Máis dun centenar de nenos do Colexio Salesianos de Vigo visitaron hoxe a exposición permanente Galiciadixital vestidos de peregrinos

Máis dun centenar de nenos do Colexio Salesianos de Vigo visitaron hoxe a exposición permanente Galiciadixital vestidos de peregrinos

Un total de 105 nenos de tres e catro anos do Colexio Salesianos María Auxiliadora de Vigo visitaron hoxe, vestidos de peregrinos, a exposición permanente Galiciadixital, da Secretaría Xeral de Medios, que ten a súa sede no Mosteiro de San Martiño Pinario, en Santiago.

O 70% dos enxeñeiros informáticos galegos atopan ao seu primeiro emprego nos tres meses posteriores ao remate da carreria

O 70% dos enxeñeiros informáticos galegos atopan ao seu primeiro emprego nos tres meses posteriores ao remate da carreria

A Secretaria Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, presentou hoxe un estudo sobre a “A Situación Laboral nas Enxeñarías en Informática en Informática de Galicia” que analiza os resultados dunha enquisa realizada entre 551 persoas tituladas en Enxeñaría Informática e Enxeñaría Técnica Informática nas Universidades de Galicia, expoñendo aspectos da súa formación e inserción laboral, a mobilidade, o grao de satisfacción persoal coa profesión e as súas expectativas profesionais.

A Agadic convoca as axudas para a promoción da nova creación audiovisual galega por un importe de 300.000 euros

A Agadic convoca as axudas para a promoción da nova creación audiovisual galega por un importe de 300.000 euros

A Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) da Consellería de Cultura e Turismo destina este ano 300.000 euros ao desenvolvemento e promoción do talento audiovisual galego a través da súa convocatoria de axudas de creación audiovisual, publicada hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG). O obxectivo destas subvencións, para as que se abre ata o 24 de maio o prazo de presentación de solicitudes, é favorecer a emerxencia de novos creadores así como de proxectos enmarcados nas novas estéticas narrativas ou experimentais.

Galicia aposta pola modernización das súas infraestruturas sanitarias como eixo da mellora da sanidade pública e motor de creación de emprego

Galicia aposta pola modernización das súas infraestruturas sanitarias como eixo da mellora da sanidade pública e motor de creación de emprego

A conselleira de Sanidade, Pilar Farjas Abadía, explicou hoxe na capital de España, no marco do Encontro Anual de Infraestruturas Hospitalarias, as actuacións previstas polo seu departamento para modernizar os hospitais e centros de saúde da rede sanitaria pública galega.

O Goberno galego dedica o 34 por cento do orzamento da Xunta ao sistema sanitario. En consecuencia quere, dixo Pilar Farjas, uns servizos sanitarios que permitan dar resposta ás necesidades da poboación, garantindo a sostenibilidade do sistema así como o seu carácter público.

O director xeral de I+D+i da Consellería de Economía e Industria afirma que “a empresa que non innove está condeada a morrer”

O director xeral de I+D+i da Consellería de Economía e Industria afirma que “a empresa que non innove está condeada a morrer”

O I Encontro Bilateral entre Empresas de Galicia e o Norte de Portugal organizado por Tecnópole –Parque Tecnolóxico de Galicia- puxo hoxe en contacto en Ourense a 51 representantes de 28 empresas, centros tecnolóxicos e asociacións empresariais da Eurorrexión interesados en establecer alianzas para emprender proxectos de innovación transfronteirizos.

A Xunta investirá máis de 67 millóns de euros na provincia da Coruña para que o 100% dos seus habitantes teñan acceso á internet de calidade no 2013

A Xunta investirá máis de 67 millóns de euros na provincia da Coruña para que o 100% dos seus habitantes teñan acceso á internet de calidade no 2013

O 95,63% dos habitantes da provincia da Coruña terán acceso a un servizo de Internet de calidade no 2013 grazas ao Plan de Banda Larga 2010-2013 da Xunta de Galicia, un avance importante respecto ao 75,63% da poboación que ten cobertura actualmente. Así o destacou a secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, Mar Pereira, durante a presentación das liñas do Plan aos alcaldes da provincia coruñesa, onde fixo fincapé na importancia de manter a colaboración entre todos os axentes implicados nesta iniciativa de marcado carácter transversal.

O DOG publica hoxe as convocatorias de axudas para empresas do sector TIC por un importe de 8 millóns de euros

O DOG publica hoxe as convocatorias de axudas para empresas do sector TIC por un importe de 8 millóns de euros

A Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica aprobou dúas convocatorias de axuda destinadas ao sector empresarial TIC por un importe de preto de 8 millóns de euros. Así se recolle en dúas resolucións que se publican hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) orientadas ao apoio do sector TIC e da empresa dixital.

A Secretaría Xeral de Modernización colabora coa Universidade de Vigo na implantación do voto electrónico

A Secretaría Xeral de Modernización colabora coa Universidade de Vigo na implantación do voto electrónico

A primeira experiencia de voto electrónico na Universidade de Vigo desenvolverase o vindeiro 20 de maio no proceso de elección de consellos que terán lugar nalgúns departamentos. En total son catro os departamentos que optaron pola modalidade electrónica nos que preto de 4000 persoas poderán exercer o seu dereito a voto para o que deberán dispor dun sistema de usuario/contrasinal ou PIN que lles proporcionará a Universidade, así como doutro tipo de certificado dixital.

A Xunta e a FEGAMP colaboran na extensión da rede CeMIT por toda a comunidade

A Xunta e a FEGAMP colaboran na extensión da rede CeMIT por toda a comunidade

A Secretaría Xeral de Modernización e a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) colaborarán para que a Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica (CeMIT) estea presente na maioría dos concellos galegos cun modelo de xestión máis sostible e con capacidade para estenderse a máis concellos. Actualmente, son 94 os municipios que dispoñen dalgunha destas aulas públicas de acceso a Internet da Comunidade Autónoma.

A Xunta aforrará un 37% no pago de licenzas a Microsoft ao unificar os contratos de todos os departamentos autonómicos

A Xunta aforrará un 37% no pago de licenzas a Microsoft ao unificar os contratos de todos os departamentos autonómicos

A Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica unificará os contratos con Microsoft, aforrando un 37% no pago de licenzas a esta empresa. Ademais, o novo modelo contractual permitirá reducir un 18% os prezos fronte á situación anterior na que cada consellería realizaba os concursos por separado. Así se recolle no anuncio previo que se publica hoxe no Doue (Diario Oficial da Unión Europea). Posteriormente, a contratación destas licenzas realizarase mediante concurso público.