Mar Pereira “superar a fenda de xénero nos estudos, a investigación e os empregos do sector tecnolóxico non é so cuestión de equidade senón de progreso social”
Mar Pereira “superar a fenda de xénero nos estudos, a investigación e os empregos do sector tecnolóxico non é so cuestión de equidade senón de progreso social”
A secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, Mar Pereira, fixo hoxe un chamamento “para superar a fenda de xénero nos estudos, a investigación e os empregos TIC, non só por razóns de equidade senón de desenvolvemento económico e social. A incorporación da muller á investigación, a docencia ou a xestión supón un progreso social”.
A responsable de Modernización xunto coa secretaria xeral da Igualdade inauguraron esta mañá a Xornada “Construíndo un sector TIC en Igualdade”, na que se analizou a situación da fenda dixital de xénero e se as súas posibles solucións.