A aplicación ‘XuntaEu’ xa permite trasladar suxestións e queixas desde o móbil e suma preto de 160.000 descargas

A aplicación ‘XuntaEu’ xa permite trasladar suxestións e queixas desde o móbil e suma preto de 160.000 descargas

A Xunta vén de actualizar a aplicación XuntaEu incorporando a posibilidade de trasladar queixas e suxestións directamente desde o móbil, así como un novo carné —o de pesca fluvial— co que xa son 18 os documentos dixitais integrados na app. A ferramenta suma preto de 160.000 descargas, consolidándose como unha canle áxil e segura para a relación da cidadanía coa Administración autonómica.

A Xunta colabora coas Pemes na mellora das capacidades de resposta fronte aos retos da ciberseguridade

A Xunta colabora coas Pemes na mellora das capacidades de resposta fronte aos retos da ciberseguridade

O Centro GaiásTech acolle hoxe unha xornada de formación que busca reforzar as capacidades do tecido empresarial galego
fronte aos retos da ciberseguridade. O encontro Blindando as PEMES: Laboratorio e centro demostrador de ciberseguridade en produtos con elementos dixitais da Xunta de Galicia, foi inaugurado polo director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de
Galicia, Damián Rey.

A Xunta inicia a implantación dun laboratorio e centro demostrador para anticipar riscos e validar solucións de ciberseguridade

A Xunta inicia a implantación dun laboratorio e centro demostrador para anticipar riscos e validar solucións de ciberseguridade

O director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Damián Rey, inaugurou hoxe a xornada que marca o inicio da instalación e posta en marcha dun laboratorio e centro demostrador transversal de ciberseguridade da Xunta.

A Xunta incorpora a Rede iCousas ao Catálogo de Servizos Dixitais para os Concellos e reforza a cooperación tecnolóxica coas entidades locais

A Xunta incorpora a Rede iCousas ao Catálogo de Servizos Dixitais para os Concellos e reforza a cooperación tecnolóxica coas entidades locais

A Xunta de Galicia incorpora a rede iCousas ao catálogo de servizos dixitais que pon á disposición dos concellos, no marco do
convenio de colaboración coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp). O acordo busca garantir que todos os municipios, independentemente do seu tamaño, dispoñan de ferramentas tecnolóxicas avanzadas sen que isto supoña un custe adicional para as súas arcas municipais.

A Axencia Para a Modernización Tecnolóxica de Galicia convoca novos cursos para obter a certificación galega de Competencias Dixitais

A Axencia Para a Modernización Tecnolóxica de Galicia convoca novos cursos para obter a certificación galega de Competencias Dixitais

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) publica hoxe no DOG unha nova convocatoria de cursos titorizados en liña para obter a certificación galega de competencias dixitais (Comdix), no nivel de iniciación, que se impartirán durante o primeiro semestre de 2026, a través da rede CeMiT.
As accións formativas están dirixidas a persoas maiores de 16 anos que desexen mellorar as súas competencias dixitais ou iniciar o itinerario oficial para obter o Comdix– iniciación.

A Xunta ofrece 3.000 cursos online anuais a través da súa plataforma de teleformación corporativa

A Xunta ofrece 3.000 cursos online anuais a través da súa plataforma de teleformación corporativa

A Xunta de Galicia conta cunha plataforma corporativa de teleformación, xestionada pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), que dá soporte a 18 áreas formativas, orientadas tanto á cidadanía como ao persoal empregado público. Só no último ano esta canle dixital de aprendizaxe permitiu ofertar arredor de 3.000 cursos dos que se beneficiaron máis de 35.500 persoas, consolidándose como unha das principais ferramentas de capacitación e actualización de coñecementos da Administración autonómica.

A Xunta autoriza un acordo marco para dar continuidade e ampliar a plataforma de acceso remoto aos postos de traballo do empregado público

A Xunta autoriza un acordo marco para dar continuidade e ampliar a plataforma de acceso remoto aos postos de traballo do empregado público

O Consello da Xunta autorizou hoxe a tramitación dun acordo marco que garante a continuidade, o mantemento e a ampliación da plataforma de virtualización de postos de traballo, impulsada pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), que lles permite aos empregados públicos acceder de maneira segura aos seus equipos e aplicacións corporativas, tanto desde o posto físico da oficina como en modalidade de teletraballo ou mobilidade. 

O nodo Ciber.gal impulsou máis de 300 actividades en 2025, que beneficiaron a máis de 11.000 persoas

O nodo Ciber.gal impulsou máis de 300 actividades en 2025, que beneficiaron a máis de 11.000 persoas

O Nodo Galego de Ciberseguridade CIBER.gal impulsou máis de 300 actividades de formación, sensibilización e divulgación, que beneficiaron a máis de 11.000 persoas. Son datos do balance anual 2025 presentado esta semana durante a IV Asemblea do Nodo, que reuniu ás entidades integrantes do ecosistema e na participou o director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Damián Rey.

A Xunta renovará e ampliará os seus servidores virtuais, que aumentan a eficacia e reducen os custos dos servizos e recursos dixitais

A Xunta renovará e ampliará os seus servidores virtuais, que aumentan a eficacia e reducen os custos dos servizos e recursos dixitais

A Xunta de Galicia poderá destinar ata 11,8 millóns de euros nos vindeiros catro anos a afrontar as necesidades de renovación das licenzas de software que empregan os servidores virtuais da Administración autonómica, así como para a súa ampliación cando
sexa necesario, a través dun acordo marco que hoxe aprobou contratar o Consello de Goberno.

A Xunta aposta por unha ciberseguridade ao servizo das características e necesidades de Galicia

A Xunta aposta por unha ciberseguridade ao servizo das características e necesidades de Galicia

A Xunta aposta pola especialización tecnolóxica que permita o desenvolvemento dunha ciberseguridade adaptada ás
características e necesidades de Galicia, en liña coa Estratexia Galicia Dixital 2030, segundo asegurou hoxe o director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Damián Rey.