O programa de Voluntariado Dixital da Xunta pon en marcha o seu plan de formación 2014 “Innovación e Transformación Dixital 2.0”
Desenvolverase do 19 de xuño ao 11 de xullo, é de balde e consta de catro módulos que se poderán cursar de maneira independente.
O primeiro módulo estará centrado nas ferramentas 2.0 orientadas á procura de emprego dende a perspectiva do demandante e do recrutador.
A inscricións realizaranse a través da web www.voluntariadogalego.org
O Programa de Voluntariado Dixital da Xunta, impulsado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, pon en marcha o seu Plan de Formación 2014: “Innovación e transformación dixital 2.0” que se desenvolverá entre o 19 e xuño e o 11 de xullo.
O obxectivo deste o plan formativo é ofrecer capacitación aos voluntarios e persoal técnico das entidades de acción voluntaria adheridas ao Programa Voluntariado Dixital, aínda que está aberto a calquera persoa ou organización interesada nesta materia.
O programa estrutúrase en 4 módulos de 8 horas de duración cada un, que poden ser cursados de maneira independente:
Módulo I: “Inserción laboral e recrutamento 2.0” (19 e 20 de xuño)
Módulo II: “Estratexias de comunicación 2.0” (26 e 27 de xuño)
Módulo III: “Innovación social. Experiencias prácticas” (3 e 4 de xullo)
Módulo IV: “Coaching para a transformación social” (10 e 11 de xullo)
As persoas interesadas deberán inscribirse en aqueles módulos nos que desexen participar, cumprimentando os correspondentes formularios de inscrición a través da seguinte ligazón da web de voluntariado galego: http://www.voluntariadogalego.org/web/modulo.php?mod=cur, e recibirán un certificado de asistencia onde se especificarán os módulos aos que asistiran.
“Inserción laboral e recrutamento 2.0”
No primeiro módulo do curso, que se desenvolverá o xoves 19 e o venres 20 de xuño noCentro de Novas Tecnoloxías (CNTG) de Santiago de Compostela, presentaranse distintas ferramentas e boas prácticas para construír unha boa imaxe dixital, fortalecer a rede de contactos de cara á procura de emprego e proporcionarase a visión da empresa á hora de seleccionar o candidato máis adecuado para cada posto de traballo.
Durante as dúas xornadas amosarase como, ante o antigo modelo de Currículum 1.0 en papel entregado en man, as ferramentas 2.0 - baseadas na interacción e a participación través de Redes Sociais- transformaron tanto a maneira en que os demandantes de emprego dan a coñecer as súas capacidades e habilidades, como os aspectos que os recrutadores valoran na selección do candidato que mellor se adapta ao perfil que buscan.
Relatores
O 19 de xuño a xornada contará coa intervención do orientador laboral, Xosé Alberte Cea Rodríguez, e exporanse dúas experiencias de recrutamento no sector TIC galego da man da empresas Balidea e A Navalla Suíza.
O día 20 interviráRoberto Pérez Marijuán, consultor e formador especializado en neuromárketing e novas tecnoloxías para a xestión empresarial, que foi responsable comercial en CAMPOFRÍO e director comercial en VISUAL PUBLINET. Ademais, exporase a experiencia de Infojobs como plataforma dixitais de busca de emprego.
Asistencia ao curso
O curso é gratuíto e poderase participar en modalidade presencial no Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia ou ben a través de videoconferencia nas aulas CeMIT de Padrón, Sada, Ortigueira e Fisterra, na provincia da Coruña; Barreiros e O Vicedo na provincia de Lugo; Ourense, Verín, Leiro e Celanova na provincia de Ourense; Pontevedra, Valga, A Cañiza e Poio na provincia de Pontevedra.
Programa de Voluntariado Dixital
O Programa de Voluntariado Dixital foi posto en marcha en febreiro de 2011 pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado co obxectivo de achegar as novas tecnoloxías a un maior porcentaxe da poboación, favorecendo a inclusión dixital de toda la cidadanía, especialmente entre os colectivos de persoas maiores e de persoas con discapacidade.
Esta iniciativa suma a solidariedade individual, 340 voluntarios, xunto coa participación de 78 entidades de acción social. As actividades do programa beneficiaron no 2013 a 4.300 persoas e a Comisión Europea seleccionou esta iniciativa programa para ser analizada nun Peer Review a nivel europeo como boa práctica en materia de inclusión dixital.