O Goberno galego aproba o decreto que regula a implantación e o desenvolvemento da administración electrónica

O Goberno galego aproba o decreto que regula a implantación e o desenvolvemento da administración electrónica

O Consello da Xunta aprobou hoxe o Decreto que establece o marco de desenvolvemento da Administración electrónica na Administración pública galega. O obxectivo é avanzar na mellora da calidade e da eficacia dos servizos ofrecidos e no impulso da Administración electrónica para unha maior eficiencia interna e nas relacións intra e interadministrativas.

A Xunta aproba o decreto que regula o desenvolvemento da Administración electrónica e que permitirá acadar unha administración sen papeis, máis transparente e aberta 24 horas ao día, 365 días ao ano

A Xunta aproba o decreto que regula o desenvolvemento da Administración electrónica e que permitirá acadar unha administración sen papeis, máis transparente e aberta 24 horas ao día, 365 días ao ano

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anunciou, este mediodía, na rolda de prensa do Consello, a aprobación do decreto que regula o desenvolvemento da Administración electrónica e que dará soporte normativo “a cada unha das accións que levaremos a cabo cun investimento de 26 millóns de euros ata 2013 para acadar unha Administración sen papeis, máis transparente e aberta 24 horas ao día e 365 días ao ano”. “Hoxe, -dixo- damos un paso máis para establecer a relación telemática a través de internet entre os cidadáns e a Administración autonómica”.

A delegada territorial explica a implantación da banda larga ante os representantes dos concellos nos que se iniciou a comercialización

A delegada territorial explica a implantación da banda larga ante os representantes dos concellos nos que se iniciou a comercialización

A delegada territorial da Xunta, Raquel Arias, deu conta do proceso de implantación da banda larga ante os alcaldes e representantes dos 22 concellos do sur lucense que se incorporaron a este servizo durante as últimas semanas.

A delegada propiciou o encontro entre os responsables municipais e os de Iberbanda, empresa encargada do despregamento, que detallaron as características básicas do servizo de acceso a internet que xa se presta na zona, baixo a marca Tngo.

O portal da Xunta habilita un novo sistema de notificacións de axudas e subvencións por correo electrónico e SMS

O portal da Xunta habilita un novo sistema de notificacións de axudas e subvencións por correo electrónico e SMS

O portal da Xunta de Galicia vén de incorporar un novo servizo que notifica as axudas e subvencións por correo electrónico e sms aos cidadáns. Seguindo uns sinxelos pasos o usuario poderá subscribirse de xeito gratuíto a toda a información publicada en materia de axudas e subvencións, podendo elixir o colectivo que máis se axuste ao seu perfil e as áreas temáticas que lle resulten de maior interese.

Función Pública unifica nun sistema electrónico a xestión dos recursos humanos para axilizar os 38.000 movementos anuais

Función Pública unifica nun sistema electrónico a xestión dos recursos humanos para axilizar os 38.000 movementos anuais

A Dirección Xeral da Función Pública, dependente da Consellería de Facenda, en coordinación coa Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, implantará a comezos do vindeiro ano un novo sistema electrónico que permitirá axilizar os 38.000 movementos anuais que conleva a xestión dos recursos humanos da Xunta de Galicia.

A Xunta presentará nunha xornada os resultados do programa de promoción do cooperativismo a través do I+D+i

A Xunta presentará nunha xornada os resultados do programa de promoción do cooperativismo a través do I+D+i

A Xunta presentará nunha xornada os resultados do programa de promoción do cooperativismo a través do I+D+i, que se desenvolveu durante este ano. As cooperativas beneficiáronse de actividades como a formación mixta (e-learning e presencial), creación de redes; asesoramento personalizado e tutorización.

A iniciativa, impulsada polas direccións xerais de Relacións Laborais e de I+D+i, permitiu que as cooperativas interesadas en executar as súas ideas innovadoras tivesen apoio na procura de socios tecnolóxicos axeitados e de fontes de financiamento.

Un total de 53 concellos galegos adheriranse este ano á Rede de aulas de acceso público ás novas tecnoloxías da Xunta

Un total de 53 concellos galegos adheriranse este ano á Rede de aulas de acceso público ás novas tecnoloxías da Xunta

Antes de que remate o ano un total de 53 concellos das catro provincias galegas formalizarán a súa adhesión á Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica (CeMit) que pon en marcha a Xunta para facilitar o acceso ás novas tecnoloxías de todos os galegos. A Rede, que iniciará a súa actividade o vindeiro ano, contará cun orzamento de 963.175 euros en 2011.

O proxecto europeo “Digital Local Agenda” valora o historial médico electrónico de Galicia como un exemplo de boas prácticas no ámbito tecnolóxico

O proxecto europeo “Digital Local Agenda” valora o historial médico electrónico de Galicia como un exemplo de boas prácticas no ámbito tecnolóxico

Un equipo de técnicos dos 9 países europeos que participan no proxecto INTERREG IV Digital Local Agenda vistarán Galicia o vindeiro mes de febreiro para coñecer a experiencia de implantación do Historial Médico Electrónico na Comunidade, tras elixir este procedemento como o mellor exemplo de boas prácticas entre un total de 37 iniciativas relacionadas coa sociedade da información.

Política Lingüística promove un concurso de presentacións electrónicas para felicitar o Nadal en galego

Política Lingüística promove un concurso de presentacións electrónicas para felicitar o Nadal en galego

Coa intención de favorecer o uso do galego nas mensaxes de felicitación de Nadal nos novos formatos e a través das tecnoloxías da información e da comunicación, a Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca un concurso de presentacións electrónicas de Nadal.

O conselleiro de Educación comproba os beneficios da ampliación da velocidade de conexión a internet en centros educativos de Ourense e Lugo

O conselleiro de Educación comproba os beneficios da ampliación da velocidade de conexión a internet en centros educativos de Ourense e Lugo

O conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, comprobou hoxe os beneficios que a ampliación da velocidade de conexión a internet que a Xunta de Galicia está a desenvolver ten no día a día dos centros de ensino. Así, o conselleiro visitou os IES As Lagoas, en Ourense, e Ánxel Fole, en Lugo, onde se vén de mellorar dita conexión pasando dos 10 aos 100 Mbps, co fin de acadar un uso máis produtivo das novas tecnoloxías da información e a comunicación (TIC) que se utilizan como recursos educativos nestes institutos.