 euros para a realización de actuacións orientadas a promover un maior uso do software libre e de fontes abertas (FLOSS) entre as pemes, micropemes e autónomos galegos.

Os enxeñeiros informáticos premian o sistema electrónico de facturas da Xunta pola súa innovación e servizo público

Os enxeñeiros informáticos premian o sistema electrónico de facturas da Xunta pola súa innovación e servizo público

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) recoñecerá co premio na categoría de Proxecto Innovador ao sistema electrónico de facturación da Xunta de Galicia por considerar que cumpre con todos os condicionantes de innovación, tecnoloxía e servizo público requeridos.

Este organismo profesional, que suma preto de 300 colexiados, outorgará este galardón no marco da II Noite da Enxeñaría en Informática en Galicia, que acollerá o Hostal dos Reis Católicos, en Santiago de Compostela, o vindeiro 15 de outubro.

A Xunta está a mellorar as infraestruturas, equipamento e medios tecnolóxicos das sedes xudiciais da comunidade no marco do Plan Senda 2014

A Xunta está a mellorar as infraestruturas, equipamento e medios tecnolóxicos das sedes xudiciais da comunidade no marco do Plan Senda 2014

A Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica está levar a cabo diferentes actuacións nas sedes xudiciais para avanzar na implantación do Plan de Sistemas Plan Senda 2014, que por vez primeira establece unha auténtica folla de ruta para integrar as Tecnoloxías da Información e da Comunicación no ámbito xudicial. 
As actuacións contempladas no Senda 2014 estrutúranse en diferentes liñas que abranguen as áreas de infraestruturas, equipamento e medios, sistemas de información, gravación e vídeconferencia, e formación