A Xunta renegocia o contrato cos operadores R e Telefónica para establecer un plan de mellora das telecomunicacións da Administración Autonómica

A Xunta renegocia o contrato cos operadores R e Telefónica para establecer un plan de mellora das telecomunicacións da Administración Autonómica

A Xunta de Galicia vai implantar un plan de mellora das comunicacións da súa Rede Corporativa tras renovar e renegociar cos operadores R e Telefónica os contratos dos servizos de telecomunicacións que están a prestar ambas as empresas á Administración autonómica.

A Secretaría Xeral de Modernización colabora coa Universidade de Vigo para a realización dunha nova edición do máster en consultoría de software libre

A Secretaría Xeral de Modernización colabora coa Universidade de Vigo para a realización dunha nova edición do máster en consultoría de software libre

A Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica colabora coa Universidade de Vigo para desenvolvemento dunha nova edición do Master en Consultoría de Software Libre, organizado pola Escola Superior de Enxeñería Informática da Universidade de Vigo e correspondente ao curso 2011-2012.

A Secretaría Xeral de Modernización achegará 15.000 euros para a realización do Master, segundo se recolle nun convenio de colaboración asinado pola secretaria xeral, Mar Pereira, e o reitor da Universidade olívica, Salustiano Mato.

A Xunta presenta o centro de proceso de datos integral do Gaiás nun foro internacional que analiza as necesidades e retos deste tipo de equipamentos

A Xunta presenta o centro de proceso de datos integral do Gaiás nun foro internacional que analiza as necesidades e retos deste tipo de equipamentos

O subdirector xeral de Infraestruturas e Telecomunicacións da Secretaría xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, Adrián Lence, participa hoxe no foro organizado pola entidade internacional DatacenterDynamics, onde presentará o Centro de Proceso de Datos Integral, que a Xunta porá en marcha a finais de ano.

As empresas galegas de 10 e máis empregados converxen coa media estatal en dispoñibilidade de ordenador, internet e banda larga

As empresas galegas de 10 e máis empregados converxen coa media estatal en dispoñibilidade de ordenador, internet e banda larga

A práctica totalidade das empresas de 10 ou máis asalariados de Galicia dispoñen de ordenador (98,6%), porcentaxe idéntica á que rexistra a media estatal. Un 97,3% das empresas deste segmento dispoñen de conexión a Internet, experimentando un crecemento interanual do 2,5%, e situándose en valores semellantes á media estatal.

Galicia participa por primeira vez no padroado do Centro Nacional de Referencia de fomento do software libre

Galicia participa por primeira vez no padroado do Centro Nacional de Referencia de fomento do software libre

A secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, Mar Pereira, asiste hoxe en Madrid ao padroado da Centro Nacional de Referencia de Aplicación das TIC baseadas en fontes abertas CENATIC.

Trátase do primeiro padroado no que participa Galicia tras a súa adhesión a esta Fundación o pasado mes de marzo. A Fundación CENATIC ten como obxectivo xeral “promover o coñecemento e difusión do software baseado en fontes abertas na Administración e nos diferentes sectores de actividade”.

A Xunta de Galicia pon a disposición da cidadanía novo material didáctico formativo no Repositorio Documental FLOSS

A Xunta de Galicia pon a disposición da cidadanía novo material didáctico formativo no Repositorio Documental FLOSS

Plan de Acción FLOSS do ano 2011 promovido pola SXMIT da Xunta de Galicia inclúe un capítulo específico para a potenciación dos mecanismos de formación e difusión do FLOSS.

A Xunta de Galicia resolveu xa máis da metade dos requirimentos esixidos pola Axencia de Protección de Datos para mellorar a seguridade na rede informática dos xulgados

A Xunta de Galicia resolveu xa máis da metade dos requirimentos esixidos pola Axencia de Protección de Datos para mellorar a seguridade na rede informática dos xulgados

En novembro de 2009 a  Axencia de Protección de Datos abriu un procedemento tras o incidente informático rexistrado no Xulgado de Lugo, que puxo de manifesto un fallo provocado por unhas deficiencias históricas no ámbito xudicial galego en materia tecnolóxica.

A páxina web do proxecto de educación ambiental Climántica recibe visitas de usuarios procedentes de máis de 50 países

A páxina web do proxecto de educación ambiental Climántica recibe visitas de usuarios procedentes de máis de 50 países

A plataforma online do proxecto educativo Climántica recibiu a segunda semana de xuño visitas de usuarios situados en máis de 50 países. En total, o proxecto marcou un récord histórico de consultas xa que rexistrou máis de 16.000 visitas de case 11.000 usuarios únicos nese período.

A Delegación Territorial da Xunta en Vigo xa conta cun servizo de videointerpretación para persoas xordas no rexistro xeral

A Delegación Territorial da Xunta en Vigo xa conta cun servizo de videointerpretación para persoas xordas no rexistro xeral

A Xunta, a través da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, puxo hoxe en marcha na zona de Rexistro e Información da Delegación Territorial de Vigo un sistema de videointerpretación en lingua de signos para persoas xordas, ademais de poder acceder tamén a través do portal corporativo.

Feijóo anuncia que a Xunta e o Clúster TIC traballarán conxuntamente para definir un modelo de financiamento co que impulsar o potencial deste sector en Galicia

Feijóo anuncia que a Xunta e o Clúster TIC traballarán conxuntamente para definir un modelo de financiamento co que impulsar o potencial deste sector en Galicia

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, anunciou hoxe que a Xunta asinará un convenio de colaboración co Clúster TIC para definir conxuntamente “o modelo de financiamento que máis partido saque do potencial que ten este sector na comunidade autónoma”. Feijóo avanzou que esta nova política de financiamento TIC “estará aplicable no ano 2012 e responderá de xeito máis efectivo ás necesidades que agora e nos vindeiros anos ten e terá este sector.