O ciclo da vida útil das tecnoloxías sanitarias centra a IX Reunión Científica da Asociación Española de Avaliación de Tecnoloxías Sanitarias

Mércores 10 de Novembro de 2010

O ciclo da vida útil das tecnoloxías sanitarias centra a IX Reunión Científica da Asociación Española de Avaliación de Tecnoloxías Sanitarias

A secretaria xeral da Consellería de Sanidade será a encargada de inaugurar mañá este foro que incidirá na importancia de avaliación de tecnoloxías sanitarias como ferramenta de axuda na toma de decisións

A secretaria xeral da Consellería de Sanidade, Sagrario Pérez Castellanos, inaugurará mañá na Coruña a IX Reunión Científica da Asociación Española de Avaliación de Tecnoloxías Sanitarias.

O obxectivo deste noveno encontro é presentar a avaliación de tecnoloxías como un proceso activo e continuo, e que se presenta como unha ferramenta de axuda na toma de decisións e de promoción dun desenvolvemento racional das mesmas.

Estas xornadas están organizadas pola Asociación Española de Avaliación de Tecnoloxías Sanitarias e están realizadas coa colaboración da Axencia de Avaliación de Tecnoloxías Sanitarias de Galicia, avalia-t, da Consellería de Sanidade.

Profesionais de toda España
As xornadas, que durarán ata o venres, congregan na cidade da Coruña a un importante número de profesionais de toda España. Así, a conferencia inaugural corre a cargo da catedrática de Métodos Cuantitativos da Universidade Las Palmas de Gran Canaria, Beatriz González, que abordará “A avaliación de tecnoloxías e as tecnoloxías de avaliación. Entre a ciencia e a política”

No marco da programación destas xornadas tamén haberá cinco mesas redondas e celebraranse tres talleres de expertos, que propiciarán un espazo de debate multidisciplinar con diferentes visións sobre temas de interese para profesionais clínicos, avaliadores, e xestores públicos. A secretaria xeral da Consellería de Sanidade, Sagrario Pérez Castellanos, será a encargada de inaugurar mañá este foro que incidirá na importancia de avaliación de tecnoloxías sanitarias como ferramenta de axuda na toma de decisións

Avalia-t
La Axencia de Avaliación de Tecnoloxías Sanitarias de Galicia, avalia-t é nunha unidade que asesora á Consellería de Sanidade sobre a contribución das tecnoloxías sanitarias á mellora do nivel de saúde da cidadanía galega. É responsable de avaliar a información científica dispoñible sobre a eficacia, efectividade, seguridade e eficiencia das tecnoloxías sanitarias e de valorar o seu impacto sanitario, organizativo, económico e social.

Promóvese así que a introdución, difusión e utilización das tecnoloxías médicas se realice empregando criterios de eficacia e seguridade demostrados cientificamente, contribuíndo deste xeito a elevar o nivel de saúde da poboación. Todos os documentos editados pola axencia están accesibles, co seu texto completo, na súa páxina web http://avalia-t.sergas.es.