Roberto Varela asegura que a Biblioteca Dixital Galega ‘Galiciana’ situará “o noso patrimonio bibliográfico ao alcance de calquera persoa cunha conexión a internet”

Roberto Varela asegura que a Biblioteca Dixital Galega ‘Galiciana’ situará “o noso patrimonio bibliográfico ao alcance de calquera persoa cunha conexión a internet”

O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, asegurou esta mañá na apertura da primeira edición do Seminario Internacional da Biblioteca de Galicia “As Bibliotecas Dixitais”, que Galiciana -a biblioteca dixital galega- situará o “riquísimo acervo bibliográfico galego ao alcance de calquera, ao facer posible que se poida acceder a estes fondos simplemente cunha conexión a internet”.

A Xunta investirá case 200 millóns de euros en 2011 para pasar do 70% de galegos con acceso á banda larga en 2009 ao 83%

A Xunta investirá case 200 millóns de euros en 2011 para pasar do 70% de galegos con acceso á banda larga en 2009 ao 83%

O presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, adiantou hoxe que a Xunta investirá 196 millóns de euros en 2011 co obxectivo de pasar do 70% de galegos con acceso á banda larga que había no ano 2009 ao 83% da poboación. Así o explicou o titular do Goberno galego tras a reunión semanal do Consello da Xunta, na que se autorizou este investimento co que se continuará coa aplicación da Axenda Dixital 2014.gal.

O Complexo Hospitalario de Ourense conta co primeiro TAC intraoperatorio instalado en Galicia

O Complexo Hospitalario de Ourense conta co primeiro TAC intraoperatorio instalado en Galicia

O Complexo Hospitalario de Ourense conta xa co primeiro TAC intraoperatorio que se instala nun hospital galego, alta tecnoloxía que permite o acceso a imaxes radiolóxicas en tres dimensións en quirófano, en tempo real e durante a intervención, coa vantaxe que elo supón para as intervencións complexas de neurocirurxía, traumatoloxía, cirurxía vascular e otorrinolaringoloxía, gañando en rapidez e seguridade para pacientes e profesionais.

A Xunta contratará este mesmo ano as aplicacións informáticas do sistema de axuda á explotación que garantirá unha mellora dos servizos de transporte público de viaxeiros

A Xunta contratará este mesmo ano as aplicacións informáticas do sistema de axuda á explotación que garantirá unha mellora dos servizos de transporte público de viaxeiros

O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, avanzou esta mañá que a Xunta de Galicia iniciará os trámites para contratar este mesmo ano as aplicacións informáticas necesarias para a implantación do sistema de axuda á explotación do transporte público de viaxeiros. A previsión da Administración galega é que ao longo do ano 2012 comece a implantación deste sistema, que garantirá unha mellora dos servizos de transporte, tanto para as empresas como para os cidadáns.

Rueda destaca que a boa política da Xunta en medios electrónicos ofrece mellores solucións e servizos aos galegos

Rueda destaca que a boa política da Xunta en medios electrónicos ofrece mellores solucións e servizos aos galegos

O conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, presentou esta mañá o Libro da Administración Electrónica da Xunta de Galicia, onde destacou que a boa política do Goberno galego en materia de Tecnoloxías da Información e da Comunicación (TICs) ofrece mellores solucións e servizos por medios electrónicos aos galegos.

A Secretaría Xeral de Modernización inicia hoxe en Santiago unhas xornadas formativas sobre o Esquema Nacional de Seguridade

A Secretaría Xeral de Modernización inicia hoxe en Santiago unhas xornadas formativas sobre o Esquema Nacional de Seguridade

A Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica está a organizar unhas xornadas, que comezan hoxe en Santiago, para difundir o Esquema Nacional de Seguridade nas distintas administracións públicas de Galicia. O obxectivo destas sesións informativas é analizar a esixencias derivadas da entrada en vigor do Real Decreto 3/2010 do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Esquema Nacional de Seguridade, de obrigado cumprimento por parte de todos os órganos da Administración así como por calquera entidade de dereito público dependente deles.

A finais de 2011 o portal da Xunta quedará constituído como unha sede electrónica

A finais de 2011 o portal da Xunta quedará constituído como unha sede electrónica

A secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, Mar Pereira, avanzou hoxe que o portal da Xunta de Galicia funcionará como unha sede electrónica a finais de este ano. “É un dos fitos marcados no Plan de Modernización da Administración que permitirá que os cidadáns poidan acceder a mesma información e os servizos que teñen á súa disposición en calquera das ventanillas das consellerías”.

Arrinca Xuventude Galicia Net, na que están inscritos preto de 1.200 participantes e que contará con ao redor de 6.000 asistentes

Arrinca Xuventude Galicia Net, na que están inscritos preto de 1.200 participantes e que contará con ao redor de 6.000 asistentes

Esta mañá abriu as súas portas a XII edición de Xuventude Galicia Net, que terá lugar durante toda a fin de semana no Pazo de Congresos e Exposición de Galicia, en Santiago de Compostela. En total, hai preto de 1.200 participantes inscritos e prevese a asistencia de máis de 6.000 persoas á formación e ás actividades de acceso libre, ás que se poderá achegar todo aquel que o desexe.

A Xunta de Galicia instala un novo equipo emisor de TDT en Camelle que dará servizo a máis de mil habitantes e no que se investiron uns 60.000 euros

A Xunta de Galicia instala un novo equipo emisor de TDT en Camelle que dará servizo a máis de mil habitantes e no que se investiron uns 60.000 euros

A Xunta de Galicia ven de poñer en servizo o novo centro emisor de TDT de Camelle, no municipio coruñés de Camariñas, atendendo así as queixas dos veciños da zona polo mal funcionamento do repetidor instalado no seu día polo Concello.

Máis de seiscentas persoas participaron nos cursos de marketing on-line e xestión de contidos da Rede Cemit

Máis de seiscentas persoas participaron nos cursos de marketing on-line e xestión de contidos da Rede Cemit

As aulas CeMIT de trinta localidades galegas acolleron dende o pasado 21 de marzo aos máis de seiscentos asistentes aos cursos de marketing on-line e xestión de contidos da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica de Galicia (CeMIT). Tratábase dos dous primeiros cursos do Plan de Formación Multimedia e Audiovisual da Rede CeMIT a través dos cales o alumnado aprendía a crear e manter sitios ou portais web e coñecía as estratexias básicas de marketing en internet.