Economía e Industria traballa na elaboración dunha normativa para facilitar o desenvolvemento de proxectos experimentais no eido das enerxías renovables

Economía e Industria traballa na elaboración dunha normativa para facilitar o desenvolvemento de proxectos experimentais no eido das enerxías renovables

O conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, anunciou hoxe que a Xunta de Galicia está a traballar na elaboración dunha normativa de carácter territorial, encamiñada a regular todos os proxectos experimentais no eido da enerxía e a utilización dos mesmos na xeración de electricidade, a través da utilización de fontes renovables, como o mar.

A Consellería de Educación dotará 35 centros educativos de Pontevedra de 1.667 ordenadores ultraportátiles para o desenvolvemento do proxecto Abalar o vindeiro curso

A Consellería de Educación dotará 35 centros educativos de Pontevedra de 1.667 ordenadores ultraportátiles para o desenvolvemento do proxecto Abalar o vindeiro curso

Case 1.700 alumnas e alumnos de 35 centros da provincia de Pontevedra terán en setembro cadanseu ordenador ultraportátil na aula, grazas á implantación do Proxecto ABALAR nos centros educativos da zona, que vai desenvolver a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Máis de duascentas persoas participarán mañá en Santiago no I Foro galego de Cloud

Máis de duascentas persoas participarán mañá en Santiago no I Foro galego de Cloud

Máis de duascentas persoas xa se teñen inscrito para participa mañá no I Foro Galego de Cloud, que ten como obxectivo poñer sobre a mesa puntos de vista e novidades sobre a virtualización e a computación en nube, co fin de establecer un diálogo neste sentido entre Goberno, Administracións públicas, tecido empresarial, líderes de opinión e fabricantes de software e hardware.

Sanidade aposta por mellorar a eficacia da asistencia sanitaria coa implantación da receita electrónica, da telemediciña, e das vías rápidas

Sanidade aposta por mellorar a eficacia da asistencia sanitaria coa implantación da receita electrónica, da telemediciña, e das vías rápidas

A Consellería de Sanidade e o Servizo Galego de Saúde teñen feita unha aposta decidida por situar ao paciente como eixe do sistema, ofrecéndolle unha resposta asistencial axeitada en tempo e forma, e diminuíndo os trámites e a burocracia. As actuacións da administración sanitaria galega céntranse no obxectivo fundamental de mellorar a capacidade resolutiva, en especial no primeiro nivel asistencial que é a porta de entrada dos pacientes.

A Xunta considera o Cloud Computing unha ferramenta que modificará o ámbito tradicional do sector de servizos tecnolóxicos

A Xunta considera o Cloud Computing unha ferramenta que modificará o ámbito tradicional do sector de servizos tecnolóxicos

A secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, Mar Pereira, e a directora xeral de Formación e Colocación, Ana Díaz, inauguraron esta mañá o I Foro Galego Cloud Computing que se celebra hoxe no Centro de Novas Tecnoloxías da Consellería de Traballo e Benestar.

Economía e Industria abre el plazo para que las pymes gallegas soliciten gestores de innovación de la red XIGA

Economía e Industria abre el plazo para que las pymes gallegas soliciten gestores de innovación de la red XIGA

El consejero de Economía e Industria, Javier Guerra, anunció esta mañana la apertura de la convocatoria para que las pymes gallegas y los profesionales interesados en formar parte de la nueva Red de Gestores de Innovación de Galicia (XIGA) presenten sus candidaturas. El plazo de formalización de solicitudes estará abierto hasta el 24 de junio, con toda la información y los formularios disponibles en la plataforma www.redexiga.es.

A Xunta de Galicia e a Deputación de Pontevedra colaboran na extensión da banda larga na provincia

A Xunta de Galicia e a Deputación de Pontevedra colaboran na extensión da banda larga na provincia

A Xunta de Galicia, a través do Plan de Banda Larga 2010-2013 e a Deputación de Pontevedra mediante o proxecto Repoblar posibilitarán que os habitantes da provincia de Pontevedra teñan acceso á Internet de calidade. Así llo trasladaron hoxe aos alcaldes da provincia a secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, Mar Pereira, e o presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán durante a presentación destas iniciativas. Un acto que contou coa presenza dos delegados provinciais de Pontevedra e Vigo, José Manuel Cores e Lucía Molares.

Francisco López aposta por “enlazar as novas e as vellas tecnoloxías para o desenvolvemento das industrias culturais”

Francisco López aposta por “enlazar as novas e as vellas tecnoloxías para o desenvolvemento das industrias culturais”

O director xeral de Promoción e Difusión da Cultura, Francisco López, presidiu hoxe á presentación da Plataforma de Contidos Dixitais Meubook, a que cualificou como unha iniciativa empresarial que “aposta por enlazar as novas e as vellas tecnoloxías, a longa historia do libro e da cultura impresa co novo mundo recén descuberto do dixital”. Neste liña, o director xeral destacou que o desenvolvemento da industria cultural é “un obxectivo fundamental da nosa política, e a súa adaptación e modernización é un requisito de continuidade”.

A conselleira de Sanidade destaca o importante avance que supón a incorporación da historia clínica electrónica nas unidades de saúde bucodental

A conselleira de Sanidade destaca o importante avance que supón a incorporación da historia clínica electrónica nas unidades de saúde bucodental

A conselleira de Sanidade, Pilar Farjas Abadía, presidiu hoxe a sesión plenaria da reunión de Consellos de Dentistas de Europa, destacando o avance que supón a incorporación da historia clínica electrónica nas unidades de Saúde Bucodental. “A día de hoxe contamos con 85 destas unidades”, dixo a titular da carteira sanitaria, e que se atopan ubicadas nos centros de saúde, dándose cobertura por medio delas á poboación da nosa Comunidade.

A Secretaría Xeral de Modernización reuniuse hoxe cos axentes implicados no sector tecnolóxico para definir as políticas de innovación no ámbito TIC

A Secretaría Xeral de Modernización reuniuse hoxe cos axentes implicados no sector tecnolóxico para definir as políticas de innovación no ámbito TIC

A secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, Mar Pereira, reuniuse hoxe cos axentes implicados no sector das novas tecnoloxías de Galicia para definir as políticas de fomento da innovación TIC. Estas actuacións constitúen un dos apartados do Plan Estratéxico Tecnolóxico Global que o departamento autonómico presentará no mes de xuño.