Preto do 80% dos concellos galegos permite iniciar trámites de xeito electrónico
Preto do 80% dos concellos galegos permite iniciar trámites de xeito electrónico
O 77,2% dos concellos galegos permite iniciar a tramitación telemática dos procedementos e en preto dun 6% os trámites poden realizarse totalmente de xeito electrónico. O 32,7% dos concellos da Comunidade que dispoñen de sitio web conta con sede electrónica, valor que chega ao 60% para os de máis de 50.000 habitantes.
Son datos do informe sobre a implantación da eAdministración nos concellos, elaborado polo Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia (OSIMGA), adscrito á Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.