Bonos dixitais para a conectividade de colectivos vulnerables
A Xunta de Galicia puxo en marcha en novembro de 2022 o Programa de emisión de bonos dixitais para colectivos vulnerables (Programa UNICO-Bono social) enmarcado no investimento C15.I3 de «Bonos dixitais para pemes e colectivos vulnerables» do Compoñente 15 do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia - Financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU e polo Ministerio para a Transformación Dixital e da Función Pública.
No marco deste programa, publicouse no DOG do 28 de xuño a terceira convocatoria de bonos dixitais para colectivos vulnerables para este ano 2024
As principais características deste programa son:
-
Orzamento: O programa conta cun orzamento total de máis de 1,37 millóns de euros, prevese conceder máis de 5.700 bonos.
-
Proceso de solicitude: os interesados poden acudir ao traballador social do seu concello e este axudaralles coa presentación da solicitude.
Estará dispoñible tamén a presentación por vía electrónica, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, ou presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos.
-
Destinatarios: as axudas están dirixidas a persoas que sexan beneficiarias de prestacións públicas da renda de inclusión social de Galicia (Risga) ou do ingreso mínimo vital (IMV) do Goberno de España ou cuxa renda anual sexa inferior ao 125% do IPREM en caso de non ter menores ou 175% en caso de telos.
-
Características do bono: os bonos enviaranse por correo postal aos beneficiarios, consistirán nun código alfanumérico que se deberá facilitar a un dos operadores colaboradores para a contratación ou mantemento da conexión á banda larga fixa cunha velocidade mínima de 30Mbps, cunha minoración de ata 20 euros na factura mensual durante un período de ata 12 meses cun máximo de 240 euros.
IMPORTANTE: nesta nova convocatoria será subvencionable o servizo xa instalado nos fogares, non só as novas contratacións
-
Operadores: os beneficiarios dos bonos poderán contratar o servizo a través dun operador de telecomunicacións que estea inscrito como entidade colabora. Así mesmo, os beneficiarios que xa conten co servicio contratado cun operador colaborador poderán solicitar que se lles aplique o desconto do bono.
Actualizaranse os operadores colaboradores na web da Amtega unha vez publicada a nova convocatoria.


