A Xunta avanza na dixitalización da Xustiza coa incorporación de novas ferramentas tecnolóxicas
A Xunta avanza na dixitalización da Xustiza coa incorporación de novas ferramentas tecnolóxicas
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, e o director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia
(Amtega), Julián Cerviño, asinaron hoxe co secretario de Estado de Xustiza, Manuel Olmedo, o convenio para a incorporación de novas ferramentas tecnolóxicas que permitan seguir avanzando na dixitalización da xustiza en Galicia.