Rueda destaca un investimento de 10,6 M€ para levar cobertura móbil a 210 núcleos illados do rural galego nos que viven máis de 5.000 persoas

Rueda destaca un investimento de 10,6 M€ para levar cobertura móbil a 210 núcleos illados do rural galego nos que viven máis de 5.000 persoas

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou hoxe que Galicia levou a cabo nos últimos anos un proxecto pioneiro en Europa para ampliar a rede de telefonía móbil e dotar de cobertura e internet a 210 núcleos illados do rural nos que residen máis de 5.000 persoas. “Imos garantir o acceso aos servizos básicos ata onde permita a técnica e as telecomunicacións son hoxe en día un servizo fundamental”, indicou. 
 

Portos de Galicia e Amtega asinan un convenio para avanzar na administración electrónica

Portos de Galicia e Amtega asinan un convenio para avanzar na administración electrónica

O presidente de Portos de Galicia, José Antonio Álvarez, e o director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Damián Rey, asinaron esta mañá un convenio de colaboración que permitirá avanzar na administración electrónica do ente público, logo da súa recente adhesión ao sistema da axencia. O acordo rexerá o traballo para desenvolver de cara á xestión do sistema portuario galego no eido das tecnoloxías da información e comunicación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico.

Corgos destaca a colaboración público-privada no eido da intelixencia artificial e a innovación como clave para sectores estratéxicos como a automoción

Corgos destaca a colaboración público-privada no eido da intelixencia artificial e a innovación como clave para sectores estratéxicos como a automoción

O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, destacou hoxe a colaboración público-privada no eido da innovación como clave para a mellora continua de sectores estratéxicos para Galicia como a automoción.

Nesta liña, salientou que a presentación do Piloto de ciberseguridade do vehículo autónomo na rede 5G do Campus de Vigo é resultado do acordo adoptado pola Xunta para destinar preto de 8,5 millóns de euros -dos que, a través da AMTEGA, achega o 75%- á creación dunha rede de laboratorios sobre ciberseguridade no transporte.

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia convoca novas probas para obter a Certificación Galega de Competencias Dixitais nos niveis de iniciación e intermedio

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia convoca novas probas para obter a Certificación Galega de Competencias Dixitais nos niveis de iniciación e intermedio

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) publica hoxe no Diario Oficial de Galicia tres convocatorias
para obter a Certificación galega en competencias dixitais (ComDix), que terán lugar no primeiro semestre de 2026.
Á primeira convocatoria para o nivel de iniciación abre o período de inscricións o vindeiro luns 19, mentres que a segunda convocatoria deste mesmo nivel comezará o período de inscricións en maio. Para o nivel intermedio hai prevista unha convocatoria á que se poderán inscribir as persoas interesadas en marzo.

As persoas tituladas en carreiras STEM en Galicia rexistran unha taxa de ocupación superior ao 92 % nos dous primeiros anos tras finalizar os estudos

As persoas tituladas en carreiras STEM en Galicia rexistran unha taxa de ocupación superior ao 92 % nos dous primeiros anos tras finalizar os estudos

As persoas tituladas en carreiras STEM (siglas en inglés de Ciencias, Tecnoloxía, Enxeñaría ou Matemáticas) en Galicia rexistran unha taxa de ocupación superior ao 92 % nos dous primeiros anos tras finalizar os estudos, dous puntos por riba das restantes titulacións do Sistema Universitario Galego (SIUG).

Máis de 91 % dos fogares rurais de Galicia teñen contratados servizos de internet de banda larga

Máis de 91 % dos fogares rurais de Galicia teñen contratados servizos de internet de banda larga

O uso de internet é practicamente universal no rural de Galicia entre as persoas de entre 16 e 54 anos, e máis do 91% dos fogares destas áreas teñen contratados servizos de internet de banda larga, de acordo cos datos do informe “Galicia Dixital: A modernización tecnolóxica no rural – Edición 2024” que hoxe publica o Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia (OSIMGA).

Lei 2/2025

Programa galego de IA 2026-2028

A Xunta reforza a Rede CeMIT abrindo a porta á incorporación de novas aulas

A Xunta reforza a Rede CeMIT abrindo a porta á incorporación de novas aulas

A Xunta quere ampliar o alcance da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica de Galicia (CeMIT), abrindo a porta á incorporación de novas aulas. Para facilitar a adhesión dos concellos, a Administración reforzará a colaboración que vén
mantendo coa FEGAMP, a través da prórroga dun convenio de que foi informado hoxe o Consello da Xunta e que se asinará nos vindeiros días.