Máis de 2.600 escolares coruñeses terán candanseu ordenador ultraportátil o vindeiro curso grazas á implantación do Proxecto ABALAR na cidade e comarca
O delegado territorial da Xunta na Coruña, Diego Calvo, presentou aos directores dos centros de Coruña e comarca a estratexia de implantación das TIC no sistema educativo
O proxecto implantarase en 121 aulas de 45 centros educativos da área no ano académico 2010-2011
A Xunta de Galicia vai investir neste proxecto 2 millóns de euros en infraestruturas, equipamento informático e en formación para os docentes
O proxecto comezará a aplicarse nas clases de 5º de Primaria e 1º de ESO
Máis de 2.630 alumnas e alumnos da Coruña e a súa comarca terán en setembro cadanseu ordenador ultraportátil na aula, grazas á implantación do Proxecto ABALAR nos centros educativos da zona, que vai desenvolver a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
Así o manifestou o delegado territorial da Coruña, Diego Calvo, que presentou hoxe o Proxecto ABALAR para esta área, acompañado polo director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, José Luis Mira Lema; e a xefa territorial de Educación na Coruña, Teresa Villaverde.
A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria mantén un forte compromiso coa comarca coruñesa, tal e como explicou o delegado territorial. Deste xeito, o vindeiro curso ABALAR chegará a 121 aulas de 45 centros educativos desta área. Así, todas as clases de 5º de Primaria e 1º de ESO –etapas nas que se empezará a aplicar o proxecto- disporán, ademais dun ordenador ultraportátil por cada escolar, dun encerado dixital e un ordenador de sobremesa para o profesor.
“Estas actuacións suporán un investimento de 2.080.000 euros en equipamento informático, infraestruturas e formación do profesorado, que contribuirán, sen dúbida algunha, a mellorar de xeito significativo a calidade do ensino nos centros seleccionados”, destacou Diego Calvo.
Aposta por un cambio do modelo educativo
“A meta final que persegue ABALAR é un cambio integral no modelo educativo”, explicou Calvo. A estratexia de implantación das TIC no sistema educativo que está a desenvolver a Consellería de Educación, a través do Proxecto ABALAR vai supor a conversión de colexios e institutos en Centros Educativos Dixitais. Así o asegurou Diego Calvo, que fixo fincapé na oportunidade que supón o ABALAR para integrar as TIC e conseguir que sexan parte diaria da actividade en todas as aulas, aproveitando ao máximo os recursos didácticos dixitais aos que abre as portas.
No período 2010- 2013 está previsto que se beneficien da modernización do ensino uns 87.000 alumnos de 1.000 centros educativos de toda Galicia, ademais de 15.000 docentes, que recibirán formación específica para o uso das TIC na súa práctica diaria.
Implicación e participación
Nesta tarefa é fundamental a implicación das familias e de toda a comunidade educativa. Para favorecer esta participación, o proxecto disporá dun portal web propio, ‘espazoABALAR’, que será o referente dos servizos educativos en Galicia para toda a comunidade –profesorado, alumnado, familias, ANPAS...-.
Deste xeito, as familias poderán acceder en ‘espazoABALAR’ a un procedemento de comunicación directa e multicanle cos profesores e titores, de tal forma que poidan seguir de cerca o desenvolvemento académico dos seus fillos
No tocante ao alumnado, ‘espazoABALAR’ permitirá nun futuro novos mecanismos para traballar con estudantes que requiran unha atención especial e diferenciada. Deste xeito, posibilitará a educación a distancia, facilitando o acceso ao ensino a enfermos de longa duración hospitalizados ou nas súas vivendas, persoas con mobilidade reducida, e estudantes con necesidades específicas. Ademais, permitirá un amplo seguimento académico, e a interacción co profesor ou a dirección do seu centro, o que se traduce nun claro fomento da actitude colaborativa.
Por outra banda, o espazo destinado aos docentes na plataforma web de ABALAR facilitará a parte administrativa do seu traballo, simplificando procesos como a introdución de datos nos expedientes do alumnado, abrindo novas canles de comunicación cos alumnos, as familias, a dirección do centro e o resto do profesorado. Ademais, a web vai poñer ao seu dispor ferramentas como o ‘Caderno do Profesor’, ou 'Repositorio de Contidos Educativos Dixitais', unha ferramenta esta última que permitirá a xestión, difusión e emprego dos recursos educativos desenvolvidos pola comunidade educativa de Galicia para integrar as TIC.
