Preto do 87 % das empresas tecnolóxicas galegas emprega software libre

Preto do 87 % das empresas tecnolóxicas galegas emprega software libre

O 86,9% das empresas TIC galegas dispoñen de software libre nalgún dos seus equipos informáticos, o que supón un incremento do 2,7% respecto ao ano anterior. Así se recolle no informe “O software libre nas empresas TIC de Galicia — Edición 2024”, elaborado polo Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia (OSIMGA) publicado hoxe.

A Xunta licita o servizo para garantir o funcionamento e dispoñibilidade das infraestruturas e plataformas tecnolóxicas do sector público autonómico

A Xunta licita o servizo para garantir o funcionamento e dispoñibilidade das infraestruturas e plataformas tecnolóxicas do sector público autonómico

O Consello de Goberno da Xunta deu luz verde ao expediente de contratación do servizo de administración das infraestruturas e plataformas tecnolóxicas da Xunta xestionadas pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega). O contrato conta cun orzamento de licitación (IVE incluído) de 6,7 millóns de euros e un valor estimado de 13,3 millóns de euros, con cargo ás anualidades 2026, 2027 e 2028.

A Xunta cede preto de 130 equipos tecnolóxicos a entidades sen ánimo de lucro e centros educativos

A Xunta cede preto de 130 equipos tecnolóxicos a entidades sen ánimo de lucro e centros educativos

O director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Damián Rey, fixo entrega hoxe de 16 equipos informáticos, unha pizarra dixital e un proxector a catro entidades sen ánimo de lucro para facilitarlles a súa actividade. Este reparto enmárcase nun programa de cesión de equipamento tecnolóxico, que permitirá dotar de preto de 130 ordenadores, pizarras e equipos periféricos a asociacións e entidades de toda Galicia.

Rueda reafirma a Galicia como aliada das grandes tecnolóxicas para crear emprego cualificado e liderar a transformación dixital

Rueda reafirma a Galicia como aliada das grandes tecnolóxicas para crear emprego cualificado e liderar a transformación dixital

O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, destacou hoxe o papel de Galicia como un nodo tecnolóxico de referencia en Europa e aliada das grandes tecnolóxicas para crear emprego cualificado e de calidade, así como liderar a transformación dixital.

A Xunta aposta pola especialización e a colaboración para afrontar os retos da ciberseguridade

A Xunta aposta pola especialización e a colaboración para afrontar os retos da ciberseguridade

A ciberseguridade é un dos piares do proceso de transformación dixital que está a impulsar a Xunta de Galicia e así o destacou hoxe o director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Damián Rey, durante apertura do VI Foro Tecnolóxico.

A Xunta ofrece formación para que as persoas maiores de 50 anos busquen emprego usando ferramentas dixitais

A Xunta ofrece formación para que as persoas maiores de 50 anos busquen emprego usando ferramentas dixitais

A Xunta de Galicia, a través da Rede de aulas CeMIT, ofrece ás persoas demandantes de emprego un curso no que aprenderán a utilizar medios e ferramentas dixitais para atopar traballo.

A ausencia de fenda dixital consolídase en Galicia e as mulleres lideran o uso de internet e dispositivos electrónicos

A ausencia de fenda dixital consolídase en Galicia e as mulleres lideran o uso de internet e dispositivos electrónicos

Galicia consolida a ausencia de fenda dixital de xénero que acadou hai 5 anos e mantén o avance das mulleres no uso de internet e dispositivos electrónicos, rexistrado no últimos anos. Así se desprende do Informe “Mulleres en Dixital: O uso das TIC desde unha perspectiva de xénero 2025”, elaborado polo Observatorio da Sociedade da información (Osimga).

A Xunta transforma a administración para ofrecer recursos e servizos a cada persoa en función das súas necesidades e intereses

A Xunta transforma a administración para ofrecer recursos e servizos a cada persoa en función das súas necesidades e intereses

A Xunta de Galicia está a transformar o modelo de relación coa cidadanía para facela máis eficaz, máis personalizada, máis accesible e máis segura, segundo explicou hoxe o director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Damián Rey.