A Xunta demanda ao Ministerio de Industria que garanta as conexións de banda larga cunha velocidade mínima de 1 mega e que o servizo de información telefónico estea dispoñible tamén en lingua galega

A Xunta demanda ao Ministerio de Industria que garanta as conexións de banda larga cunha velocidade mínima de 1 mega e que o servizo de información telefónico estea dispoñible tamén en lingua galega

A Xunta de Galicia demándalle ao Ministerio de Industria, Turismo e Comercio que garanta as conexións de banda larga cunha velocidade mínima de 1 megabit dentro do Servizo Universal de Telecomunicacións e que o servizo de telefónico de información estea dispoñible nas linguas cooficiais do Estado, polo tanto, tamén en lingua galega. O Goberno autonómico resposta así á consulta pública feita polo Ministerio sobre o alcance do Servizo Universal de Telecomunicacións na que solicitaba o posicionamento nesta materia de todos os sectores implicados.

A Xunta presenta o primeiro dicionario enciclopédico en lingua galega sobre as tecnoloxías da información e comunicación

A Xunta presenta o primeiro dicionario enciclopédico en lingua galega sobre as tecnoloxías da información e comunicación

A lingua galega conta xa co primeiro dicionario enciclopédico sobre novas tecnoloxías. O secretario xeral de Medios, Alfonso Cabaleiro, o secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, e o subdirector xeral  de Desenvolvemento da Sociedade da Información, Cristóbal Varela, participaron esta mañá na presentación do Dicionario galego das TIC ou Digatic, un traballo que pretende divulgar a terminoloxía das novas tecnoloxías en lingua galega e ser, ademais, unha ferramenta pedagóxica para o seu uso e difusión no ensino e entre a cidadanía en xeral.

Xornada de presentación do CCN-CERT en Galicia

Xornada de presentación do CCN-CERT en Galicia

O Centro Criptolóxico Nacional (CCN), dependente do Centro Nacional de Intelixencia (CNI), e o Equipo de Resposta a Incidentes de Seguridade da Información para as Administracións Públicas (CCN-CERT), en colaboración coa Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica da Xunta de Galicia, celebrará unha xornada este xoves de presentación do CCN-CERT en Galicia.

Dita xornada está dirixida aos responsables e técnicos da área de seguridade e novas tecnoloxías das distintas administracións con presenza en Galicia (xeral, autonómica e local).

Máis de dúas mil cincocentas persoas visitaron a exposición itinerante Galiciadixital no centro sociocomunitario do Calvario de Vigo

Máis de dúas mil cincocentas persoas visitaron a exposición itinerante Galiciadixital no centro sociocomunitario do Calvario de Vigo

A exposición itinerante interactiva da Secretaría Xeral de Medios, Galiciadixital, que acolleu o centro sociocomunitario do Calvario dende o 9 de decembro, pechou onte as súas portas cun total de 2.515 visitas. A mostra, que segue co obxectivo de achegar as novas tecnoloxías aos máis maiores, viaxa agora a Ferrol onde se poderá visitar na Residencia da Terceira Idade do 22 ao 27 deste mes.

Economía e Industria promove a formación e contratación de 50 xestores de innovación en pemes para aumentar a competitividade da economía galega

Economía e Industria promove a formación e contratación de 50 xestores de innovación en pemes para aumentar a competitividade da economía galega

O conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra Fernández, e o director xeral de I+D+i, Ricardo Capilla Pueyo, presentaron hoxe en Santiago o proxecto de creación da Rede de Xestores de Innovación de Galicia (XIGA), pioneiro en España. Esta rede será o resultado dun programa piloto de formación de técnicos especialistas en materia de I+D+i e a súa incorporación a 50 pemes galegas.

Entrega dos premios Eganet 2009

Entrega dos premios Eganet 2009

A Asociación de Empresas Galegas Adicadas a Internet e as Novas Tecnoloxías (Eganet) convocou onte, por sexto ano consecutivo, os Premios Eganet, co obxecto de recoñecer o labor de profesionais e empresas galegas que traballan con tesón no desenvolvemento do sector TIC en Galicia.

A Xunta colabora co Centro Criptológico Nacional para avanzar na seguridade e a eliminación de riscos no transvase de información a través da administración electrónica

A Xunta colabora co Centro Criptológico Nacional para avanzar na seguridade e a eliminación de riscos no transvase de información a través da administración electrónica

A Xunta de Galicia, a través do subdirector xeral de Calidade, Interoperabilidade e Seguridade, Xaime Barros, insistiu hoxe, durante o acto de presentación do Servicio de Respuesta ante Incidentes de Seguridad de la Información para las Administraciones Públicas do Centro Criptológico Nacional, na importancia de traballar na seguridade e na eliminación de riscos no transvase de información a través da Administración electrónica.

A secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica garante “o compromiso e a aposta decidida da Xunta por abrir espazo ao talento galego”

A secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica garante “o compromiso e a aposta decidida da Xunta por abrir espazo ao talento galego”

A secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, Mar Pereira, garantiu, durante a presentación, este mediodía, da terceira edición do libro ‘Sistemas de información: Herramientas prácticas para la gestión’, “o compromiso e a aposta decidida do Executivo autonómico por abrir espazo ao talento galego”.

Ferrol acolle a exposición itinerante da Secretaría Xeral de Medios, Galiciadixital

Ferrol acolle a exposición itinerante da Secretaría Xeral de Medios, Galiciadixital

O vindeiro martes 22 de decembro inaugúrase na Residencia Mixta de Maiores (R/ Pardo Bazán, s/n. Pol. de Caranza - Ferrol) a exposicición itinerante Galiciadixital, organizada pola Secretaría Xeral de Medios, en colaboración coa Secretaría Xeral de Familia e Benestar.

O delegado territorial da Xunta de Galicia na Coruña, Diego Calvo, inaugurará a exposición ás 11.00 horas. O delegado estará acompañado polo subdirector xeral de Promoción da Autonomía Persoal, Modesto Rouco, ademáis doutras autoridades e colectivos locais.

A exposición itinerante 'Galiciadixital' achega unha vez máis as novas tecnoloxías aos maiores e propón en Ferrol unha viaxe interactiva pola comunidade

A exposición itinerante 'Galiciadixital' achega unha vez máis as novas tecnoloxías aos maiores e propón en Ferrol unha viaxe interactiva pola comunidade

A Secretaría Xeral de Medios achega unha vez máis as novas tecnoloxías aos maiores a través da exposición itinerante Galiciadixital, que permanecerá aberta na Residencia Mixta de Maiores de Caranza, en Ferrol, ata o vindeiro 27 de decembro. A mostra, organizada pola Secretaría Xeral de Medios, en colaboración coa Secretaría Xeral de Familia e Benestar, poderá visitarse gratuitamente en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas, agás o venres 25, que permanecerá pechada.