O CPEIG e Amtega convocan a expertos internacionais no seminario sobre a Axenda Dixital Europea e as Redes Transeuropeas
O CPEIG e Amtega convocan a expertos internacionais no seminario sobre a Axenda Dixital Europea e as Redes Transeuropeas
O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) organiza, en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), o seminario Axenda Dixital Europea e Redes Transeuropeas que, desde unha perspectiva da UE, española e autonómica, proporcionará unha visión xeral das políticas dixitais a eses tres niveis, ilustradas mediante a presentación das axendas dixitais da UE, de España e a relación existente entre elas.