A Xunta destaca a importancia das medidas de protección e seguridade na Administración electrónica xudicial
A Xunta destaca a importancia das medidas de protección e seguridade na Administración electrónica xudicial
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou hoxe a importancia das medidas de protección e seguridade na Administración electrónica xudicial para garantir a identificación e autenticación dos usuarios e dos documentos.
Rueda inaugurou hoxe na Cidade da Cultura a cuarta edición das Xornadas de Informática Xudicial, organizadas polo Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia (CPETIG), en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).