O profesor Álvaro Ruibal explica na Casa de Galicia por que a imaxe molecular cambiará ao mundo

O profesor Álvaro Ruibal explica na Casa de Galicia por que a imaxe molecular cambiará ao mundo

O catedrático de Radioloxía e Medicina Física e xefe do Servizo de Medicina Nuclear do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela, Álvaro Ruibal Morell, explicou hoxe na Casa de Galicia en Madrid a revolución que no ámbito da Medicina supón a chamada imaxe molecular, considerada polo Instituto Tecnolóxico de Massachusetts como unha das dez tecnoloxías que cambiarán ao mundo. Fíxoo na conferencia "A medicina non invasora no século XXI. Avances en laboratorios e imaxe molecular", que impartiu dentro do Ciclo Medicina e Saúde que se está a desenvolver na Casa.

O DOG publica hoxe unha orde de axudas por valor de 15 millóns de euros para despregar a banda larga en 11.000 núcleos do rural galego

O DOG publica hoxe unha orde de axudas por valor de 15 millóns de euros para despregar a banda larga en 11.000 núcleos do rural galego

A Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica concederá, conforme o previsto no Plan de Banda Larga 2010-2013, axudas de 15.290.000 euros para a creación de novas redes de acceso á banda larga na contorna rural de Galicia. Así se recolle nunha orde de axuda, en réxime de concorrencia competitiva, publicada hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG).

A Xunta está a instalar pantallas en edificios xudiciais das catro provincias galegas para informar dos sinalamentos e o lugar das vistas que se están a celebrar

A Xunta está a instalar pantallas en edificios xudiciais das catro provincias galegas para informar dos sinalamentos e o lugar das vistas que se están a celebrar

A Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica está a completar a instalación de 17 pantallas de información pública en edificios xudiciais das catro provincias galegas. O obxectivo destes dispositivos é informar aos cidadáns e aos profesionais de xustiza sobre os sinalamentos de procedementos que van a ter lugar e o lugar de realización de ditas vistas xudiciais.

As tecnoloxías e a lingua galega únense nunha xornada para conmemorar o dobre festexo do 17 de maio

As tecnoloxías e a lingua galega únense nunha xornada para conmemorar o dobre festexo do 17 de maio

A Secretaría Xeral de Política Lingüística celebra esta semana a dobre festividade do 17 de maio, Día das Letras Galegas e Día de Internet, cunha xornada na que se presentarán diversos recursos en tecnoloxía lingüística.

A Xunta pon a disposición das empresas e dos cidadáns un programa gratuíto para asinar dixitalmente documentos

A Xunta pon a disposición das empresas e dos cidadáns un programa gratuíto para asinar dixitalmente documentos

A conselleira de Facenda, Marta Fernández Currás, anunciou onte que a Xunta de Galicia pon a disposición das empresas e dos cidadáns un programa para que poidan asinar de forma dixital documentos electrónicos. O programa pode descargarse gratuitamente dende a páxina web da Consellería de Facenda www.conselleriadefacenda.es dentro do apartado de descargas.

Profesionais da Administración, a universidade, e o sector empresarial analizan a situación das mulleres no sector TIC

Profesionais da Administración, a universidade, e o sector empresarial analizan a situación das mulleres no sector TIC

A Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, en colaboración coa Secretaría Xeral de Igualdade, celebra o mércores 18 a Xornada “Construíndo un sector TIC en igualdade”. Expertos en diferentes áreas analizarán a situación actual para achegar conclusións que axuden a impulsar de maneira específica a presenza do perfil profesional das mulleres no sector das Tecnoloxías da Información e da Comunicación.

A Xunta asina co Colexio de Arquitectos un convenio para facilitar a tramitación telemática das licenzas urbanísticas

A Xunta asina co Colexio de Arquitectos un convenio para facilitar a tramitación telemática das licenzas urbanísticas

O conselleiro de Presidencia, Admnistracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, e a secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, Mar Pereira, asinaron hoxe un convenio de colaboración co decano do Colexio de Arquitectos de Galicia, Celestino García Braña, que ten como obxectivo facilitar a tramitación e posterior outorgamento telemático das autorizacións de licenzas urbanísticas dende as Administracións galegas.

Economía e Industria promove a colaboración entre o CESGA e a FPGMX para permitir novos estudos xenéticos

Economía e Industria promove a colaboración entre o CESGA e a FPGMX para permitir novos estudos xenéticos

O Presidente do Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) e Director Xeral de I+D+i da Xunta de Galicia, Ricardo Capilla Pueyo, e o Director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica, FPGMX, e Catedrático da USC, Angel Carracedo, presentaron hoxe no CESGA o “Convenio de Colaboración para a Posta en Produción do Servizo de Ultrasecuenciación de Xenomas Completos”. O acordo facilitará a análise e almacenamento dos datos xenéticos extraídos con tecnoloxías NGS, (Next Generation Sequencing), que permiten analizar grandes rexións do xenoma humano, exomas e xenomas completos.

Declaración institucional da Xunta de Galicia con motivo da conmemoración do Día de Internet

Declaración institucional da Xunta de Galicia con motivo da conmemoración do Día de Internet

Hoxe, 17 de maio, coincidindo co Día das Letras Galegas os galegos celebramos tamén o Día de Internet, unha xornada para difundir as posibilidades que brinda a Rede as tecnoloxías da información e das comunicacións, e tamén unha ocasión para lembrarnos os retos que temos por diante neste ámbito.

Os últimos datos do INE confirman que Galicia é a segunda comunidade autónoma con maior incremento de acceso a internet contratado en 2010

Os últimos datos do INE confirman que Galicia é a segunda comunidade autónoma con maior incremento de acceso a internet contratado en 2010

A Enquisa sobre Equipamento e Uso de Tecnoloxías da Información e a Comunicación nos fogares 2010 do Instituto Nacional de Estatística (INE) indica que a conexión a Internet está presente no 48,9% dos fogares galegos, experimentando un incremento do 15,6% con respecto a 2009 mentres que o crecemento deste indicador para o conxunto do Estado foi dun 9,4%. Estes datos sitúan a Galicia como a segunda Comunidade Autónoma con maior crecemento en acceso a Internet contratado no ano 2010, só por detrás de Castela A Mancha.