A Consellería de Educación remata a presentación da primeira fase do plan ABALAR que o vindeiro curso beneficiará a 537 aulas de centros públicos e 156 de concertados
A Consellería de Educación remata a presentación da primeira fase do plan ABALAR que o vindeiro curso beneficiará a 537 aulas de centros públicos e 156 de concertados
O vindeiro curso escolar, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria comezará a implantar o proxecto ABALAR en aulas de 5º de Primaria e 1º da ESO, cun desembolso global de 12.120.000 €. O proxecto, presentado a todas as comunidades educativas das cidades de Galicia chegará a un 77% de aulas de centros públicos e a un 23 dos concertados. Deste xeito, a Consellería de Educación dotará a 14.375 alumnas e alumnos destes cursos dun ordenador ultraportátil, nas catro provincias galegas, nesta primeira fase.