Centros Proxecto ABALAR Coruña
|
NOME
|
LOCALIDADE
|
CONCELLO
|
|
CEIP de Oza dos Ríos
|
Oza (San Pedro)
|
Oza dos Ríos
|
|
CEIP de Tarrío
|
Culleredo (Santo Estevo)
|
Culleredo
|
|
CEIP Gonzalo Torrente Ballester
|
Sigrás (Santiago)
|
Cambre
|
|
CEIP Portofaro
|
O Temple (Santa María)
|
Cambre
|
|
CEIP Sal Lence
|
A Coruña
|
Coruña (A)
|
|
CEIP San Marcos
|
Abegondo (Santaia)
|
Abegondo
|
|
|
CEIP TOTAL |
6
|
|
|
|
|
|
CPI As Revoltas
|
Canduas (San Martiño)
|
Cabana de Bergantiños
|
|
CPI O Cruce
|
Cerceda (San Martiño)
|
Cerceda
|
|
CPI Vicente Otero Valcárcel
|
Paleo (Santo Estevo)
|
Carral
|
|
|
|
3
|
|
|
|
|
|
CPR Andaina
|
Culleredo (Santo Estevo)
|
Culleredo
|
|
CPR Calasancias
|
A Coruña
|
Coruña (A)
|
|
CPR Calasanz - PP Escolapios
|
A Coruña
|
Coruña (A)
|
|
CPR Compañía de María
|
A Coruña
|
Coruña (A)
|
|
CPR Cristo Rey
|
A Coruña
|
Coruña (A)
|
|
CPR Hijas de Cristo Rey
|
Oleiros (Santa María)
|
Oleiros
|
|
CPR Hijas de Jesús
|
A Coruña
|
Coruña (A)
|
|
CPR Karbo
|
A Coruña
|
Coruña (A)
|
|
CPR La Grande Obra de Atocha |
A Coruña
|
Coruña (A)
|
|
CPR Liceo La Paz |
A Coruña
|
Coruña (A)
|
|
CPR Montespiño
|
Rutis (Santa María)
|
Culleredo
|
|
CPR Ntra.Sra. del Carmen
|
Fisterra (Santa María)
|
Fisterra
|
|
CPR Peñarredonda
|
Elviña (San Vicenzo)
|
Coruña (A)
|
|
CPR Rias Altas
|
Culleredo (Santo Estevo)
|
Culleredo
|
|
CPR Salesiano San Juan Bosco
|
A Coruña
|
Coruña (A)
|
|
CPR Santa María del Mar
|
A Coruña
|
Coruña (A)
|
|
|
|
16
|
|
|
|
|
|
EFAG Fonteboa
|
Coristanco (San Paio)
|
Coristanco
|
|
|
|
1
|
|
|
|
|
|
IES Agra de Raíces
|
Cee (Santa María)
|
Cee
|
|
IES As Mariñas
|
Betanzos
|
Betanzos
|
|
IES de Curtis
|
Curtis (Santaia)
|
Curtis
|
|
IES de Mosteirón
|
Mosteirón (San Nicolao)
|
Sada
|
|
IES de Viós
|
Viós (San Salvador)
|
Abegondo
|
|
IES Elviña
|
A Coruña
|
Coruña (A)
|
|
IES Fin do Camiño
|
Fisterra (Santa María)
|
Fisterra
|
|
IES Francisco Aguiar
|
Betanzos
|
Betanzos
|
|
IES Isaac Díaz Pardo
|
Sada (Santa María)
|
Sada
|
|
IES Isidro Parga Pondal
|
Carballo (San Xoán)
|
Carballo
|
|
IES Manuel Murguía
|
Arteixo (Santiago)
|
Arteixo
|
|
IES María Casares
|
Oleiros (Santa María)
|
Oleiros
|
|
IES Maximino Romero de Lema
|
Baio (Santa María)
|
Zas
|
|
IES Monte das Moas
|
A Coruña
|
Coruña (A)
|
|
IES Paseo das Pontes
|
A Coruña
|
Coruña (A)
|
|
IES Ramón Caamaño
|
Muxía (Santa María)
|
Muxía
|
|
IES Ramón Otero Pedrayo
|
A Coruña
|
Coruña (A)
|
|
IES Salvador de Madariaga
|
A Coruña
|
Coruña (A)
|
|
IES Urbano Lugrís
|
Vilanova De Santiso (San Tirso)
|
Malpica de Bergantiños
|
|
|
|
19
|
|
|
|
|
|
|
TOTAL CENTROS
|
45
|