Retegal inicia a construcción da primeira torre de telecomunicacións para extender a banda larga aos núcleos do rural pontevedrés
Abordaranse de xeito inmediato os traballos de instalación doutras 16 torres e a partir de setembro iniciarase unha segunda fase na que se acometerán 18 torres adicionais
O operador público investirá neste proxecto un total de 7,1 millóns ata finais de 2010
O operador público de telecomunicacións RETEGAL comeza hoxe os traballos de construción dunha nova torre de telecomunicacións no Concello pontevedrés de Meis. Esta actuación inscríbese no marco do Plan Director de Banda Larga da Secretaria Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica daXunta de Galicia e o Proxecto Repoblar da Deputación de Pontevedra para dotar de conexión á Internet aos núcleos rurais da provincia.
En virtude desta colaboración comezaranse de xeito inmediato os traballos de instalación doutras 16 torres similares nos concellos de Cerdedo, Oia, Cotovade, Forcarei, Mondariz, Barro, Dozón, Fornelo de Montes, Pontecaldelas, Vila de Cruces, Covelo, A Lama, Marín, Mos, Porriño e Salceda de Caselas. Nunha segunda fase a abordar a partir do mes de setembro acometeranse outras 18 torres adicionais.
Neste proxecto RETEGAL investirá na provincia de Pontevedra un total de 7,1 millóns ata finais de 2010 de cara a proporcionar a infraestrutura de telecomunicacións necesaria para que os operadores privados de telecomunicacións poidan proporcionar servizo de acceso a internet de banda larga aos cidadáns cuxa residencia se sitúa nas denominadas zonas brancas polas directivas europeas de telecomunicacións: zonas nas que non existe infraestrutura de banda ancha ou nas que non é probable que se desenvolva de inmediato.
O desenvolvemento desta rede completarase coa instalación de radioenlaces de alta capacidade e o tendido, na provincia de Pontevedra, de 175 quilómetros de fibra óptica que se sumarán á rede xa existente, e que para a totalidade do territorio galego alcanzará os 1.855,35 quilómetros no primeiro semestre de 2011.
Na actualidade as RETEGAL dispón na Comunidade Autonóma de 140 centros de telecomunicacións, aos que hai que sumar 270 microcentros. Adicionalmente a extensión actual da rede de fibra óptica alcanza os 1.054 quilómetros.
Sobre esta infraestrutura física constituirase durante 2010 unha rede de transmisión de alta capacidade mediante tecnoloxía de última xeración con velocidades de 10 GB.
Actuacións do Plan
O Plan de Banda Larga contempla o despregamento de redes fixas que permitirán garantir a dispoñibilidade e o acceso a banda larga nos núcleos con maior demanda desatendida nas zonas carentes deste servizo a través de redes de alta capacidade. Na provincia da Pontevedra o 80% da poboación contará con acceso a redes cableadas de banda larga no 2013.
Ademais, incentivarase o desenvolvemento de Redes de Nova Xeración (NGA´s), con velocidades de 100 Mbps que chegarán ao 40% da poboación desta provincia. A cobertura completarase a toda poboación a través do satélite. O denominador común destas actuacións é a prestación dun servizo de banda larga de calidade, con velocidades de acceso superiores a 2Mbps, chegando a 100Mbps no caso de redes de nova xeración.
O plan prevé tamén un investimento de 7 millóns de euros para potenciar o despregamento da rede do operador público Retegal que servirá de base para a execución do proxecto Repoblar da Deputación de Pontevedra e que se puxo onte en marcha co inicio dos traballos da primeira torre de telecomunicacións.
Repoblar