A Xunta distribúe entre todas as empresas do sector TIC recomendacións en materia de infraestruturas para a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico

A Xunta distribúe entre todas as empresas do sector TIC recomendacións en materia de infraestruturas para a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico

A Xunta, a través da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación tecnolóxica, remitiulles hoxe a todas as empresas do sector TIC galego a Guía de Recomendacións en materia de infraestruturas para a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico.

Mar Pereira resalta en Madrid o papel das TIC como eixo vertebrador da sociedade galega

Mar Pereira resalta en Madrid o papel das TIC como eixo vertebrador da sociedade galega

A secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, Mar Pereira, aproveitou a súa participación no foro Novas estratexias das Administracións nos servizos públicos en tempos de crise para resaltar o papel das Tecnoloxías da Información e da Comunicación (TIC) como eixo vertebrador da sociedade galega. Nesta liña, Pereira destacou a aposta do Goberno galego coa creación da propia Secretaría Xeral de Modernización que, en dependencia directa coa presidencia da Xunta, constitúe unha ferramenta de alto nivel estratéxico neste ámbito.

O Plan Director de Banda Larga cubrirá as carencias para acceder a internet que rexistra o territorio galego e que o Mapa de Telecomunicacións de Galicia pon de manifesto

O Plan Director de Banda Larga cubrirá as carencias para acceder a internet que rexistra o territorio galego e que o Mapa de Telecomunicacións de Galicia pon de manifesto

A Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica segue a preparar o Plan Director de Banda Larga de Galicia que comezará a executar a principios de ano, e co que prevé dar solución ás dificultades que existen na xeografía galega para acceder a internet, e que o Mapa de Infraestruturas de Telecomunicacións pon de manifesto.

Os maiores de Vigo poden disfrutar dende hoxe dunha viaxe pola Galicia virtual a través da exposición itinerante Galiciadixital

Os maiores de Vigo poden disfrutar dende hoxe dunha viaxe pola Galicia virtual a través da exposición itinerante Galiciadixital

Os vigueses poden disfrutar a partir de hoxe e ata o 15 de decembro dos últimos avances tecnolóxicos que ofrece a mostra itinerante Galiciadixital, organizada pola Secretaría Xeral de Medios en colaboración coa de Familia e Benestar. O secretario xeral de Medios, Alfonso Cabaleiro, e a delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Lucía Molares, inauguraron hoxe  a mostra no Centro Sociocomunitario do Calvario de Vigo que poderá visitarse gratuítamente de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas, excepto o domingo 13 que permanecerá pechada.

A Xunta adhírese ao proceso para aumentar a efectividade na aplicación das novas tecnoloxías ao ámbito xudicial

A Xunta adhírese ao proceso para aumentar a efectividade na aplicación das novas tecnoloxías ao ámbito xudicial

A secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, Mar Pereira, subscribiu hoxe en Madrid a adhesión de Galicia ao Convenio do “Esquema Xudicial de Interoperabilidade e Seguridade no ámbito da Administración da Xustiza (EJIS)”. Este acordo ten o seu punto de partida no mes de setembro, cando foi asinado polo presidente do CGPJ e do Tribunal Supremo, Carlos Dívar, o ministro de Justicia, Francisco Caamaño, e o Fiscal General del Estado, Cándido Conde-Pumpido.

A Secretaría Xeral de Medios presenta un titorial sobre formación en liña e a distancia que permitirá coñecer aos usuarios dos Telecentros de Comunicación os recursos existentes neste eido

A Secretaría Xeral de Medios presenta un titorial sobre formación en liña e a distancia que permitirá coñecer aos usuarios dos Telecentros de Comunicación os recursos existentes neste eido

A xefa de Servizo de Programación Multimedia da Secretaría Xeral de Medios, Felicitas Rodríguez, e a directora do grupo de Investigación en Tecnoloxía Educativa da USC, Beatriz Cebreiro, presentaron hoxe o titorial “Formación en liña e a distancia” co obxectivo de amosar aos usuarios dos telecentros de comunicación as ferramentas e recursos existentes neste eido. O titorial foi presentado no Centro Multimedia de Galicia de Santiago de Compostela e puido seguirse a través de videoconferencia nos telecentros de comunicación de Guitiriz, Oroso, O Barco de Valdeorras, O Carballiño e Tui.

A Xunta busca co Plan de Sistemas TIC para a Administración de Xustiza unha atención ao cidadán máis rápida, fiable e accesible

A Xunta busca co Plan de Sistemas TIC para a Administración de Xustiza unha atención ao cidadán máis rápida, fiable e accesible

A secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Mar Pereira, explicou hoxe en Madrid que o Goberno galego busca, co Plan de Sistemas de Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) para a Administración de Xustiza en Galicia, ofrecer ao cidadán unha atención máis rápida, fiable e accesible.

O Centro Multimedia de Galicia fará realidade a comunicación dos nenos galegos con Papá Noel a través dunha videoconferencia con Laponia

O Centro Multimedia de Galicia fará realidade a comunicación dos nenos galegos con Papá Noel a través dunha videoconferencia con Laponia

Os nenos galegos poderán falar con Papá Noel a través de videoconferencia grazas a unha iniciativa do Centro Multimedia de Galicia, que aproveita estas datas para poñer ao servizo dos máis pequenos os telecentros de comunicación (TC) que ten distribuídos por toda a xeografía galega.

Os galegos utilizan cada vez máis internet para pedir cita co seu médico de atención primaria

Os galegos utilizan cada vez máis internet para pedir cita co seu médico de atención primaria

Un total de 1.573.421 citas médicas foron tramitadas a través da páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es) durante os once primeiros meses deste ano (xaneiro a novembro incluídos).

A EGAP analiza os retos e oportunidades da internet e os servizos en nube para as empresas e administracións

A EGAP analiza os retos e oportunidades da internet e os servizos en nube para as empresas e administracións

A Escola Galega de Administración Pública (EGAP) celebrará unha xornada o vindeiro luns na que se analizarán os retos e as oportunidades que ofrece Internet e os servizos “en nube” ás empresas e administracións. A xornada, absolutamente pioneira en España, está dirixida ao persoal da Xunta de Galicia e interesados en xeral.