Estratexia Galicia Dixital 2030

Estratexia Galicia Dixital 2030

Configurando o futuro dixital

A Estratexia Galicia Dixital 2030 é unha estratexia deseñada polo Goberno galego para Galicia como un marco dixital común que facilite a actuación das tres administracións nun mesmo territorio de maneira complementaria, buscando as sinerxías e a suma de esforzos para consolidar a transición dixital da Comunidade.   

Unha estratexia para Galicia, aliñada coas prioridades no novo marco europeo, que busca situar a Comunidade como unha rexión de referencia en Europa, onde o uso das tecnoloxías dixitais contribúe a aumentar a calidade de vida e o desenvolvemento sostible nas súas tres vertentes: social, económica e medio ambiental. 

Para iso, tomando como base os logros acadados no ámbito dixital en Galicia nos últimos anos e o novo contexto social, económico e tecnolóxico, defínense os seguintes elementos que conforman os cimentos fundamentais da Estratexia:

  • 7 EIXOS ESTRATÉXICOS potenciarán solucións dixitais para contribuír a dar resposta aos novos retos sociais, económicos e ambientais da nova década. 
  • 1 EIXE ESTRATÉXICO TRANSVERSAL promoverá a especialización tecnolóxica centrándose en reforzar as capacidades e infraestruturas dixitais de Galicia en tecnoloxías disruptivas (Intelixencia Artificial, ciberseguridade, Intelixencia do dato e 5G) e en garantir o seu amplo uso na economía e a sociedade.
  • 20 PROGRAMAS operativizarán as distintas áreas de actuación para a consecución dos obxectivos establecidos en cada eixe estratéxico. Cada programa englobará múltiples iniciativas e/ou proxectos que constituirán o maior nivel de detalle e concreción, posto que se corresponden coas actuacións a executar para dar resposta ás áreas de actuación de cada eixe estratéxico

A EGD2030 conta cun investimento público de máis de 2.450M€, incluíndo os novos instrumentos de financiamento da Unión Europea (Next Generation EU e Marco Financeiro Plurianual 2021-2027), e prevé mobilizar máis de 1.600M€ de capital privado. Un total de máis de 4.000M€ que supón o maior investimento en materia dixital da historia de Galicia.

Estratexia Galicia Dixital 2030

Tríptico Estratexia Galicia Dixital 2030