A Xunta crea o Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia (Osimga)

A Xunta crea o Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia (Osimga)

O Consello da Xunta aprobou onte o decreto polo que se crea e regula o Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia como órgano encargado de avaliar a incorporación das novas tecnoloxías á sociedade e o desenvolvemento da Administración electrónica. Esta nova entidade é o resultado da integración do Observatorio Galego da Sociedade da Información co Observatorio da Calidade e da eAdministración de Galicia, que atendían ámbitos cada vez máis próximos, facendo necesaria unha actuación máis eficiente que evitase a superposición de ambas as actuacións.

Máis de 7000 persoas foron atendidas nos teléfonos de información sobre a TDT da Xunta desde mediados de xaneiro

Máis de 7000 persoas foron atendidas nos teléfonos de información sobre a TDT da Xunta desde mediados de xaneiro

Desde o inicio dos apagados dixitais o pasado 18 de xaneiro e ata o día 4 de febreiro máis de 7000 persoas foron atendidas nos teléfonos de información sobre a TDT postos a disposición dos cidadáns pola Xunta de Galicia. A media de chamadas diarias situouse entre as 250 e as 300 superando as 500 nalgunhas das xornadas dos apagados.

Benestar da un novo pulo á web de escolas infantís, que rexistrou nos últimos catro meses preto de 75.000 visitas

Benestar da un novo pulo á web de escolas infantís, que rexistrou nos últimos catro meses preto de 75.000 visitas

A páxina web de escolas infantís. www.escolasinfantís.net, á que a Xunta está a darlle un pulo, rexistrou nos últimos catro meses, entre setembro de 2009 e finais de xaneiro de 2010, preto de 75.000 visitas de usuarios diferentes. A media de visitas á páxina foi de 700 ao día.

A páxina ofrece unha información variada e actual da rede de escolas infantís da Administración autonómica.

A mocidade debaterá sobre o uso das redes sociais na primeira edición do Parlamento Xove

A mocidade debaterá sobre o uso das redes sociais na primeira edición do Parlamento Xove

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado está organizar entre os estudantes de ESO e Bacharelato a primeira edición do Parlamento Xove, unha iniciativa que pretende potenciar o diálogo como ferramenta de ideas propias entre a mocidade galega.

Parlamento Xove é unha competición entre centros de ensino da comunidade autónoma na que os participantes deberán integrarse en diversos equipos para investigar, escribir e debater sobre o tema proposto pola organización, que será se o uso das redes sociais separa ou une á mocidade.

Turismo lanza un boletín informativo electrónico con noticias de interese para o sector

Turismo lanza un boletín informativo electrónico con noticias de interese para o sector

A Consellería de Cultura e Turismo acaba de poñer en marcha, a través da Secretaría Xeral para o Turismo, o lanzamento dun boletín informativo electrónico dirixido ao sector turístico. A newsletter, que será actualizada de maneira regular e enviada a todas as asociacións e entidades do sector que así o requiran, incluirá información práctica sobre os proxectos, campañas, ordes de axudas e demais actividades de interese realizados pola Consellería de Cultura e Turismo a través da Secretaria Xeral para o Turismo.

Tecnópole contará cun centro de investigación en novas tecnoloxías cirúrxicas minimamente invasivas

Tecnópole contará cun centro de investigación en novas tecnoloxías cirúrxicas minimamente invasivas

O director xeral de I+D+I, Ricardo Capilla, presentou esta mañá o proxecto TECMEVA (Tecnoloxías Médicas de Vangarda), que suporá a posta en marcha durante este ano 2010 dun Centro de Investigación en Novas Tecnoloxías Cirúrxicas Minimamente Invasivas na Tecnópole. Capilla, tamén vicepresidente do Parque Tecnolóxico de Galicia, asegurou que a nova instalación científico-tecnolóxica que se ubicará no edificio Tecnópole I, no concello ourensán de San Cibrao das Viñas, é “punteira na súa especialidade en Galicia”.

O Hospital Abente y Lago da Coruña ofrece dende hoxe un percorrido virtual por Galicia a través da exposición Galiciadixital

O Hospital Abente y Lago da Coruña ofrece dende hoxe un percorrido virtual por Galicia a través da exposición Galiciadixital

A mostra itinerante da Secretaría Xeral de Medios, Galiciadixital, continúa coa súa andadura polos complexos hospitalarios galegos e poderá visitarse dende hoxe e ata o vindeiro domingo 14 de febreiro no Hospital Abente y Lago da Coruña.

O Centro Multimedia de Galicia acollerá mañá un curso para instaladores da TDT vía satélite

O Centro Multimedia de Galicia acollerá mañá un curso para instaladores da TDT vía satélite

O Centro Multimedia de Galicia (CMG), dependente da Secretaría Xeral de Medios, acollerá mañá, venres 12 de febreiro, un curso para instaladores da Televisión Dixital Terrestre vía satélite (SAT-TDT). Esta xornada poderá ser seguida a través de videoconferencia nos Telecentros de Comunicación (TC) de Lugo, Allariz, A Coruña, situado na Biblioteca Pública Miguel González Garcés (BPMGG), e no da Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Telecomunicacións (ETSET) de Vigo.

A conselleira de Facenda e a secretaria xeral de Innovación recolleron sendos galardóns no decurso da II Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia

A conselleira de Facenda e a secretaria xeral de Innovación recolleron sendos galardóns no decurso da II Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia

A conselleira de Facenda, Marta Fernández Currás,  e a secretaria xeral de Innovación Tecnolóxica, Mar Pereira,asistirón á II Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia. No decurso do acto, Marta Fernández recolleu o premio ao Proxecto Innovador polo Sistema Electrónico de Facturación, mentres que Mar Pereira foi a encargada de recoller o premio á Iniciativa da Administración que o Colexio de Enxeñeiros en Informática lle concedeu este ano a 2014.gal Axenda Dixital de Galicia, a estratexia tecnolóxica global da Xunta de Galicia.

Tres proxectos de Galicia concorrerán ao II concurso nacional 'Mayores con Iniciativa'

Tres proxectos de Galicia concorrerán ao II concurso nacional 'Mayores con Iniciativa'

Un proxecto que pretende recompilar e transmitir os beneficios das tradicionais herbas medicinais, un testemuño audiovisual de mulleres que narran lembranzas da súa vida desde una perspectiva de xénero, e un blog que recolle a historia dunha comarca a través das experiencias dos seus habitantes, son as tres iniciativas que gañaron o II Concurso ‘Mayores cON Iniciativa’ Galicia 2009.