Educación presentou en Bruxelas o curso multimedia de chinés ‘Chinesecom’ na Conferencia de Multilingualismo EU-China

Educación presentou en Bruxelas o curso multimedia de chinés ‘Chinesecom’ na Conferencia de Multilingualismo EU-China

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria vén de presentar o curso multimedia de chinés que está a impulsar no marco do proxecto CHINESECOM (www.chinesecom.eu) na Conferencia “EU-China Conference on Multiligualism” (Conferencia en Multilingualismo EU-China) titulada “Language learning: an open window to the world” (Aprendizaxe de linguas: unha fiestra aberta ao mundo), celebrada en Bruxelas co gallo do Ano EU-China da Mocidade.

Retegal construíu en menos dun ano 58 torres de comunicación e realizou actuacións en 115 centros da súa rede para impulsar a extensión da Banda Larga en Galicia

Retegal construíu en menos dun ano 58 torres de comunicación e realizou actuacións en 115 centros da súa rede para impulsar a extensión da Banda Larga en Galicia

O operado público Retegal construíu nos últimos dez meses 58  torres de comunicacións e realizou actuacións en 115 centros da súa rede, o cal supuxo un investimento superior ós 16 millóns de euros neste período.

Máis de 176.000 galegos dispoñen xa de acceso a redes de 100 mbps e prevese que sexan máis dun millón a finais de 2013

Máis de 176.000 galegos dispoñen xa de acceso a redes de 100 mbps e prevese que sexan máis dun millón a finais de 2013

A secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Mar Pereira, e o conselleiro delegado de R, Arturo Dopico, fixeron balance esta mañá do despregamento das redes de nova xeración (NGA) na Comunidade. É unha das accións do Plan de Banda Larga 2010-2013, que se puxo en marcha coa intención de dotar á meirande parte dos habitantes de Galicia de Internet de calidade e lograr que teñan acceso canto antes aos servizos máis avanzados de telecomunicacións.

O Plan de Banda Larga da Xunta posibilitou o acceso á rede a máis da metade da poboación do concello de Ribadumia que carecía de cobertura

O Plan de Banda Larga da Xunta posibilitou o acceso á rede a máis da metade da poboación do concello de Ribadumia que carecía de cobertura

O Plan de Banda Larga 2010-2013 da Xunta de Galicia posibilitou que máis da metade da poboación do Concello de Ribadumia, que carecía de acceso á Rede, teña a posibilidade de conectarse a Internet.

O DOG publica hoxe a orde que regula as axudas para subvencionar a contratación de internet no fogar no período 2011-2012

O DOG publica hoxe a orde que regula as axudas para subvencionar a contratación de internet no fogar no período 2011-2012

A Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica pon en marcha un programa de axudas para que as familias galegas con menos recursos económicos poidan contratar a conexión a Internet nos seus fogares. Así se recolle nunha orde que publica hoxe o Diario Oficial de Galicia.

A Administración autonómica destinará no período 2011-2012 un investimento de 1.470.460 para a execución destas axudas, das que se poderán beneficiar a arredor preto de 8.200, que por ter menos recursos non dispoñían de conexión a Internet no fogar.

Día mundial do novo protocolo de internet IPv6

Día mundial do novo protocolo de internet IPv6

Sobre o Día Mundial IPv6
As direccións de Internet IPv4 dispoñibles se acaban.As grandes empresas de Internet están empezando a moverse e declararon o vindeiro 8 de xuño de 2011 como World IPv6 Day.

Ese día, moitas das compañías máis importantes da Rede, como Google, Facebook, Yahoo! o Akamai realizarán unha proba de 24 horas con todos os seus sistemas funcionando sobre a nueva versión do Protocolo de Internet (a IPv6).

Feijóo avanza a implantación dunha factoría de emprendedores TIC de Galicia e o establecemento dun marco común de financiamento ao sector aplicable xa desde 2012

Feijóo avanza a implantación dunha factoría de emprendedores TIC de Galicia e o establecemento dun marco común de financiamento ao sector aplicable xa desde 2012

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe a implantación dunha “factoría de emprendedores TIC de Galicia” e o establecemento dun “marco común de financiamento ao sector aplicable xa desde 2012”. Ademais, sinalou o establecemento de actuacións que camiñen cara ao “aliñamento entre as necesidades tecnolóxicas do sector público e os sectores produtivos e a oferta tecnolóxica do sector TIC” como outro dos eixes que guiará a estratexia da Xunta en relación coas tecnoloxías da información e da comunicación.

O arquivo de Galicia acolle a presentación do ‘estudo orgánico e funcional da Xunta’, que senta as bases para crear un sistema de xestión integral de documentos da Administración Autonómica

O arquivo de Galicia acolle a presentación do ‘estudo orgánico e funcional da Xunta’, que senta as bases para crear un sistema de xestión integral de documentos da Administración Autonómica

A secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, Mar Pereira, e o director xeral do Libro, Bibliotecas e Arquivos, Francisco López, presentaron esta mañá a publicación Estudo orgánico e funcional da Xunta de Galicia. Proposta dun cadro de clasificación, publicado pola Consellería de Cultura e Turismo. A presentación, que tivo lugar no Arquivo de Galicia da Cidade da Cultura, realizouse coincidindo co Día Internacional dos Arquivos, que se celebra en todo o mundo o 9 de xuño de cada ano.

O presidente da Xunta subliña que a dixitalización da imaxe no Sergas acadou un 95% de implantación e permitirá un aforro de 10 millóns de euros na lexislatura

O presidente da Xunta subliña que a dixitalización da imaxe no Sergas acadou un 95% de implantación e permitirá un aforro de 10 millóns de euros na lexislatura

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, subliñou hoxe o alto grao de implantación da imaxe dixitalizada no Servizo Galego de Saúde, que acada un 95%, o que supón importantes beneficios tanto para os pacientes como para a xestión do sistema, cun aforro estimado de 10 millóns de euros na lexislatura.

A Xunta presenta ao sector TIC un documento sobre o fogar dixital asistencial que facilitará o aliñamento dos proxectos tecnolóxicos con necesidades específicas da sanidade galega

A Xunta presenta ao sector TIC un documento sobre o fogar dixital asistencial que facilitará o aliñamento dos proxectos tecnolóxicos con necesidades específicas da sanidade galega

A Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica e a Consellería de Sanidade trasladaron hoxe aos representantes dos axentes TIC da Comunidade un documento cos requisitos técnicos e funcionais do Fogar Asistencial Dixital para que o sector oriente os seus proxectos neste eido en liña coas necesidades do ámbito sanitario galego.