A Consellería de Economía e Industria investiga o ataque informático sufrido pola súa páxina web
O boicoteo prexudicou á cidadanía galega, que durante algúns minutos non puido acceder á información
A Consellería de Economía e Industria lamenta o ataque sofrido pola súa páxina web no transcurso da tarde de hoxe, que estivo bloqueada durante algúns minutos como consecuencia dun boicoteo informático do que se están investigando todos os datos, incluída a súa procedencia.
A Consellería de Economía e Industria lamenta que se produzan este tipo de situacións, sobre todo pola marcada vocación de servizo público que ten a súa páxina web, na que se recollen todo tipo de axudas e ordes encamiñadas a cumprir un dos seus obxectivos fundamentais, que é a dinamización do tecido produtivo de Galicia.
Este tipo de ataques informáticos prexudican ao conxunto da sociedade galega, que viuse impedida para acceder á información contida na páxina web e da que se benefician todos os galegos.