As tres primeiras ferramentas dispoñibles do Proxecto Nós posibilitarán a interacción en galego entre os usuarios e os dispositivos tecnolóxicos

As tres primeiras ferramentas dispoñibles do Proxecto Nós posibilitarán a interacción en galego entre os usuarios e os dispositivos tecnolóxicos


O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, participou esta mañá na presentación das primeiras ferramentas resultantes do Proxecto Nós, a iniciativa que traballa en incorporar o galego ás novas linguaxes dixitais. Trátase de tres aplicacións sen precedente en Galicia que permitirán a interacción en lingua galega entre as persoas usuarias e os dispositivos tecnolóxicos.

A Xunta destaca a crecente demanda de perfís especializados en ciberseguridade e a necesidade de xerar e reter talento neste ámbito

A Xunta destaca a crecente demanda de perfís especializados en ciberseguridade e a necesidade de xerar e reter talento neste ámbito

 

O director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Julián Cerviño, sinalou hoxe que Galicia precisa talento especializado en ciberseguridade para continuar afrontando os retos da dixitalización. O responsable autonómico inaugurou esta mañá a xornada Ciberseguridade en Galicia: perspectiva e visión de futuro na Escola Superior de Enxeñaría Informática (ESEI) en Ourense, animando aos alumnos a explorar as oportunidades laborais que ofrece esta tecnoloxía.

O Observatorio da Sociedade da Información analizará o nivel de dixitalización das persoas maiores e o uso do galego nas TIC

O Observatorio da Sociedade da Información analizará o nivel de dixitalización das persoas maiores e o uso do galego nas TIC


O Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia (OSIMGA) celebrou esta semana o seu pleno anual, onde se deu a coñecer o plan de traballo para esta anualidade, que inclúe dous novos estudos sobre a dixitalización das persoas maiores e uso do galego no eido dixital.

A Xunta pon en marcha obradoiros de verán co obxectivo de incentivar vocacións tecno-científicas entre as nenas

A Xunta pon en marcha obradoiros de verán co obxectivo de incentivar vocacións tecno-científicas entre as nenas


A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia promove durante o verán un novo ciclo de obradoiros Girl STEAM en colaboración co Colexio Profesional de Enxeñería Técnica en Informática de Galicia (CPETIG), co obxectivo de dar visibilidade ao rol da muller no eido tecnolóxico e fomentar a presenza das mulleres nas carreiras STEAM.

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica e Cruz Vermella achegan a tecnoloxía ás persoas maiores con talleres itinerantes

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica e Cruz Vermella achegan a tecnoloxía ás persoas maiores con talleres itinerantes


O vindeiro 13 de xullo arranca unha nova edición de “Enredando Tour”, una iniciativa da Cruz Vermella en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, para  reducir a fenda dixital entre os maiores. Ata o mes de setembro “Enredando Tour” percorrerá un total de 20 localidades galegas cun programa formativo itinerante.

A Xunta e o Colexio de Enxeñaría en Informática de Galicia inician un ciclo de obradoiros para formar á cidadanía no uso de material tecnolóxico innovador

A Xunta e o Colexio de Enxeñaría en Informática de Galicia inician un ciclo de obradoiros para formar á cidadanía no uso de material tecnolóxico innovador


A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) inician esta semana un ciclo de 18 obradoiros para formar á cidadanía no uso de equipamento innovador co que se ten dotado á Rede CeMIT. Os participantes nestas xornadas aprenderán a manexar dispositivos como impresoras 3D, drons, lentes de realidade virtual ou kits de programación e comunicación como Arduino e Raspberry Pi.

PR604A

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia puxo en marcha no ano 2017 unha liña de subvencións dentro do  Plan de Banda Larga 2020 , destinada a dotar de servizos de banda larga ultrarrápida de cando menos 30 Mbps a empresas situadas en zonas illadas do rural sen cobertura actual de redes de banda larga para estes servizos.

PR605A

O Consello da Xunta de Galicia autorizou o 22 de marzo de 2018 a concesión a Telefónica de España S.A. da terceira liña de subvencións do Plan de Banda Larga 2020, destinada a despregar redes ultrarrápidas en entidades de poboación de menos de 300 habitantes que non contan con cobertura nin previsión de dispoñer deste servizo.

O 23 de marzo de 2018, a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia ditou resolución de concesión de subvención, nos termos autorizados polo Consello da Xunta de Galicia, por unha contía de 14.200.000 euros no período 2018-2020.

Estratexia Galega de Intelixencia Artificial 2030. Cara a unha Galicia Intelixente

A Estratexia Galega de Intelixencia Artificial 2021-2030 (EGIA) ten o obxectivo de converter a Galicia nunha rexión intelixente que contribúa á soberania dixital da Unión Europea. A estratexia despregará en Galicia unha intelixencia artificial de vangarda, ética, segura e centrada nas persoas. Coordenada pola Amtega, mobilizará máis de 330 millóns de euros públicos da Xunta de Galicia no periodo 2021-2030, xerará un impacto na creación de riqueza duns 472 millóns de euros nese período. O documento articúlase en torno a 4 eixos prioritarios e 15 medidas con actuacións concretas.