A Xunta preséntalle ao sector galego das TIC o Plan de acción para o desenvolvemento da sociedade da información no 2010 e anuncia a posta en marcha dunha liña de axudas por valor de 10 millóns de euros neste exercicio, orientadas a impulsar o desenvolvem

O Goberno galego presentoulle hoxe ás principais asociacións do sector das tecnoloxías e da comunicación en Galicia as liñas de actuación do Plan de acción para o desenvolvemento da sociedade da información no ano 2010, así como a liña de axudas para mellorar o grao de adopción e uso das tecnoloxías da información e a comunicación (TICs) nas empresas galegas, axudas dotadas neste exercicio con 10 millóns de euros. 

A exposición itinerante ‘Galiciadixital’ achega por primeira vez as novas tecnoloxías aos hospitais

A exposición itinerante ‘Galiciadixital’ achega por primeira vez as novas tecnoloxías aos hospitais

A mostra Galiciadixital comeza a súa andadura polos complexos hospitalarios galegos na súa primeira saída do ano. Así, o secretario xeral de Medios, Alfonso Cabaleiro, acompañado pola directora de Asistencia Sanitaria do Servizo Galego de Saúde, Nieves Domínguez, e pola concelleira de Servizos Xerais, Luisa María Zarzuela, inauguraron hoxe a mostra no Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo, onde poderá visitarse ata o vindeiro 17 de xaneiro.

O vindeiro luns comezará o acendido dixital nas áreas técnicas de Ourense-Leste, Santiago, Meda e Ares

O vindeiro luns comezará o acendido dixital nas áreas técnicas de Ourense-Leste, Santiago, Meda e Ares

O vindeiro luns, 18 de xaneiro, comezará a aplicarse en Galicia o apagón analóxico e o conseguinte acendido dixital das fases I (Ourense- Leste e Santiago) e II (Meda e Ares) que beneficiará, fundamentalmente, a concellos das provincias da Coruña e Ourense, aínda que tamén a algúns municipios das provincias de Lugo e Pontevedra.

O secretario xeral de Medios comparecerá a petición propia no Parlamento galego para explicar o proceso de acendido dixital que se inicia o vindeiro luns

O secretario xeral de Medios comparecerá a petición propia no Parlamento galego para explicar o proceso de acendido dixital que se inicia o vindeiro luns

O secretario xeral de Medios, Alfonso Cabaleiro Durán, solicitou a comparecencia urxente na Comisión 1ª Institucional, da Administración Xeral, Xustiza e Interior do Parlamento galego para informar sobre o proceso de apagado analóxico e acendido dixital que se inicia o vindeiro luns, 18 de xaneiro e que estará rematado o próximo 3 de abril.

O secretario xeral de Medios solicita esta comparecencia a petición propia unha vez que a Xunta de Galicia e o Goberno central teñen ultimado as datas do apagamento analóxico.

O Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia (OSIMGA) realiza unha enquisa para coñecer a situación da administración electrónica nos concellos galegos

O Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia (OSIMGA) realiza unha enquisa para coñecer a situación da administración electrónica nos concellos galegos

O Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia (OSIMGA), adscrito á Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, inicia a recollida de datos das novas enquisas sobre a administración electrónica nos concellos de Galicia correspondentes ao ano 2010. Este traballo de campo, será realizado en estreita colaboración coa Oficina Técnica eConcellos, dentro do marco estratéxico da Axenda Dixital 2014.gal.

Situación da eadministración a nivel municipal

A Xunta intensifica o servizo de atención telefónica sobre a TDT

A Xunta intensifica o servizo de atención telefónica sobre a TDT

A Xunta de Galicia intensifica o servizo de atención telefónica sobre a televisión dixital terrestre. O Goberno galego pon a disposición de todos os cidadáns un novo número de atención telefónica para informar sobre o proceso de implantación da TDT na nosa comunidade. Deste xeito, amplíase o servizo de información cidadá, a través do 012, para atender todas as consultas relativas ao proceso de apagado analóxico e acendido dixital. Esta liña telefónica conta coa capacidade suficiente para atender todas aquelas chamadas que se poidan rexistrar.

Apagados analóxicos que se van producir o mércores, día 20, e o xoves, día 21 de xaneiro

Apagados analóxicos que se van producir o mércores, día 20, e o xoves, día 21 de xaneiro

A Secretaría Xeral de Medios informa de que os apagados que trán lugar mañá, mércores día 20 de xaneiro, se producirán nos centros emisores de Arteixo, Carballo, Carral, Culleredo, Ponteceso, Traba-Laxe, Zas-Castro, Zas II, pertencentes á área técnica de Ares.

A Xunta adxudicou investimentos desde xullo por valor de 2 millóns de euros no marco de execución do Plan Tic de medidas urxentes na administración da xustiza, co obxectivo de ofrecer un servizo más áxil e eficaz aos cidadáns

A Xunta de Galicia investiu desde o pasado mes de xullo case 2 millóns de euros no Plan TIC de Medidas Urxentes na administración de xustiza, unha actuación coa que o Goberno galego da os primeiros pasos cara á modernización da xustiza en Galicia, co obxectivo de ofrecer un servizo máis áxil e eficaz aos cidadáns. O director xeral de Xustiza, Juán José Martín Álvarez, e a secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, Mar Pereira, fixeron esta mañá balance da primeira fase de aplicación do Plan (de xullo a decembro de 2009), seis meses no que se investiron 1.940.450 euros.

Tras os apagados analóxicos de seis municipios da Costa da Morte no día de hoxe, 135.000 galegos ven unicamente a TDT

Tras os apagados analóxicos de seis municipios da Costa da Morte no día de hoxe, 135.000 galegos ven unicamente a TDT

Esta mañá continuaron os apagados analóxicos das fases I e II correspondentes ao proceso de implantación da TDT na comunidade. Así, tras os apagados que se produciron no día de hoxe en seis concellos da Costa da Morte, 135.000 galegos de 31 municipios xa reciben unicamente a TDT. Na xornada de hoxe tamén se constatou unha considerable diminución no número de chamadas dos cidadáns recibidas nos números de información 012 e 981 572 154, demandando información, fundamentalmente, sobre a sintonización dos equipos.