Máis de 50 profesionais da Federación Down Galicia recibirán formación en follas de cálculo a través do Programa de Voluntariado Dixital
Máis de 50 profesionais da Federación Down Galicia recibirán formación en follas de cálculo a través do Programa de Voluntariado Dixital
A Federación Down Galicia, en colaboración co Programa de Voluntariado Dixital da Xunta (Voldix), promovido pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e a Dirección Xeral de Voluntariado, organizan unhas xornadas formativas sobre manexo básico en ferramentas ofimáticas de follas de cálculo para impartir entre os traballadores e traballadoras das súas entidades membro.