28 axentes TIC comezan a formación para xestionar as aulas de acceso público ás novas tecnoloxías da rede CeMIT
Son os profesionais que encargarán dos centros de Modernización e Inclusión Tecnolóxica
O curso consta de dúas xornadas presenciais e 150 horas de teleformación
Celebrarase unha segunda edición para formarán outros 28 axentes restantes
A Rede Cemit, ten como obxectivo promover o uso das novas tecnoloxías entre a poboación, con especial atención aos colectivos máis afectados pola fenda dixital
Conta cun Plan de Formación que oferta máis de 1.000 cursos gratuítos para este ano
A aula CeMIT do Centro Multimedia de Galicia acolle hoxe unha xornada de formación para os axentes TIC que xestionarán as actividades das aulas CeMIT de 28 concellos. Proximamente, celebrarase a segunda edición desta xornada ata completar a formación dos 53 axentes TIC da Rede Centros de Modernización e Inclusión Tecnolóxica.
O curso que comeza hoxe consta de dúas xornadas presenciais e 150 horas de teleformación. Nesta primeira xornada presencial os axentes TIC coñecerán en profundidade a Rede CeMIT, os seus obxectivos dentro da estratexia de 2014.gal Axenda Dixital de Galicia, a carta de servizos e o Plan de Formación dispoñible para a cidadanía, os profesionais e as empresas.
Ademais, os axentes recibirán información detallada sobre o procedemento de xestión das aulas e das ferramentas das que disporán para o desenvolvemento do seu traballo diario. Finalmente, e se lles explicará o funcionamento da plataforma de formación na que accederán aos 6 módulos de curso de formación online.
O curso consta de 150 horas de formación en liña, e unha vez superado, os axentes obterán un diploma acreditativo. A finalidade deste curso é formar ás persoas encargadas de xestionar os centros para a Modernización e a Inclusión Tecnolóxica co obxectivo de potenciar os seus coñecementos e dotalos dos recursos necesarios para atender ás necesidades dos usuarios da rede.
Nesta primeira xornada estanse a formar os axentes da aulas CeMIT dos concellos de Arzúa, Betanzos, Boiro, Cerceda, Mugardos, Sada, San Sadurniño, Vilasantar, Burela, Carballedo, Guitiriz, O Vicedo, Sarria, A Bola, Boborás, Castrelo de Miño, Leiro, Manzaneda, Ribadavia, Sarreaus, Viana do Bolo, Vilar de Santos, Xinzo, A Guarda, Cuntis, Campo Lameiro, Porriño e Ponteareas.
94 aulas CeMIT
A Rede CeMIT, que iniciou a súa andaina este ano, ten como obxectivo promover o uso das novas tecnoloxías entre a poboación, con especial atención aos colectivos máis afectados pola fenda dixital, fomentar a formación dixital entre os profesionais galegos e mostrar á pemes e micropemes as vantaxes da sociedade da información.
Na actualidade son 89 concellos adheridos que ofrecen 94 aulas de acceso público ás novas tecnoloxías para cumprir os obxectivos da Rede CeMIT, dos cales 53 asinaron o protocolo de adhesión que lles posibilita a contratación dun axente TIC que impulsará as actividades no centro definidas no Plan de Formación 2011.
1.000 cursos de Formación
O Plan de Formación 2011 da Rede de Centros para a Modernización e a Inclusión Tecnolóxica de Galicia (Rede CeMIT) recolle unha oferta de máis de 1.000 cursos gratuítos que se impartirán en 89 concellos. Este programa, que chegará a ao redor de 12.000 usuarios mediante formación presencial e online, constitúe a plasmación da aposta do Goberno galego polo fomento do uso das novas tecnoloxías entre a poboación, tanto entre os colectivos máis afectados pola fenda dixital como entre os profesionais e o ámbito empresarial. O contido do Plan de Formación e a carta de servizos están dispoñibles non enlace http://cemit.xunta.es.