A Secretaría Xeral de Modernización e a Asociación PuntoGal continúan a impulsar a creación deste dominio en internet
A Secretaría Xeral de Modernización e a Asociación PuntoGal continúan a impulsar a creación deste dominio en internet
A Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica vén colaborando coa Asociación PuntoGal para impulsar o dominio ”.gal” en Internet. Así se recolle nun novo convenio asinado entre ambas entidades no que se estipula que o departamento autonómico achegará 55.000 euros a PuntoGal para a realización de actuacións orientadas a conseguir o devandito dominio.