A Xunta e o Banco de España impulsan unha nova edición das sesións formativas Finanzas Para Todos na Rede CeMIT

A Xunta e o Banco de España impulsan unha nova edición das sesións formativas Finanzas Para Todos na Rede CeMIT

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), en colaboración co Banco de España, pon en marcha unha nova edición da iniciativa Finanzas para todos, orientada a mellorar a educación financeira da cidadanía e a reforzar a súa capacidade para tomar decisións económicas de maneira segura, responsable e informada.

A Xunta pecha a súa participación no sandbox europeo de IA cunha solución para automatizar as transcricións das chamadas aos servizos de emerxencias

A Xunta pecha a súa participación no sandbox europeo de IA cunha solución para automatizar as transcricións das chamadas aos servizos de emerxencias

O director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Damián Rey, participou hoxe en Madrid na clausura do primeiro Sandbox europeo de IA, no que a Xunta participou cun proxecto que aplica a intelixencia artificial para mellorar e automatizar a transcrición das chamadas aos servizos de emerxencia.
Damián Rey valorou moi positivamente a participación de Galicia no Sandbox porque permitiu “traballar de maneira práctica sobre os requisitos do Regulamento Europeo de Intelixencia artificial e entender como aterrar eses requisitos regulatorios nun sistema real de alto risco”.

A Xunta avoga por unha evolución dixital do turismo que integre tecnoloxía, datos e innovación reforzando a competitividade dun sector máis sostible e eficiente

A Xunta avoga por unha evolución dixital do turismo que integre tecnoloxía, datos e innovación reforzando a competitividade dun sector máis sostible e eficiente

O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, destacou hoxe a aposta da Xunta por unha evolución dixital do turismo que integre a tecnoloxía, o uso dos datos e a innovación para reforzar a competitividade dun sector máis sostible e eficiente.

Miguel Corgos destaca que Ourense e o Ceciga converteranse no epicentro da ciberseguridade, clave para avanzar na soberanía dixital e na especialización

Miguel Corgos destaca que Ourense e o Ceciga converteranse no epicentro da ciberseguridade, clave para avanzar na soberanía dixital e na especialización

O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, destacou hoxe que Ourense e o Ceciga converteranse no epicentro da ciberseguridade, clave para seguir avanzando na soberanía dixital e na especialización.

A universalización da Administración e os servizos dixitais consolidan a Galicia como unha rexión tecnoloxicamente avanzada

A universalización da Administración e os servizos dixitais consolidan a Galicia como unha rexión tecnoloxicamente avanzada

A aposta da Xunta pola universalización do acceso a recursos tecnolóxicos sitúa Galicia como unha rexión dixitalmente avanzada.
O Goberno galego celebra hoxe a creación da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, hai 16 anos. Nese tempo a porcentaxe de fogares con conexión de banda larga pasou do 46 % a superar o 90 %.

O Nodo Ciber.Gal reúne o vindeiro martes en Ourense a especialistas para analizar a ciberseguridade empresarial

O Nodo Ciber.Gal reúne o vindeiro martes en Ourense a especialistas para analizar a ciberseguridade empresarial

O Nodo Galego de Ciberseguridade, CIBER.gal, impulsado pola Xunta, celebra o vindeiro 9 de xuño de 2026 no Parque Tecnolóxico de Galicia (Tecnópole), a xornada “Ciberseguridade aplicada: Protexendo ás empresas galegas nun mundo dixital”, dirixida a empresas, profesionais e estudantado do eido tecnolóxico.

A Xunta reforza a súa aposta pola ciberseguridade e a intelixencia artificial como piares clave da transformación dixital en Galicia

A Xunta reforza a súa aposta pola ciberseguridade e a intelixencia artificial como piares clave da transformación dixital en Galicia

A Xunta de Galicia consolida a súa aposta pola ciberseguridade e a intelixencia artificial como elementos estratéxicos para avanzar na transformación dixital e reforzar a competitividade do tecido produtivo galego.
Así o destacou hoxe o director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Damián Rey, durante a súa participación na inauguración da xornada Preparando ás PEMEs galegas para os novos desafíos: ciberseguridade e intelixencia artificial.

A Xunta convirte Santiago en centro do debate sobre o futuro tecnolóxico do turismo

A Xunta convirte Santiago en centro do debate sobre o futuro tecnolóxico do turismo

O Centro GaiásTech, situado na Cidade da Cultura, acollerá o vindeiro 10 de xuño unha xornada sobre o papel dos ecosistemas de datos na transformación dos destinos turísticos intelixentes organizada pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).

O encontro poñerá o foco no uso dos datos para mellorar a xestión turística, optimizar a toma de decisións e avanzar cara a modelos máis sostibles e eficientes. Tamén abordará cuestións como a creación de espazos de datos e o desenvolvemento de plataformas tecnolóxicas.

Preparando ás pemes galegas para os novos desafíos: ciberseguridade e intelixencia artificial

Preparando ás pemes galegas para os novos desafíos: ciberseguridade e intelixencia artificial

A transformación dixital ofrece grandes oportunidades para as pemes, pero tamén introduce novos riscos que é preciso coñecer e xestionar. A crecente sofisticación dos ciberataques e a incorporación da intelixencia artificial aos procesos empresariais fan imprescindible que as empresas conten coa información e as ferramentas axeitadas para protexer os seus activos dixitais.