Economía e Industria apoiará ao tecido empresarial con maior axilidade e eficiencia no marco do plan re-Forza 2010

Economía e Industria apoiará ao tecido empresarial con maior axilidade e eficiencia no marco do plan re-Forza 2010

O director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), Joaquín Varela de Limia, salientou a maior axilidade na avaliación das solicitudes de apoio das empresas como un dos principais retos do organismo que dirixe para 2010, e destacou igualmente que o Instituto se centrará en achegarlles ás pemes instrumentos e ferramentas no ámbito financeiro, para favorecer o financiamento; para facilitar o acceso ás fontes de financiamento, o responsable do Igape citou catro vías: o plan de garantías públicas (re-Brote e re-Solve), as axudas para a realización de análises económico-financei

Continúan as actividades organizadas pola Secretaría Xeral de Medios para conmemorar os 25 anos da Compañía de Radio Televisión de Galicia na Rede CeMIT

Continúan as actividades organizadas pola Secretaría Xeral de Medios para conmemorar os 25 anos da Compañía de Radio Televisión de Galicia na Rede CeMIT

A Secretaría Xeral de Medios continúa a celebrar as actividades conmemorativas do 25º aniversario da Compañía de Radio Televisión de Galicia (CRTVG) nas aulas da Rede CeMIT (Centros para a Modernización e a Inclusión Tecnolóxica) das sete grandes cidades galegas. Visitas de coñecidos persoeiros, cursos de animación con plastilina destinados a rapaces de educación secundaria, emisión das actividades en directo a través de internet, concursos a través da rede social Twitter e exposicións temporais nas distintas aulas son algunhas das iniciativas que se están a desenvolver.

A Consellería de Educación dotará a 30 centros educativos de Ferrolterra de 1.360 ordenadores ultraportátiles para o desenvolvemento do proxecto abalar o vindeiro curso

A Consellería de Educación dotará a 30 centros educativos de Ferrolterra de 1.360 ordenadores ultraportátiles para o desenvolvemento do proxecto abalar o vindeiro curso

Case 1.360 alumnas e alumnos de 30 centros de Ferrolterra terán en setembro cadanseu ordenador ultraportátil na aula, grazas á implantación do Proxecto ABALAR nos centros educativos da zona, que vai desenvolver a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Un investimento de 1.100.000 euros en equipamento informático, infraestruturas e formación do profesorado, o que demostra a forte aposta que a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria está a facer pola calidade do ensino nos centros de Ferrol e a súa área.

O Plan de Modernización de Infraestruturas Sanitarias 2010-2013 do Servizo Galego de Saúde permitirá investimentos por valor de 1.000 millóns de euros

O Plan de Modernización de Infraestruturas Sanitarias 2010-2013 do Servizo Galego de Saúde permitirá investimentos por valor de 1.000 millóns de euros

A conselleira de Sanidade, Pilar Farjas Abadía, informou hoxe, no Pleno do Parlamento, que o Plan de Modernización de Infraestruturas sanitarias do Servizo Galego de Saúde, para o período 2010-2013, permitirá investimentos por valor de 1.000 millóns de euros. Segundo a responsable da sanidade pública galega, “coa execución deste plan damos resposta ao noso compromiso de modernizar a rede sanitaria do Sergas, renovación e modernización longamente esperadas e necesitadas”.

A Xunta presenta as iniciativas para avanzar na eAdministración no II Congreso de Modernización dos Servizos Públicos

A Xunta presenta as iniciativas para avanzar na eAdministración no II Congreso de Modernización dos Servizos Públicos

O plan de Modernización 2010-2013 da Xunta de Galicia supón unha aposta decidida pola extensión do uso das TIC no ámbito administrativo para facilitar a tramitación dos procedementos e procurar a información en tempo real e personalizada á cidadanía. Así o expuxo esta mañá en Granada a subdirectora xeral de Sistemas de Información e Modernización da Administración Pública, María José García Sexto, na segunda edición do Congreso de Modernización dos Servizos Públicos.

A Xunta achegará este ano a banda larga a 28 concellos do sur de Lugo e a súa contorna e a 49 núcleos do territorio rural galego

A Xunta achegará este ano a banda larga a 28 concellos do sur de Lugo e a súa contorna e a 49 núcleos do territorio rural galego

Un total de 28 concellos do sur da provincia de Lugo e a súa contorna e 49 núcleos de poboación do ámbito rural de toda Galicia terán acceso á Internet de calidade a finais de 2010 grazas ao investimento que realizará a Xunta nunha primeira fase de despregamento de redes fixas e sen fíos na Comunidade.

Máis de 2.000 escolares santiagueses terán cadanseu ordenador ultraportátil o vindeiro curso grazas á implantación do proxecto Abalar na cidade e comarca

Máis de 2.000 escolares santiagueses terán cadanseu ordenador ultraportátil o vindeiro curso grazas á implantación do proxecto Abalar na cidade e comarca

Máis de 2.000 alumnas e alumnos de Santiago de Compostela e a súa comarca terán en setembro cadanseu ordenador ultraportátil na aula, grazas á implantación do Proxecto ABALAR nos centros educativos da zona, que vai desenvolver a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Máis de 2.600 escolares coruñeses terán candanseu ordenador ultraportátil o vindeiro curso grazas á implantación do Proxecto ABALAR na cidade e comarca

Máis de 2.600 escolares coruñeses terán candanseu ordenador ultraportátil o vindeiro curso grazas á implantación do Proxecto ABALAR na cidade e comarca

Máis de 2.630 alumnas e alumnos da Coruña e a súa comarca terán en setembro cadanseu ordenador ultraportátil na aula, grazas á implantación do Proxecto ABALAR nos centros educativos da zona, que vai desenvolver a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Así o manifestou o delegado territorial da Coruña, Diego Calvo, que presentou hoxe o Proxecto ABALAR para esta área, acompañado polo director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, José Luis Mira Lema; e a xefa territorial de Educación na Coruña, Teresa Villaverde.

Os estudantes IES Cruceiro de Baleares, en Culleredo, disporán dun novidoso simulador de navegación dotado pola Consellería de Educación

Os estudantes IES Cruceiro de Baleares, en Culleredo, disporán dun novidoso simulador de navegación dotado pola Consellería de Educación

O director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación, José Luis Mira, acudiu esta mañá unha demostración da posta en marcha do novo Simulador de Navegación dotado pola Consellería de Educación ao IES Cruceiro de Baleares, en Culleredo, A Coruña.

A secretaría xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica colabora coas tres universidades galegas para consolidar as oficinas de software libre

A secretaría xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica colabora coas tres universidades galegas para consolidar as oficinas de software libre

A Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica apoia as actividades en materia de software libre e código de fontes abertas (FLOSS) das universidades de Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo cunha achega de 120.000 para o exercicio 2010, segundo se recolle nun convenio de colaboración asinado coas tres entidades educativas. Con este financiamento o departamento autonómico contribúe á consolidación das oficinas de software libre universitarias en coordinación coa Oficina Técnica encargada do desenvolvemento do FLOSS en Galicia.