As “estratexias de comunicación 2.0” centran o segundo módulo do Plan formativo de voluntariado dixital 2014
Son dúas xornadas que se celebran o 26 e o 27 de xuño.
A participación é de balde e as inscricións realízanse a través da web www.voluntariadogalego.org
Poderá seguirse a través do Twitter co hashtag #innovacionDIX e por videoconferencia nas aulas CeMIT.
O Plan de Formación 2014 do Programa de Voluntariado Dixital da Xunta celebra os días 26 e 27 o seu segundo módulo, centrado nas “Estratexias de Comunicación 2.0”. no que se darán as claves para implantar unha estratexia dixital que capaz de posicionar un pequeno negocio ou a firma persoal ao lado das grandes marcas.
As xornadas son gratuítas e pódese participar en modalidade presencial no Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG) en Santiago de Compostela ou ben a través de videoconferencia nas aulas CeMIT de A Coruña- Centro Cívico de Eirís, Sada , Ortigueira, Fisterra, Barreiros, O Vicedo, Ourense, Verín, Leiro, Celanova, Pontevedra, Valga e A Cañiza.
Ademais, poderá seguirse a través do Twitter co hashtag #innovacionDIX. Os interesados en participar poderán formalizar a súa inscrición a través da seguinte ligazón da web de voluntariado galego: http://www.voluntariadogalego.org/web/modulo.php?mod=cur.
Relatores
Na xornada do día 26 de xuño, José Alcañiz, xerente da central de reservas online Buscadestinos.com, amosará aos asistentes como poden converter as visitas ao seu sitio web en vendas, cales son as ferramentas das que dispoñen e que métricas e analíticas deben empregarse para optimizar a súa campaña de marketing dixital. José Alcañiz, ademais de empresario de éxito, e un profesional das movas tecnoloxías e marketing en Internet, con ampla experiencia na xestión de proxectos de distintos sectores (turismo, servizos, industria...) e profesor da Escola de Negocios Novacaixagalicia nas áreas de Marketing, Publicidade Dixital e SocialMedia.
O día 27 Víctor Gómez Romero, responsable de Restauraaccion.com, achegará aos participantes á realidade da comunicación 2.0 e do marketing de contidos. Víctor Gómez é consultor en xestión empresarial, calidade, procesos, innovación, tecnoloxía e persoas, profesor da Universidade de Vigo e desenvolve proxectos de consultoría e marketing dixital centrados fundamentalmente en restauración, aplicando a innovación ao marketing para restaurantes.
O Plan de Formación VolDIX 2014
Como cada ano, o Programa de Voluntariado Dixital da Xunta, impulsado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, pon en marcha o seu Plan de Formación que se desenvolve desde o pasado 19 e xuño e ata o 11 de xullo. Este ano, co título “Innovación e transformación dixital 2.0”, ten como obxectivo desenvolver as capacidades das persoas e as organizacións como axentes impulsores da innovación social a través das novas tecnoloxías.
O programa estrutúrase en 4 módulos de 8 horas de duración cada un, que poden ser cursados de maneira independente:
Módulo I: “Inserción laboral e recrutamento 2.0” (19 e 20 de xuño)
Módulo II: “Estratexias de comunicación 2.0” (26 e 27 de xuño)
Módulo III: “Innovación social. Experiencias prácticas” (3 e 4 de xullo)
Módulo IV: “Coaching para a transformación social” (10 e 11 de xullo)
O programa completo pódese ver a través da ligazón:https://voluntariadodixital.xunta.es/sites/default/files/pdf-inline/PDF/recursos/PROGRAMA%20FORMACION_VOLDIX_2014_0.pdf
Programa de Voluntariado Dixital
O Programa de Voluntariado Dixital foi posto en marcha en febreiro de 2011 pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado co obxectivo de achegar as novas tecnoloxías a un maior porcentaxe da poboación, favorecendo a inclusión dixital de toda la cidadanía, especialmente entre os colectivos de persoas maiores e de persoas con discapacidade.
Esta iniciativa suma a solidariedade individual, 340 voluntarios, xunto coa participación de 78 entidades de acción social. As actividades do programa beneficiaron no 2013 a 4.300 persoas e a Comisión Europea seleccionou esta iniciativa programa para ser analizada nun Peer Review a nivel europeo como boa práctica en materia de inclusión dixital.