Os enxeñeiros informáticos premian o sistema electrónico de facturas da Xunta pola súa innovación e servizo público
Os enxeñeiros informáticos premian o sistema electrónico de facturas da Xunta pola súa innovación e servizo público
O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) recoñecerá co premio na categoría de Proxecto Innovador ao sistema electrónico de facturación da Xunta de Galicia por considerar que cumpre con todos os condicionantes de innovación, tecnoloxía e servizo público requeridos.
Este organismo profesional, que suma preto de 300 colexiados, outorgará este galardón no marco da II Noite da Enxeñaría en Informática en Galicia, que acollerá o Hostal dos Reis Católicos, en Santiago de Compostela, o vindeiro 15 de outubro.