O luns celebrarase o primeiro pleno do Observatorio da Sociedade da Información e Modernización de Galicia (OSIMGA)
O luns celebrarase o primeiro pleno do Observatorio da Sociedade da Información e Modernización de Galicia (OSIMGA)
O vindeiro luns, 22 de marzo, celebrarase o primeiro pleno do Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia (OSIMGA), Esta nova entidade é o resultado da integración do Observatorio Galego da Sociedade da Información co Observatorio da Calidade e da eAdministración de Galicia, que atendían ámbitos cada vez máis próximos, facendo necesaria unha actuación máis eficiente que evitase a superposición de ambas as actuacións.