Apagados analóxicos que se van producir o xoves, día 21 e o luns, 25 de xaneiro

Apagados analóxicos que se van producir o xoves, día 21 e o luns, 25 de xaneiro

A Secretaría Xeral de Medios informa de que os apagados que terán lugar mañá, xoves, día 21 de xaneiro, se producirán nos centros analóxicos de Arzúa, Touro e Val do Dubra, pertencentes á área técnica de Santiago, e de Cedeira, Esmelle, Feas, Mandía, Muras II, San Sadurniño, San Andrés de Teixido, Sta. Mariña de Narahio, Vicedo e Vilasanche, pertencentes á área técnica de Ares. Estes apagados implicarán de xeito total ou parcial aos concellos de Arzúa, Melide, Touro, Val do Dubra, Cedeira, Mañón, San Sadurniño, Moeche, zonas de Ferrol e aos concellos lucenses de O Vicedo e Muras.

A Xunta fai posible a conexión a internet de banda larga en dous novos polígonos industriais a través da rede WIMAX

A Xunta fai posible a conexión a internet de banda larga en dous novos polígonos industriais a través da rede WIMAX

A Xunta de Galicia fará posible, a partir do vindeiro luns 25, a conexión a Internet de banda larga en dous novos polígonos industriais da Comunidade a través do proxecto WIMAX. Cos parques empresariais de Espiñeiro, en Boiro, e de Mirallos, en Moraña, serán xa 25 os polígonos que se benefician desta iniciativa posta en marcha polo Goberno galego para suplir as carencias de acceso a internet nestes emprazamentos.

O Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia convértese no primeiro centro público de Galicia en asociarse co Linux Professional Institute

O Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia convértese no primeiro centro público de Galicia en asociarse co Linux Professional Institute

O Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG) vén de converterse no primeiro centro público de Galicia en asociarse co Linux Professional Institute (LPI). Ademais, isto supón tamén que o CNTG é o segundo centro público asociado AAP (Asociated academic partner) do LPI en España.

Deste xeito, o CNTG, dependente da Consellería de Traballo e Benestar, funcionará como un centro formativo asociado ao LPI, unha organización sen ánimo de lucro dedicada a certificación de profesionais de Linux.

A Xunta colabora nun proxecto tecnolóxico para facilitar a implicación das persoas con diversidade funcional no Camiño de Santiago

A Xunta colabora nun proxecto tecnolóxico para facilitar a implicación das persoas con diversidade funcional no Camiño de Santiago

A Xunta de Galicia, a través das secretarías xerais de Modernización e Innovación Tecnolóxica, de Familia e Benestar, e da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, colaborará no proxecto O Camiño dos Satélites que, promovido pola Fundación Tecnología Social, busca facer accesible a ruta xacobea as persoas con diversidade funcional.

A Xunta está a deseñar un Plan estratéxico de acción para impulsar a implantación e a difusión do software libre na Comunidade

A Xunta está a deseñar un Plan estratéxico de acción para impulsar a implantación e a difusión do software libre na Comunidade

A Xunta de Galicia está a traballar no deseño dun Plan de acción destinado a impulsar a implantación do software libre desde a Administración autonómica e a difundir e impulsar o seu uso entre o conxunto da cidadanía. Este proxecto está dirixido e xestionado pola Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia, que centraliza todas as iniciativas públicas relacionadas co fomento e a promoción do software libre, de acordo coas estratexias marcadas pola Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica (SXMIT).

A enquisa de novas tecnoloxías do IGE constata que un terzo dos fogares galegos contaban con conexión a internet no ano 2008

A enquisa de novas tecnoloxías do IGE constata que un terzo dos fogares galegos contaban con conexión a internet no ano 2008

O director xeral do Instituto Galego de Estatística (IGE), José Antonio Campo Andión, presentou onte os resultados da Enquisa de Novas Tecnoloxías 2008 que constata que un terzo dos fogares galegos (332.378 fogares) contaban con conexión a Internet no ano 2008. Ademais, segundo esta enquisa enmarcada dentro da ‘Enquisa de condicións de vida das familias”, o uso de Internet no fogar incrementouse case catro décimas con respecto ao 2007, ao pasar do 28,8% ao 32,5% no 2008.

Feijóo salienta que o Plan estratéxico tecnolóxico global da Xunta terminará coas “illas tecnolóxicas” por consellerías, e propiciará unha administración máis eficaz para os cidadáns, as empresas e os traballadores públicos

O presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, salientou hoxe que o Plan estratéxico tecnolóxico global da Xunta terminará coas “illas tecnolóxicas” por consellerías. “Será un plan para toda a Xunta; no que todos os departamentos responderán a unha única supervisión e terán que respostar aos mesmos criterios de compra e mantemento dos programas informáticos”, explicou o mandatario autonómico, quen asegurou que este era obxectivo da creación da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, dependente da Presidencia da Xunta.

Un millón e medio de galegos xa teñen desde hoxe exclusivamente a TDT

Un millón e medio de galegos xa teñen desde hoxe exclusivamente a TDT

Á espera de recibir máis datos ao longo dos vindeiros días, o apagado analóxico deste luns transcorreu con normalidade e sen rexistrar grandes incidencias. Nesta xornada, catro das grandes cidades, Coruña, Ferrol, Santiago e Ourense, dixitalizáronse, ao igual que outros grandes núcleos de poboación como Narón ou o concello pontevedrés de Vilagarcía de Arousa. Os ceses de hoxe producíronse en centros emisores principais como o do Pedroso (en Santiago), o de Meda (en Ourense) ou o de Bailadora (en Ares).

O secretario xeral de Medios cualifica a implantación da TDT de cambio tecnolóxico histórico que ten como protagonistas aos cidadáns e ao sector das telecomunicacións

O secretario xeral de Medios cualifica a implantación da TDT de cambio tecnolóxico histórico que ten como protagonistas aos cidadáns e ao sector das telecomunicacións

O secretario xeral de Medios, Alfonso Cabaleiro, falou esta mañá, durante a comparecencia parlamentaria solicitada a petición propia, de normalidade no proceso de implantación da TDT en Galicia, que se está a desenvolver desde o pasado 18 de xaneiro e que na xornada de onte remataba as fases I e II, achegando a televisión dixital a máis de 1.500.000 galegos de 203 concellos.