A Xunta impulsa unha iniciativa que conecta á xuventude e as persoas maiores para compartir experiencia en tecnoloxía, cultura e tradicións
A Xunta impulsa unha iniciativa que conecta á xuventude e as persoas maiores para compartir experiencia en tecnoloxía, cultura e tradicións
A Xunta de Galicia pon en marcha unha nova edición do programa Tech Kids, que este ano se desenvolverá baixo o lema Argallando entre xeracións. A iniciativa esta orientada a crear un espazo de aprendizaxe, experimentación e colaboración entre diferentes xeracións, no que a mocidade poida desenvolver competencias dixitais avanzadas ao tempo que comparte coñecementos, experiencias e solucións tecnolóxicas con persoas maiores.